China e o mundo chinés
|
||||
Shanghai Por Xulio Ríos (AGN, 19/06/2006) |
||||
China, o país máis comprometido coa organización –o seu secretariado está en Pequín–, concedeu unha enorme importancia a este evento. Durante cinco días, os escolares e os funcionarios de Shanghai gozaron de permisos especiais co obxecto de facilitar a circulación e a seguridade na cidade, e todos os noticiarios converteron a reunión en asunto de portada e motivo de ampla análise. Os aspectos que máis destacan da axenda da OCS son dous. En primeiro lugar, os obxectivos económicos, moi especialmente no enerxético, propiciando a construción das redes de petróleo e gas que favorezan a integración e garantan o subministro que China precisa para nutrir o seu vertixinoso desenvolvemento. En segundo lugar, os obxectivos políticos, centrados, sobre todo, nunha intervención máis activa no contencioso nuclear iraniano e, de maior significado estratéxico aínda, a eliminación da presencia militar estadounidense na rexión. Seguridade e redes enerxéticas son, pois, as dúas caras da mesma moeda e aseguran á OCS, pola entidade dos dous eixes, un papel de primeira orde no sistema internacional do século XXI. Despois deste cumio de Shanghai, cabe agardar que a influencia desta organización medre en toda Asia e afirme o novo papel de China no mundo non só a nivel económico. Chegou o momento de iniciar o traslado da súa forza económica ao ámbito da política e das relacións internacionais. A OCS vai ser un instrumento privilexiado desa proxección. A incomodidade de Rusia con Occidente e, especialmente, con EEUU, que pousa con firmeza os tentáculos nas súas fronteiras europeas e caucásicas, anima a Moscova a facer pinza con Pequín para impedir o avance da influencia estadounidense no espacio post-soviético. |
||||
|
||||
|
||||
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 19/06/2006 |
||||
|