China e o mundo chinésVolver a TitularesVolver a China e o mundo chinés
A faísca uigur
Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 07/07/2009)

Versión para imprimir

 

China tende a observar os seus problemas nacionais cunha dobre actitude: incomprensión absoluta coas protestas dado que as nacionalidades minoritarias gozan de maiores dereitos que a maioría han; denuncia da implicación de forzas externas co obxectivo de alterar a estabilidade e danar a convivencia. Moi extraordinariamente pasa polo seu maxín que o problema central que está na orixe de feitos como este, mais alá das circunstancias concretas do caso, radique na propia concepción do Estado e das políticas autonómicas promovidas nos últimos anos onde prima cada vez máis a dimensión antropolóxica, pseudorrelixiosa, etc., calquera menos a propiamente política, confiando en que a mestura de paternalismo e desenvolvemento poida operar o milagre da aceptación do seu dominio.

A tensión que late no Xinjiang devén da inesgotable invasión demográfica da maioría han, da imposición dun modelo económico de corte neocolonial e da forte desconfianza interétnica, circunstancias que poden converter unha mínima faísca nun incendio pavoroso. Pequín, pese a dispoñer de ata cinco grandes rexións autónomas, non cre na autonomía real e todo son medos cara o autogoberno. O Xinjiang, coma o Tíbet,  é formalmente autónomo, pero todos saben que o poder real é exercido dende a organización territorial do PCCh, cun han á súa fronte. En tanto as nacionalidades minoritarias, moi especialmente aquelas –como a uigur- que se resisten á sinización, non dispoñan de mecanismos efectivos para desenvolver a súa identidade en condicións normais, este tipo de crises irá en aumento. Pensar que a modernización en curso pode moderar estas reivindicacións é unha ilusión que pode custarlle cara.

 

 
 

Xulio Ríos,
é director do IGADI

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a China e o mundo chinés



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 07/07/2009


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta