China e o mundo chinésVolver a TitularesVolver a China e o mundo chinés
Tiananmen
Xulio Ríos (Xornal de Galicia, 07/06/2009)

Versión para imprimir

 

Supoñen os sucesos do 4 de xunho de hai vinte anos un punto de inflexión na recente historia chinesa? Sen dubida, tanto empeño oficial en reducir a sua trascendencia indican unha significación fóra do común que deven tanto do propio feito da rebelión estudiantil, un colectivo de especial relevancia para o réxime, como do desafío lanzado a unhas autoridades sumidas nun inusual desconcerto. No imaxinario chinés, a historia ocupa un lugar de especial relevancia. Fronte á obsesión do pasado (Mao) por asegurar a toda costa a pervivencia do seu ideario e proxecto, todas as primeiras figuras, como na China milenaria,  preocúpanse de deixar a súa pegada con accións e conceptos no discurso político que lle garantan certo nivel de inmortalidade. Por outra banda, non se acostuma axustar contas cun pasado que se vai depositando a modo de capas sen aparente contradición, incorporando feitos que só cabe “comprender” no seu contexto a fin de amortecer as súas derivas, deixando pasar un tempo para analisar a súa significación desde a distancia e nunha perspectiva de maior alcance.

No seu día, a crise de Tiananmen significou un indicio claro da perda de confianza social no proxecto inspirado por Deng Xiaoping. Reformista, Deng deixou cair en desgraza aos seus colaboradores máis estreitos (Zhao Ziyang) para afirmar a súa idea de estabilidade valéndose dos conservadores (Li Peng), condición que debía preceder a un novo impulso reformista (1992). Ao igual que noutros episodios traumáticos da recente historia chinesa (Gran Salto Adiante, Revolución Cultural) é posible que exista unha lectura interna das responsabilidades parciais daqueles feitos, pero non se traducirá en feito público en tanto non se produza un cambio de réxime. O cal non quer dicir que non haberá empeño en reducir as consecuencias máis pronunciadas artellando medidas compensatorias que deixen entrever certa autocritica. Semellante modo de actuar exclúe per se toda admisión pública de responsabilidade.

 

 
 

Xulio Ríos,
director do IGADI

Xulio Ríos, clic para aumentar
 
Volver a TitularesVolver a China e o mundo chinés



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 10/06/2009


Subir

 

Subscríbete á lista de correo do Igadi e recibe notificación das novas
informacións, artigos, documentos, convenios, publicacións, etc, que ofrece
o Igadi na súa páxina web Igadi na Rede.


Para comprender o Mundo desde aquí ...
... para proxectar a Galicia no contexto internacional.

   

Apúntate en: http://www.elistas.net/lista/igadi/alta