China e o mundo chinésVolver ó índice


Fatalidade e neglixencia
Por Xulio Ríos (Artigo publicado no diario La Voz de Galicia o 12/8/98)

O río Changjiang desborda ás propias autoridades chinesas. A perda de vidas humanas e os danos materiais son dunha envergadura enorme. A forza imparable das augas varre e anega todo o seu paso: diques, cidades enteiras, grandes superficies de terras fértiles. Domesticar esa forza incontrolada do Changjiang (Yangtsé) afirma ser un dos obxectivos do encoro das Tres Gargantas. Esta calamidade reforza os argumentos do goberno chinés que, urxido tamén pola necesidade de procurar novas fontes enerxéticas para desenvolver o centro do país, destinou unha cantidade inicial de case tres billóns de pesetas para culminar as obras a comezos do novo milenio. Pero mentres, moitas das infraestructuras hidráulicas existentes nas provincias atravesadas por este e outros ríos do país presentan un estado deplorable. Algunhas proceden dos anos cincuenta ou sesenta e sobrepasan con moito os límites racionais de seguridade. Segundo fontes oficiais, en 1996, un 36% dos oitenta mil encoros chineses necesitaban un reforzamento con urxencia, un tercio presentaban problemas serios de funcionamento e un 10% estaban ó borde do colapso. Esa mestura de fatalidade e neglixencia sempre pode causar efectos desastrosos.

Xulio Ríos é director do IGADI e autor de “A China por dentro” (Edicións Xerais).Volver ó índice


Volver ó principio


Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional

ÚLTIMA REVISIÓN: 21/11/98