China e o mundo chinés![]() ![]() |
||||||||
Balbuceos democráticos en China Por Xulio Ríos (AGN, 04/03/2008) |
||||||||
Nos últimos tempos, as autoridades chinesas veñen promovendo certas reformas políticas. Atrás queda a experiencia das eleccións de comités de aldeáns. Agora quere usarse Internet como un medio de participación, cooptar independentes para ámbitos de xestión e decisión, mellorar a representatividade de determinados órganos ou fortalecer o servizo público. Estes tanteos non teñen un perfil de todo definido –como tampouco o tiña a reforma cando se iniciou a finais dos anos setenta do século pasado–, aínda que persegue abertamente o fortalecemento do papel do PCCh e a creación de mecanismos que alivien as fondas tensións sociais. Poderíamos cualificar estes balbuceos como estratexias orientadas a crear aparencias de democracia. Non obstante, se os chineses foron suficientemente intelixentes no seu día para avanzar reformas no seu modelo –cando case ninguén dubidaba da fortaleza do socialismo soviético–, a xulgar polos documentos e informes que barallan os seus think tank, a conciencia de que o inmobilismo pode levar a un bloqueo político, indicaría máis ben que, prudentemente, elixen unha senda inevitable. O obxectivo apunta a 2020, xustamente na etapa final do mandato das figuras que se promoverán esta semana, uns descoñecidos hoxe pero que levarán nos seus ombreiros unha pesada responsabilidade. |
||||||||
|
||||||||
![]() ![]() |
||||||||
![]() Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 02/03/2008 |
||||||||
|