|
Texturas Internacionais / Texturas |
Igadi na Rede |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| O Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional (IGADI) é unha entidade sen ánimo de lucro que nace en 1991 cun dobre propósito: reflexionar sobre os problemas e tendencias da sociedade internacional contemporánea e pular por unha maior inserción de Galicia no mundo a todos os niveis. Un presente, con pasado O IGADI reclámase continuador da tradición universalista do galeguismo. Por iso, reivindica o legado intelectual de Plácido Castro, quen simboliza a capacidade de asumir unha posición de xenerosa identificación co país, sen que iso vaia en detrimento dun compromiso coa sociedade global. Servizo Público O IGADI configúrase como unha instancia vocacionada para servir ao conxunto da sociedade galega, afirmando a súa plena autonomía con igual intensidade que desenvolve unha actividade plural e transpartidaria. As institucións e a sociedade en xeral teñen nel un instrumento colaborador das súas estratexias de acción exterior. Investigación A formulación e desenvolvemento de proxectos de investigación constitúe un activo esencial do IGADI. Con tres programas en activo (paradiplomacia, cooperación ao desenvolvemento e conflitos, seguridade, conflitos e alternativas no sistema internacional), o fomento da investigación permite elevar a calidade científica da actividade, dotármonos de profesionais experimentados e asentar un armazón teórico que afirme solidamente as nosas estratexias. Formación A promoción dos valores solidarios e universalistas na nosa sociedade compleméntase con propostas de formación orientadas a facilitar o acceso a un coñecemento integral do mundo en que vivimos, incidindo, baixo diferentes fórmulas, no fomento da suficiencia académica e investigadora. Documentación O Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea (CIDIC) é un valioso ben público que aspira a socializar os seus recursos especializados e material dispoñible facilitando a consulta dos potenciais usuarios: estudantes, persoal investigador e cidadanía en xeral. Facilitador de oportunidades O IGADI ambiciona ser un punto de encontro onde os interesados na información e na análise internacional dispoñan dos medios básicos para encarreirar as súas inquedanzas. Por iso brinda a estudantes e licenciados oportunidade de realización de prácticas regradas. Publicacións Tempo exterior é a revista semestral de análise e estudos internacionais do IGADI que, ademais, conta cunha colección, Texturas, onde teñen cabida ensaios de interese. Asi mesmo, publica o IGADI ANNUAL REPORT e o Informe Anual da Política Chinesa. Alianzas e redes O establecemento de sinerxías e a potenciación da converxencia con entidades que, dentro de Galicia ou fóra dela, comparten obxectivos semellantes, xustifican a formalización de alianzas e a integración en diferentes redes globais. |
|||||||||||||||||||||||
|
Texturas Internacionais, números publicados: |
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||
|
Atendendo a criterios de actualidade e rigor, “Texturas” pretende abrir un espacio de información para a reflexión sobre os principais conflictos e tendencias internacionais do noso tempo. Igualmente, “Texturas” forma parte dun ambicioso proxecto orientado para a sensibilización do conxunto da cidadanía galega sobre a transcendencia do factor exterior nas sociedades contemporáneas. O caderno monográfico TEXTURAS aborda temas internacionais de actualidade e/ou interese para Galicia. |
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||
|
Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional www.igadi.org ÚLTIMA REVISIÓN: 10/01/2011
|
|||||||||||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||||||||||