gaddafi e a sua garda especial

A “conversión” de Gaddafi

 Muammar al Gaddafi, clic para aumentar
A apertura libia ten un peso xeopolítico considerable para o presidente George W. Bush, pero os seus efectos non serán tan grandilocuentes como esperan en Washington. O fracaso do seu plan para o Gran Oriente Medio, concibido no 2003 para "expandir a democracia na rexión" , pouco despois da invasión militar a Iraq, supoñía para a administración estadounidense atopar un exemplo concreto que permitise persuadir ao mundo árabe e musulmán da necesidade de estreitar lazos con Occidente. (Foto: Gaddafi coas súa garda especial, descende dun avión durante unha xira africana).
 

En pleno desenvolvemento da crise nuclear iraniana, non resulta difícil interpretar por qué Washington decidiu retomar as relacións diplomáticas coa Libia de Muammar al Gaddafi. Nin tampouco cómo o antigo inimigo libio converteuse, de súpeto, nunha especie de aliado modélico para EEUU dentro do mundo árabe.

O cambio de actitude de Washington cara Trípoli, "premiada" agora coa reanudación de relacións diplomáticas, tiña visos de fait accompli. Desde 2003, un "redimido" Gaddafi acelerou unha serie de medidas para propiciar o reintegro do seu país na comunidade internacional, logo das sancións dictadas dende a ONU a partires de 1992, pola implicación libia nos atentados terroristas de Lockerbie en 1988.

A entrega dos responsables libios deste atentado terrorista, a renuncia de Gaddafi a desenvolver un programa de armas de destrución masiva, a constatación de que o réxime libio abandonaba os seus vínculos con organizacións terroristas (un feito evidente para Washington desde 1998) e a importancia enerxética do país magrebí, foron factores suficientes para que a Casa Branca lle expedise a Gaddafi un "certificado de boa conduta".

A apertura libia ten un peso xeopolítico considerable para o presidente George W. Bush, pero os seus efectos non serán tan importantes como esperan en Washington. O fracaso do seu plan para o Gran Oriente Medio, concibido no 2003 para "expandir a democracia na rexión" , pouco despois da invasión militar a Iraq, supoñía para a administración estadounidense atopar un exemplo concreto que permitira persuadir ao mundo árabe e musulmán da necesidade de estreitar lazos con Occidente.

No entanto, Bush non pode presumir de que o réxime de Gaddafi propiciase algún tipo de reforma democrática nun país cun sistema de líder e partido único, con sucesión familiar incluída. No exterior, Libia segue a ser un misterio e existe unha confusa percepción sobre a permanencia dalgún tipo de oposición interna a Gaddafi. Por tanto, a redención libia limítase a determinadas reformas económicas internas, como a apertura aos investimentos estranxeiros na explotacións dos recursos petroleiros e gasíferos do país con maiores reservas no continente africano, tras Nixeria; a diversificación da súa economía e o seu compromiso (asumido hai moitos anos) de eliminar as vías de expansión do seu modelo revolucionario.

Aínda que Libia xa non forme parte do particular "eixe do mal" para Bush, poucas expectativas se lle concede á posibilidade dun cambio de política á respecto de Irán. Hoxe en día, xa se coñece que, en febreiro pasado, Bush desestimou unha oferta iraniana para abrir negociacións directas de cara a solucionar a crise provocada polo seu programa nuclear. Mentres a diplomacia esgótase, en Washington preparánse para repetir outra eventual acción bélica en Oriente Medio.