China e o mundo chinésVolver a TitularesVolver a China e o mundo chinés
Crise en Taiwán
Por Xulio Ríos (AGN, 26/06/2006)
 
 

  Cumio Organización de Cooperación de Shanghai 2006, clic para aumentar
Nos últimos anos, Taiwán vive dividido entre verdes (PDP e UST) e azuis (KMT, PPP e PN). No lexislativo, as súas señorías chegan ás mans. Nun recente debate sobre a proposta do KMT de normalizar os transportes con China continental, unha deputada afín ao goberno non dubidou en comerse o discurso dun deputado para evitar que lese a proposta, mentres pancartas, zapatos e algún que outro sopapo alegraba a sosegada vida parlamentaria taiwanesa. Para que logo digan que se toman a broma o seu traballo... (Foto: Os líderes do KMT, Ma Ying-jeou, á esquerda, e do PPP, James Soong, durante unha protesta en Changhua o 18 de xuño de 2006).
 
A incerteza preside a vida política taiwanesa dende que en maio xurdiron as primeiras denuncias de corrupción contra o entorno presidencial. A día de hoxe, as probabilidades de que Chen Shui-bian resista ata 2008, cando remata formalmente este seu segundo e derradeiro mandato, non son moitas. Primeiro foron as denuncias contra a súa muller, involucrada en operacións en bolsa cualificadas de irregulares; despois o seu xenro e familia, beneficiados con millóns de dólares en transaccións fraudulentas que o levaron directamente ao cárcere en espera de xuízo. Chen alega inocencia persoal, pero a oposición esíxelle que asuma a responsabilidade política derivada da proximidade familiar dos protagonistas dos escándalos.

A oposición, que lidera o Kuomintang (KMT), presentou unha moción de censura a sabendas de que non pode prosperar. As forzas da oposición son maioritarias no Parlamento (111), pero insuficientes para que trunfe a moción (147). Arredor dun millón de firmas foron recollidas esixindo a dimisión inmediata de Chen. Este respondeu dirixíndose á cidadanía para exaltar os logros do seu mandato. O desprezo á oposición exacerba os ánimos.

Nos últimos anos, Taiwán vive dividido entre verdes (PDP e UST) e azuis (KMT, PPP e PN). No lexislativo, as súas señorías chegan ás mans. Nun recente debate sobre a proposta do KMT de normalizar os transportes con China continental, unha deputada afín ao goberno non dubidou en comerse o discurso dun deputado para evitar que lese a proposta, mentres pancartas, zapatos e algún que outro sopapo alegraba a sosegada vida parlamentaria taiwanesa. Para que logo digan que se toman a broma o seu traballo...

Chen resistirá, probablemente, ata finais de ano. En decembro celébranse eleccións municipais aos concellos de Taipei e Kaoshiung. En Taipei goberna o KMT e en Kaoshiung o PDP. Unha derrota do PDP pode reforzar as voces críticas internas que non están dispostas a sacrificar o partido á defensa numantina de Chen. Annette Lu, a vicepresidenta, tería pouco máis dun ano para intentar recuperar a credibilidade do PDP. Sería mais razoable, tendo en conta ademais que o gran obxectivo político de Chen neste mandato era dotar a Taiwán dunha nova Constitución. Estaba difícil, pero agora si que xa non vai poder ser.

 
 

Xulio Ríos,
director do Igadi.

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a China e o mundo chinés



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 25/06/2006
Fernando Pol


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

 

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta