A táctica consiste en saber qué facer cando hai algo que facer.
A estratexia, en saber qué facer cando non hai nada que facer.
S. Tartakover, gran mestre de xadrez polaco.
Cando en outubro de 1991 comezou a Conferencia Internacional para a Paz en Oriente Medio en Madrid, deu comezo un proceso de paz entre os israelís e os palestinos, que os máis optimistas consideraban era o fin dunha etapa de guerras e conflictos, e que un acordo político era factible e viable; os máis pesimistas, pola contra, insistían en que era o comezo dun camiño sen retorno.
Ámbolos dous tiñan razón. A Conferencia de Paz marcou un punto de inflexión na historia e podería terse convertido no principio do fin do conflicto palestino-israelí. Pero para confirmar tamén os peores augurios, converteuse, simplemente, nunha etapa máis con altas e baixas segundo a postura máis ou menos radical dos gobernantes israelís de quenda, e axudado polos cambios de planificación na política exterior estadounidense. Etapa que remata do peor xeito posible para o pobo palestino e para a comunidade internacional cos acontecementos que se están a vivir durante este ano 2002.
No período que vai de 1991 ó comezo da II Intifada ou Intifada de al-Aqsa no ano 2000, os acontecementos foron moitos e algún deles moi destacados.
Esta época tivo o seu punto álxido no outono de 1993 cando Iasser Arafat e Isaac Rabin firmaron os acordos de Oslo, que se tomarían de base para o avance nas negociacións futuras. Pero a partir de aquí tan so acumuláronse despropósitos que sumían á ANP (Autoridade Nacional Palestina) nun rol de controlador da súa propia poboación mentres os gobernos israelís firmaban nas mesas de negociacións o que incumprían despois na práctica.
En maio de 1999, a chegada ó poder dos laboristas con Ehud Barak á cabeza abriu novamente un fronte de esperanzas e o apoio que o Presidente estadounidense, Bill Clinton, brindou a este novo impulso das negociacións, deu alento a un proceso de paz que estaba completamente abafado. Barak, en cambio, levou a cabo unha política de xestos: compromisos de Taba e cumio de Camp David, retirada unilateral do sur do Líbano, inicio de conversacións con Siria,…, que ó longo demostraron non ser máis que xestos ineficaces e interesados que danaron á paz máis do que a fixeron avanzar.
Foi a profunda decepción do pobo palestino e a rabia que a humillación produce o que favoreceu o ambiente preciso para que en Setembro de 2000 unha soa chispa chamada Ariel Sharon fixera estallar a Intifada de al-Aqsa. ¿Pero que pasou neste curto período de tempo que fixo prender a chama da cólera palestina? Foron moitos os despropósitos que se produciron desde 1991.
Os palestinos sentáronse nunha mesa de conferencias na que levaban a batuta a dúo Israel e as novas necesidades xeoestratéxicas na zona dos EEUU (Estados Unidos) e na que as NNUU (Nacións Unidas) foron relegadas a un posto de mero observador pasivo mentres que as resolucións do seu Consello de Seguridade eran desoídas e esquecidas. A partir de aquí xa todo foi un absurdo.
A postura israelí quedou ben pronto ó descuberto, desvelándose o que sería unha constante de todos os gobernos que se sucederon nestes anos, ben fosen do Partido Laborista ou ben fosen do Likud:
Exercer unha tutela permanente sobre os palestinos e nunca permitir a creación dun Estado Palestino plenamente soberano senón cunha autonomía parcial e controlada.
As fronteiras de 1967 terán un carácter permanente e nunca se producirá unha cesión de territorio.
A autonomía palestina terá que establecerse en Cisxordania e Gaza pero sempre en circunscricións illadas unhas doutras xa que Israel non renuncia nin ó control do territorio a través dos asentamentos nin moito menos ó control dos recursos naturais que se atopan na zona.
Ademais hai dúas cuestións que Israel non chega nin a cuestionarse como é o dereito de retorno dos refuxiados e a renuncia á capitalidade de Xerusalén.
En 1993 Israel decidiu que era xa a hora dun recoñecemento mutuo, a OLP (Organización para a Liberación de Palestina) recoñecía a Israel como Estado mentres que Israel recoñecía á OLP como interlocutor e esquecía a súa antiga consideración de grupo terrorista.
Con esta operación táctica, Israel lograba facerse co control das negociacións e pouco a pouco recuperar a súa situación de potencia esencial en Oriente Medio.
Os EEUU a partir deste punto, deixarían de exercer como pai para pasar a non ser máis que o irmán maior; pero un irmán maior cun peso específico suficiente para ser o único mediador internacional aceptado por Israel, xa que as NNUU foron excluídas e a UE (Unión Europea) relegada a un segundo plano do máis irrelevante.
Neste novo ordenamento os EEUU apoiarían a nivel técnico e economicamente a Israel mentres que a UE converteríase no principal valedor da recén creada ANP.
A partir destas premisas Israel rompería o seu illamento internacional e faríase cunha posición de forza no económico e no político que lle outorgaría o control absoluto do proceso de paz. Este control desequilibraba aínda máis a lóxica do proceso, interrompía calquera garantía para os palestinos e perpetuaba a ocupación do territorio. Cuestións, todas elas, que crean unha contestación civil palestina que seguirá artellando métodos para opoñerse á ocupación a través da loita civil armada azuzada por diversas organizacións do islamismo militante.
En 1994 a recén creada ANP comezou a traballar sempre baixo os dictados do goberno israelí que a manexaría como a unha marioneta. Á ANP e ó seu líder lexítimo Iasser Arafat (elixido nas eleccións celebradas en 1996) encargóuselles o facerse cargo tanto das responsabilidades civís palestinas coa carga económica que eso supoñía, como do control policial da súa poboación.
Mentres Israel continuaba cunha política colonialista de consolidación das súas posicións que incluía:
Non retirarse de ningún territorio que servise ós seus intereses e reforzar militarmente esas zonas.
Restrinxir a mobilidade palestina con establecemento de controles nas vías de comunicación así como represión de todos os grupos palestinos de oposición tivesen o carácter que tivesen.
Expropiación da terra para establecemento de novos asentamentos e as súas áreas anexas de protección militar.
Secuestro económico tanto a nivel de mercado como a nivel de mobilidade da poboación e o seu acceso os postos de traballo (principalmente en Israel).
Todas estas cuestións fan imposible o despegue da ANP que aínda así loitará todos estes anos por non desfalecer e seguir adiante.
Os cumios, as negociacións e os acordos firmados, por outra banda, son unha falacia que aposta por concesións que o día a día va a demostrar como un imposible. Incumprimentos, medidas de forza e unha política de feitos consumados por parte de Israel son esas actuacións cotiás que afástanse definitivamente da posibilidade dun estatuto final que outorgase ós palestinos un Estado. É máis, neste período de tempo, a política israelí encamiñouse a conseguir o contrario, e o territorio que no ano 2000 estaba baixo mans palestinas facía inviable cualitativamente a creación dese Estado, incluso a súa dispersión e desconexión (sistema semellante ós bantustanes do apartheid Sudafricano) dificultaba enormemente o seu control.
Estes son os acontecementos, as causas, que fixeron ferver o sangue palestino e provocaron o masivo levantamento civil nesta II Intifada.
En setembro de 2000, esta situación sitúa á poboación palestina ó borde do colapso, e será o líder da oposición israelí, Ariel Sharon, quen desborde a cunca cunha provocadora visita á cidade vella de Xerusalén, máis concretamente á mezquita de al-Aqsa.
Nese momento aínda gobernaba Ehud Barak, que, en previsión dun estrepitoso fracaso das negociacións (a proposta israelí de Camp David aínda que era a máis atrevida que se concibira sabíase, a fin de contas, totalmente inaceptable para os palestinos), levaba tempo a preparar un contexto no que deslexitimar a Iasser Arafat como líder era unha premisa básica, ademais de convencer a , xa de por si incrédula, escéptica e máis que fracturada, opinión pública israelí de que os palestinos e a ANP non querían firmar a paz, de que as xenerosas ofertas de Barak si eran rexeitadas era porque non existía esa vontade e que ante calquera explosión de violencia, Israel debería salvagardar o seu territorio e á súa poboación por calquera medio aínda que a represión fose a única posibilidade.
E iso foi o que pasou. O levantamento palestino foi aínda maior que o da I Intifada, a poboación estaba farta de vivir nunhas condicións non so de precariedade, senón de abandono absoluto por parte dos seus líderes e da comunidade internacional.
A reacción israelí non se fixo esperar, e foi desproporcionada ós medios cos que contaban os palestinos que protagonizaban a Intifada; pero así estaba xa previsto de antemán polo staff político-militar de Barak.
A contestación palestina foi inminente, e as unidades policiais da ANP uníronse ó movemento dos seus concidadáns. Esta policía e as milicias que nun principio foran creadas, armadas e adestradas pola propia Israel para propiciar a contención por parte do goberno de Arafat da súa poboación; revelábase agora ser o máis parecido a un exército regular para a ANP.
Pronto estas milicias convertéronse para Israel en grupos terroristas ós que había que combater con todo os medios posibles e sen piedade.
Esta situación empeorou, aínda máis, cando a principios do 2001, un Ariel Sharon máis feble politicamente que nunca, gaña as eleccións como Primeiro Ministro cunha maioría ampla e plural na Knesset (parlamento israelí).
Sharon, causante xa do desbordamento palestino e do comezo da Intifada, decide que a única e posible política a seguir cos palestinos é a lei do máis forte; e sen pensar en que a violencia so xera máis violencia, comeza a por en práctica esta teoría política sacada directamente dos "Protocolos dos Sabios de Sión" (base fundacional do sionismo) que vai a afondar a fosa existente para acabar nunha guerra aberta entre o exército israelí e o pobo palestino.
A principal característica que hai que ter en conta nesta guerra non declarada oficialmente é, primeiramente, que se desenvolve entre un exército regular (Israel é a segunda potencia militar do planeta, supera en forzas á unión de Gran Bretaña e Alemania) e unha poboación civil formada por individuos totalmente desarmados, descoñecedores de calquera táctica militar e que se sitúan nunha escala de idade que vai dende os 8/9 anos ata os máis vellos mentres poidan correr.
O exército Israelí, levou a cabo, primeiramente, unha operación de limpeza das milicias palestinas. Efectuáronse asasinatos selectivos dos principais líderes, detencións ilegais, encarceramentos masivos e todo tipo de accións de guerra sucia ata que se desmantelou calquera albisco de resistencia armada. A partir deste momento a loita tornábase máis desigual se cabe e as inxustizas máis sangrantes.
Estas accións, coincidían no tempo cos atentados terroristas producidos nos EEUU o 11 de Setembro e que conmoveron á comunidade internacional que tomou a parte polo todo e identificou un grupo terrorista pertencente ó islamismo coa totalidade do mundo árabe e islámico. A partir de agora, ser palestino é ser árabe e por tanto terrorista.
Dende os EEUU, xustifícase calquera tipo de acción contra o terrorismo, e dáse carta branca ós gobernos nesta cruzada internacional que danará máis aínda a precaria situación palestina.
Sharon non podería nin soñar con obter de xeito máis fácil unha "licencia para matar".
A partir de aquí a espiral de violencia non deixará de crecer.
O islamismo militante palestino de grupos como Hamas ou a Yihad Islámica concorrerán nunha campaña sen fin de atentados suicidas dentro do territorio israelí que xustificarán a escalada de violencia e terror por parte do exército deste país contra a poboación palestina.
A desesperanza económica, política e militar palestina é o mellor xerme para que esta violencia non cese nunca, xa que non lles queda nada máis que dar a Israel que a propia vida.
As medidas israelís non quedaron soamente na aniquilación da poboación civil que loitaba contra a ocupación. O goberno de Arafat foi secuestrado e o líder lexítimo palestino retido contra a súa vontade polas forzas de ocupación. Varias cidades palestinas foron totalmente esnaquizadas e arrasadas. Homes, mulleres e nenos foron torturados e asasinados polo feito de seren palestinos e posteriormente enterrados en fosas comúns.
Se nos atemos exclusivamente ó dereito internacional teremos que claudicar ante a evidencia de que o pobo palestino estivo e está sometido a un proceso de xenocidio e o seu verdugo e "presunto" culpable de crimes de guerra chámase Ariel Sharon.
As estructuras e recursos civís e administrativos, existe xa a certeza de que foron totalmente destruídos, borrados e eliminados co único fin de aniquilar a conciencia histórica dun pobo tan antigo como a vida mesma.
Pero se atopamos que a violencia enxendra máis violencia, tamén poderemos observar que a tan ansiada seguridade que buscan os israelís non se consegue sementando a destrucción e o pánico.
¿É Sharon culpable desta inseguridade continua que se está a vivir dentro do territorio israelí? Ariel Sharon, está a seguir agora mesmo unha política postsionista radical e exacerbada. As súas actuacións e decisións políticas baséanse en principios de primacía do pobo xudeu e de aniquilación do non xudeu. Sexan ou non acertadas, as súas políticas, que agora tanto escandalizan ó mundo, son continuidade de 50 anos de Estado xudeu e de políticas sionistas e postsionistas tal como as deseñara en 1896 Theodor Herzl (fundador do sionismo como corrente política).
Agora mesmo a propia sociedade israelí xa non sabe a que aterse; unha gran parte dela busca desesperadamente a paz cos palestinos e non cree que este tipo de política poida dar resultado. Outra sección poboacional considera, en cambio, que as medidas son demasiados febles, que Israel, como potencia que é, debería exercer unha presión aínda maior e impor as súas condicións.
E mentres todo este proceso desenvolvese man a man entre palestinos e israelís, existen outros actores no conflicto que mostran o seu desinterese ou a súa debilidade e covardía.
Os EEUU pronto se erixen como mediadores e non deixan dar un paso cara a paz sen o seu control e consentimento previo, coa dificultade que comporta que cada vez que se produce un cambio de mandato na súa presidencia, establécese unha liña propia e específica de política exterior que condiciona novamente todo o proceso de paz.
Actualmente, ó contrario que sucedeu coa política de Bill Clinton, que impulsou diferentes roldas de negociacións que mantiñan o espellismo da paz, o Presidente Bush considerou, incluso, que este conflicto non merecía a pena para EEUU (que xa tiña a súa cota de intervención en Oriente Medio cuberto coa súa política de inxerencias cara a Iraq e Afganistán moito antes do 11 de Setembro) e que tería que ser Israel quen solucionase o que se considerou como "unha cuestión interna dos israelís".
Ó día de hoxe, a administración americana prefire seguir cedendo ante as presións do lobby sionista americano e non intervir; é máis, incluso se entorpece calquera albisco de actuación internacional (fracaso da Comisión Mitchell e inutilidade do Documento Tenet).
A cuestión da UE é moi diferente, e está chea de boas intencións; incluso ten nomeado un "enviado especial" que leva anos a traballar a reo na posible solución do conflicto.
Non se pode negar o bo saber facer de Miguel Ángel Moratinos nin a súa consideración diplomática. O problema ben dado cando a UE como potencia occidental pasa a ser o principal valedor dos palestinos, a súa principal fonte de recursos exteriores e a primeira en vocear a necesidade de un Estado palestino soberano. Con estas premisas é natural que o seu papel pase a ser máis que secundario. Israel non a ten en consideración e os EEUU continúan a tela en conta nas mesas de negociacións polo ben da súan relación extra-conflicto como potencia occidental.
Caso aparte é a mención das NNUU que merecerían todo un estudio de viabilidade. Parece que como Organismo Internacional entrou en vía morta. As resolucións dictadas hai anos son desoídas, desobedecidas e ignoradas; as actuais están baleiras de contido. A forza multinacional que Iasser Arafat lles reclamaba e de tan imperiosa necesidade, nunca puído ser enviada pola súa imposibilidade de impoñer unha soa decisión.
Hoxe en día exerce un papel de macro-ong ou ben actúa como forza interposta das intervencións e inxerencias das grandes potencias.
O último actor con papel no conflicto é a Liga Árabe. Esta organización que quizais sexa a máis afectada polo conflicto despois dos propios interesados (os seus países membros ocupan o territorio de Oriente Medio e Líbano e Siria están directamente implicadas na cuestión ó teren parte do seu territorio anexionado por Israel) non está a tomar as necesarias medidas para exercer unha verdadeira forza de oposición a Israel e ser algo máis que un brazo tendido para os palestinos.
Como Liga adopta posicións declaradas de forma verbal pero que non chegan á práctica.
Os seus integrantes como entes individuais non fan máis, no mellor dos casos, que reprimir os movementos de repulsa civil que se manifestan dentro dos seus territorios soberanos.
O poder económico da Liga Árabe ten dúas vertentes. A negativa sería a dependencia económica de moitos dos seus membros (Xordania, Exipto e Arabia Saudita principalmente) das decisións occidentais, ben directamente dos EEUU ou da influencia que sobre as organizacións económicas internacionais e as súas políticas de actuación cara estes países ten a administración estadounidense.
A positiva é a que poderían explotar e non utilizan. É o seu control sobre a enerxía que move o mundo, a enerxía da que todos somos dependentes: o cru. É o petróleo a baza que poden xogar, o seu as na manga. Pero a Liga Árabe tan so o utiliza como ameaza de desestabilización, como presión diplomática moi pouco real nin efectiva.
¿Interesa facelo? Este conflicto rematará algún día con boa solución ou non para os palestinos pero a ninguén no Oriente Medio se lles escapa a posibilidade do comercio con Israel, da normalización de relaciones cunha potencia de primeiro orden que nunca sairá derrotada por moitos e diferentes vieiros que poida tomar o conflicto.
Con estas perspectivas internacionais non é prudente facer conxecturas moi favorables ós palestinos. Para chegar a unha solución xusta e definitiva existe unha gran necesidade de cambio que ten tres vías diferentes:
A primeira delas pasa por un cambio no goberno israelí. Este cambio non ten que ser exclusivamente de primeiro ministro senón máis ben debería de ser un cambio de base na política a seguir coa cuestión palestina. Pero este cambio terá que ser pedido por unha ampla maioría da poboación xa que a política sionista está arraigada en demasía no espírito político israelí. Non hai posibilidade de paz mentres o israelís non acepten que a paz e a separación étnica e cultural son un imposible. É imperioso entrar nun escenario de convivencia.
A segunda vía pasaría por unha alternancia política palestina que permitise que outros líderes se acerquen ó poder e que a súa poboación se sinta protexida por eles e representada nas súas reclamacións e aspiracións. Así toda negociación e decisión tomada no seo dela será aceptada con maior lexitimidade pola case totalidade de faccións políticas e sociais palestinas que non sentiran a necesidade de actuar de seu.
A terceira e última vía debería ser un cambio de postura internacional. Un cambio que apoiase o proceso de paz sen exercer ningún tipo de inxerencia; no que as NNUU puidesen cumprir o papel de árbitro sen coaccións e que a opinión pública internacional exercese de observador imparcial e xusto, tanto do proceso en si mesmo, como do cumprimento fora da mesa de negociacións do dereito internacional polas partes implicadas.
A pesar destes cambios, hai que considerar que unha solución definitiva non ten outra vía que a proclamación dun Estado Palestino soberano.
Israel debe cumprir as resolucións das NNUU e volver ás fronteiras de 1967 sen deixar atrás reductos de asentamentos, así como aceptar que ó dereito ó retorno non so pertence os xudeus espallados polo mundo senón tamén ós refuxiados palestinos.
Os palestinos non poden renunciar a controlar o seu territorio e a súa poboación tanto económica, militar, xuridicamente,⦠en eso consiste unha soberanía plena.
Xerusalén reducto sine die de culturas, relixións e persoas debería quedar ó marxe xa que de non poder ser para os dous que non sexa para ninguén e que sexa para todos. Un estatuto internacional propio axudaría a que non houbese nin vencedores nin vencidos e que en ningún bando quedase o resquicio de entregaren o seu ben máis prezado ó inimigo xa que ningunha cidade, nin Xerusalén, merece a renuncia á paz.
Acadar estes logros esixe un cese inmediato da violencia, non xerar máis odio nin rancor. As bases da paz non poden levantarse sobre uns nenos, dun lado ou doutro, que érguense a diario ó lado dun muro de contención físico e moral, que lles impide o pleno desenvolvemento como cidadáns con valores democráticos e como persoas que saben ver e aceptar as diferencias do outro.