Despois de comentar o caso da Xunta de Andalucía, e a contextualización previa que fixemos, para continuar coa serie que iniciamos hai unhas semanas, hoxe é o turno do Goberno de Aragón. A actual comunidade autónoma caracterízase principalmente polo seu carácter fronteirizo e pola importancia que teñen os Pirineos na rexión hispano-francesa.
Xuridicamente, o Estatuto de Autonomía ademais de dotar á comunidade das competencias necesarias para poder executar determinadas actuacións, recolle tamén a especificidade da acción exterior mediante o capítulo IV do seu título VII, promovendo os seus intereses no estranxeiro e a súa colaboración con outras entidades relevantes. Paralelamente, e en apoio do establecido neste, existe a Lei 2/2009, do 11 de maio, do Presidente e do Goberno de Aragón, pola que se establecen moitas das bases de proxección internacional, como a Delegación da comunidade autónoma ante a Unión Europea (Art. 27); a Lei 5/2000, do 28 de novembro, das Relacións das Comunidades Aragonesas no exterior; e a Lei 10/2000, do 27 de decembro, de cooperación ao desenvolvemento, sendo Aragón unha das pioneiras na elaboración dunha lei autonómica deste calibre.
Ao mesmo tempo, cómpre destacar a importancia subxacente do Tratado de Baiona no referente ao marco de actuación das entidades fronteirizas. A cuestión é que este acordo, asinado en 1995 polo Reino de España e a República Francesa, permite que se realicen accións de cooperación transfronteiriza entre municipios franceses, españois e andorranos. Un feito que permitiu diversos acordos bilaterais entre Aragón e a rexión Midi-Pyrénées.
Todo isto está supervisado por organismos gobernamentais, fundamentalmente dende a Dirección Xeral de Relacións Institucionais, Acción Exterior e Transparencia, dentro da cal se atopa o Servizo de Acción Exterior do Goberno de Aragón, que se encarga de coordinar os distintos axentes que participan na acción exterior e na aplicación da normativa vixente. Así mesmo, o Decreto 56/2012, do 7 de marzo, crea unha Comisión Interdepartamental de Acción Exterior co obxectivo de incrementar esta cohesión operativa. Por outra banda, neste tecido organizativo tamén participan outros actores relevantes como universidades, ONGs ou empresas como AREX, que dunha ou outra forma buscan aumentar a proxección internacional do territorio nos seus ámbitos correspondentes.
En canto ás liñas de actuación, diferencianse principalmente catro: 1. A cooperación transfronteiriza, centrada sobre todo no eixo España-Andorra-Francia, coa Comunidade de Traballo dos Pirineos, cuxo obxectivo é o desenvolvemento da rexión pirenaica; 2. A Unión Europea, mediante a súa integración no Comité das Rexións, a súa delegación en Bruxelas e a participación en conferencias sectoriais como COTER ou ENVE; 3. A cooperación para o desenvolvemento, para a que conta cunha comisión autonómica e cun conglomerado de ONGs; 4. A migración, apostando pola protección das comunidades aragonesas no exterior e centrando os seus esforzos nos países que acollen un maior número de aragoneses, situándose no podio Francia e Arxentina. De igual forma, outros campos como o turismo ou a actividade económica, tamén levan a cabo una ardua labor de promocion exterior, aunque moitas veces non sexa de forma directa.
Sobre o terreo cómpre destacar, ademais das xa mencionadas, iniciativas como Europe Direct Aragón, que serve de canle de información entre a UE e a poboación aragonesa, ou a sinatura de convenios con outros países en materia de educación, medio ambiente, etc… véxase o Memorando de Acordo entre a Axencia Romanesa para a Garantía da Calidade na Educación Superior (ARACIS) e a Axencia de Calidade e Prospectiva Universitaria de Aragón (ACPUA).
Deste xeito, Aragón deseñou unha acción exterior centrada principalmente no macizo pirenaico, establecendo sólidas pontes con Francia e Andorra. Todo iso sen esquecer a defensa e promoción dos seus propios intereses e valores, a súa integración na UE e no tecido nacional e a protección dos seus cidadáns no exterior.
Porén, a pesares de que si ben é certo que a acción exterior de Aragón vaise extendendo por medio de iniciativas como as mencionadas, a realidade é que, tomando como punto de inflexión a aprobación da Ley de Accion Exterior do Estado en 2014, non vemos ningún cambio sustancial máis alá dun aumento nas capacidades do CTP, convertindose en Autoridade de Xestión do Programa Operativo de Cooperación Territorial España – Francia – Andorra (POCTEFA) 2021 – 2027, e a firma do Protocolo de Colaboración entre o Ministerio de Acción Exterior e Cooperación e o Goberno de Aragón.
Unha vez rematado o caso aragonés, no seguinte artigo seguiremos situados na franxa norte do país, pero esta vez focalizándonos no País Vasco, sen dúbida unha das situación más rechamantes do mosaico peninsular.
Para saber máis:
- González Vázquez E. (2024) La acción exterior de Aragón: Una mirada a las «relaciones internacionales» de las comunidades autónomas. Revista Aragonesa de Administración Pública, ISSN 1133-4797, Nº 61 61, 2024, págs. 196-243
- Fernánez Sola, N (2007) La acción exterior de la Comunidad Autónoma en el nuevo Estatuto de Autonomía de Aragón. Revista Electrónica de Estudios Internacionales