China e o mundo chinés
|
||||||||
China: a cara B Xulio Ríos (AGN, 14/03/2010) |
||||||||
Remataron esta fin de semana as macrosesións parlamentarias chinesas. O principal pouso que deixan tras de si é a ampla preocupación polo desmedido aumento das desigualdades sociais. Un recente informe do Banco Mundial sinala que o coeficiente Gini, un importante medidor da disparidade de ingresos, na terceira economía do mundo elevouse a 0,47 en 2009, superando a "liña de seguridade" do 0,4, desvelando a existencia dunha profunda desigualdade na distribución de ingresos que podería dar a lugar a disturbios sociais. Hai tres décadas, a cifra oscilaba entre 0,21 e 0,27. Noutras palabras, o salario de todo un ano dun pequinés, por exemplo, dos máis altos na China, non da nin para pagar un metro cuadrado dunha vivenda. Outro informe oficial sinalaba que na capital chinesa é mais cara a guardería, moi escasas, ca universidade. Mentres, na listaxe de Forbes deste ano, figuran xa 27 novos ricos do xigante asiático, convertendo a China no país con maior número de millonarios (89) despois de EEUU.
|
||||||||
|
||||||||
|
||||||||
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 16/03/2010
|
||||||||
|