20060902 caracas mural castro chavez

A diplomacia de Chávez

 Castro e Chávez, clic para aumentar
En Damasco, milleiros de persoas aclamaron a Hugo Chávez; o mesmo aconteceu en Irán semanas atrás. Nas rúas de Ramallah e de Gaza, abundan os carteis coa imaxe de Chávez, Arafat e o "Che". Nas manifestacións que se desenvolven case a diario en moitas capitais do mundo árabe, as bandeiras de Venezuela asoman cada vez máis. A cidadanía quere escoitalo, movidos pola curiosidade que incita o único líder no mundo que se atreve a plantar cara á hexemonía norteamericana, cousa que os mandatarios dos seus países non se atreven a facer. (Foto: Fidel Castro e Hugo Chávez nun mural nunha rúa de Caracas).
 

Bashar el Assad, presidente de Siria, sinalou recentemente que a visita de Hugo Chávez a Damasco valeu para que ambos líderes afondaran nos conflitos urxentes do Medio Oriente, insistindo na necesidade de estreitar lazos entre as nacións árabes e as latinoamericanas. Chávez selou unha nova alianza con Siria, baseada na resistencia á unha compartida agresión de Estados Unidos.

Venezuela mantén unhas relacións cada vez máis conflitivas con Estados Unidos, alimentadas pola posición que Hugo Chávez asume como acérrimo inimigo do imperialismo norteamericano. A súa relación con Evo Morales, en Bolivia, e Fidel Castro, en Cuba, ademáis dos seus estreitos contactos con Irán, China, Belarús ou Rusia, entre outros, son motivo de constantes ameazas e presións por parte da Casa Branca sobre Caracas.

Negocios aparte, de Siria obtivo o apoio para ocupar un asento no Consello de Seguridade das Nacións Unidas. O mesmo logrou de Irán e de China. A alianza establecida entre Damasco e Caracas súmase a outros entendementos que Hugo Chávez foi tecendo na rexión do Gran Oriente Medio. Ás portas de que se produza a votación que definirá se Venezuela ou Guatemala se incorporan ao Consello de Seguridade da ONU, Chávez valeuse do conflito israelí con Líbano e os palestinos para abandeirar unha causa que se traduce, inmediatamente, nun resultado de consecuencias xeopolíticas.

En Damasco, milleiros de persoas aclamaron a Hugo Chávez; o mesmo aconteceu en Irán semanas atrás. Nas rúas de Ramallah e de Gaza, abundan os carteis coa imaxe de Chávez, Arafat e o "Che". Nas manifestacións que se desenvolven case a diario en moitas capitais do mundo árabe, as bandeiras de Venezuela asoman cada vez máis. A cidadanía quere escoitalo, movidos pola curiosidade que incita o único líder no mundo que se atreve a plantar cara á hexemonía norteamericana, cousa que os mandatarios dos seus países non se atreven a facer.

Recentemente, Los Angeles Times recoñecía que a revolución bolivariana de Chávez intenta debilitar a influencia política e económica de EEUU en todo o mundo. O presidente venezuelano estase a converter así nun referente para as masas e para aqueles líderes que non sintonizan coas políticas de Washington. O pulso na elección para o Consello de Seguridade dará unha cabal medida do éxito ou fracaso da súa diplomacia.