A difícil saída de Arxentina

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

Eduardo Duhalde foi elixido presidente co obxectivo de completar o mandato comezado por De la Rúa (decembro/1999-decembro/2003) tras unha sucesión de fallidos presidentes fugaces (Rodríguez Saá, Caamaño, etc…). Pese ao seu labor de estabilización e pacificación dun país en situación de estalido social, se viu na obriga de convocar eleccións para o 30 de marzo de 2003 tra-los sucesos de Avellaneda nos que dous manifestantes foron asasinados a balazos pola policía.

Hoxendía periga o calendario electoral presentado por Duhalde, con eleccións o 30 marzo de 2003 e toma de posesión do novo presidente electo o 25 de maio, coa conseguinte incertidume política e económica e a complicación das negociacións co FMI que isto provoca. A decisión arxentina de pagar soamente os intereses da débeda que ten pendente co BM, pode ser o detonante de serios problemas que fagan tambalearse aínda máis ao actual goberno.

O goberno negocia co Fondo Monetario Internacional nunha situación de provisionalidade que este non acepta. A maioría dos puntos en que diverxen as posturas de Arxentina e o Fondo necesitan dun consenso político en Arxentina que o goberno de Duhalde non está en condicións de ofertar. Neste marco de incertidume política, o Fondo se retrae e pese ás múltiples declaracións por ambas partes referentes a que as condicións técnicas están dadas para o acordo, éste non da chegado.

Pese á urxencia, o Congreso, de maioría peronista, non ratifica ou o fai tras duras e tensas negociacións, os compromisos que o goberno acorda co Fondo. O goberno ten unha marxe de manobra bastante limitada polas loitas internas do peronismo, de modo que puntos clave das negociacións como a postergación unha vez máis das execucións hipotecarias (cifradas arredor de 50.000) e diversos desacordos (o nivel de superávit fiscal para o próximo exercicio, a articulación cos gobernos provinciais, aprobación do Presuposto de 2003) impiden a firma final do acordo que daría osíxeno á economía arxentina.

Unha das causas se atopa no enfrontamento entre Menem e Duhalde. O presidente quere manexar os tempos e os modos nos que abandonará o poder para evitar ter que rendir contas ante a xustiza e ceder o menos posible ante o seu principal rival político, que comeza a verse como firme candidato á Pesidencia da Nación.

Comezan a explorarse diversos escenarios ante o anuncio de Duhalde de que a súa renuncia é irrevocable incluso en ausencia de presidente electo o 26 de maio. Se o calendario electoral se modifica e, finalmente, non hai eleccións na data anunciada do 30 de marzo, se abren dúas posibilidades:

  • Que un parlamento fragmentado sexa incapaz de elixir sucesor e se extenda a permanencia de Duhalde no poder ata decembro de 2003.
  • Que a xustiza suspenda as eleccións de marzo. Duhalde foi elixido para substituír o mandato de De la Rúa. (ata decembro de 2003). Duhalde se vai e non hai presidente. Nese caso, debe ser elixido un presidente interino segundo a lei vixente: En caso de acefalia, o presidente do Senado asume o goberno e convoca Asemblea Lexislativa en 48 horas. De non elixir presidente, continúa o xefe do Senado. Ata as eleccións.

Existen diversos precandidatos electorais (Rodríguez Saa, Kirchner, Menem, López Murphy, Carrió, Terragno) pero non se sabe aínda (en función da incógnita sobre as resolucións xudiciais en torno ás eleccións partidarias internas) se competirán dentro ou fora dos partidos e quen deles chegarán finalmente á carreira electoral. O nivel de apoio nas enquisas non supera en ningún caso o 20% para ningún deles pero indica unha clara tendencia a dar vantaxe aos candidatos peronistas.

O radicalismo, falto dun liderato claro, non foi quen de superar a profunda crise na que se sumiu despois da caída do goberno de De la Rúa e non aparece hoxe como rival serio para competir con opcións na contenda electoral.

O último polo, nucleado en torno a Elisa Carrió e a súa ARI (Alianza por unha República de Independentes) permanece nun segundo plano, á espera dun posible pacto con forzas de esquerda, para nuclearse como forza de oposición ao peronismo.

Onte, luns, rematou unha reunión do presidente Duhalde cos gobernadores para intentar dar unha imaxe de unidade e goberno con apoios que neste momento non ten e sen o cal semella difícil un progreso na situación.

A semana entre o 12 e o 19 de decembro pode ser decisiva debido á suma dun gran número de mobilizacións populares (primeiro aniversario da caída de De la Rúa) e a coincidencia coa data (14 de decembro) na que, de non producirse ningún pago de Arxentina ao BM, se suspenderían os desembolsos xa acordados por valor de 1.800 millóns de US$ cos que se financian, entre outros programas, o Plan Xefes de Fogar. Isto podería desembocar nun tenso verán de consecuencias imprevisibles.