RSS

Igadi na Rede

Volver
   

Que é

RSSUnha fonte/canle RSS é un sistema moi sinxelo polo que se pode obter directamente, no ordenador ou no navegador, as actualizacións dun web sen necesidade de visitalo continuamente ou agardar a recibir un boletín de novidades. Visualizaremos un resumo esquemático da información introducida recentemente: os últimos artigos de opinión, actividades, noticias, estudos, informes, etc publicados en igadi.org. A canle RSS actualízase automaticamente sen ter que facer nada, aforrándolle ao lector tempo na navegación, búsqueda e lectura da información do portal web.

Ademais o RSS está libre de SPAM porque non hai que aportar un correo electrónico, é gratuíto e é tan doado darse de baixa como eliminar a canle no noso lector RSS.

Polo xeral a imaxe que identifica a ligazón a unha fonte RSS é esta RSS IGADI.
Chegará con calcar nela e incorporarase automaticamente ao lector RSS do navegador que esteamos a usar. Senón, o RSS do IAGDI é http://www.igadi.org/rss/igadi_rss.xml, pegaremos este texto cando agregemos unha canle no noso lector.

Só necesitamos un lector RSS

  • O noso propio navegador:
    Hoxe en día calquera navegador web inclúe utilidades para engadir canles de noticias. Mediante "marcadores dinámicos" ou "fontes" o navegador encárgase de xestionar as nosas subscricións as distintas canles de feeds.
  • Instalado no noso equipo:
    Permite ler as noticias RSS directamente no escritorio e recolle as actualización a intervalos de tempo configurados polo usuario, amosando un aviso.
  • Online/Web:
    En certas web podemos darnos de alta e crear un perfil. Feito isto poderemos crear a canle RSS das webs nas que esteamos interesados.

Máis información

Para obter calquera tipo de puntualización de como agregar a canle RSS do IGADI, podes contactar connosco en web@igadi.org

 

 

   
   
Volver



Ir á páxina de inicio
Instituto Galego de Análise e
Documentación Internacional
www.igadi.org

ÚLTIMA REVISIÓN: 17/02/2010


Subir