China e o mundo chinés
|
||
Entre chinos Por Xulio Ríos (A Nosa Terra, 05/05/2005) |
||
En segundo lugar, a neutralización de Chen Shuibian, o actual presidente de Taiwán, chega da man desa visita histórica que iniciou o presidente do Kuomintang (KMT) e rival nas polémicas eleccións presidenciais de 2004, Lien Chan. A visita de quen fora vicepresidente con Lee Tenghui, é seguida doutra de James Soong, líder do Partido o Pobo Primeiro (PPP), escisión do KMT, pero tamén partidario do diálogo que conduza a unha hipotética unificación co continente. Entre estas dúas forzas, KMT e PPP, a maioría do Parlamento ou Iuan lexislativo está en mans da oposición e polo tanto, poden impedir que o programa de signo soberanista de Chen se aplique segundo o previsto: inicio da reforma constitucional en maio que alente expresións formais dunha independencia mais acentuada aínda que non declarada. Esta evolución dos feitos é a probable antesala dunha nova etapa nas relacións entre China e Taiwán, presidida nos últimos anos polo dominio político do PDP na illa, un período de tensión que arranca esencialmente algo antes, canda a vitoria presidencial de Lee Tenghui en 1996, e agravado polas torpezas de China, cunha dirixencia política insegura e temerosa da política taiwanesa, que a levou a privilexiar a militarización do problema, reforzando así a quen pretendía illar. As pontes tendidas cara a oposición, as innumerables redes creadas co mundo empresarial taiwanés, por milleiros residentes no continente e, o máis difícil, a neutralidade das grandes potencias influentes no contencioso (Xapón e, sobre todo, EEUU), son bases moi poderosas para que o diálogo flúa con naturalidade e unha linguaxe común poida afianzarse en pouco tempo. Pero son moitos os que contemplan con malos ollos e maiores reservas a posibilidade dunha Gran China que controle un estreito tan decisivo para a economía mundial como é o de Taiwán. Jiang Zemin, con ocasión do cincuenta aniversario da proclamación da China Popular, situaba o limite da unificación de toda China no final do século XXI. É tempo dabondo e de máis para que se produza. Antes, mentres poida, haberá quen intente fixar condicións para que a súa realización sexa aceptable. Ou non será. E por iso sobrarán riscos aínda. |
||
|
||
|
||
ÚLTIMA REVISIÓN: 16/05/2005 |