A Eurocopa da bancarrota

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego

Hai que sostén que as guerras modernas se desenvolven por outros medios; os deportes, a competición entre empresas con forte identidade nacional, o control dos organismos internacionais,etc. Que os tipos de xuro,ou o cambio das moedas, poden ser un arma de destrución masiva.  E que os bancos con identidades fortes de estado poden ser máis efectivos que a infantería.

Cando chegou o momento de apoiar o sector financeiro países como Holanda ou gran Bretaña non dubidaron en outorgar axudas directas á banca. Por esa mesma razón o ano pasado Bruxelas someteu a avaliación aos bancos necesitados de axudas, para comprobar a viabilidade dos plans de reestruturación. A verificación que tivo lugar en outubro de 2009, fíxose cunha perspectiva ampla do sector sen entrar en bancos de países individuais e aparentemente probou que o sector podía resistir crises como a acontecida en 2008-2009.

Na recente cimeira europea de xuño, os países da Unión Europea decidiron apoiar unha proposta do presidente do goberno español, José Luis Rodríguez Zapatero, para publicar os resultados dos informes sobre os bancos na segunda quincena de xullo, coa finalidade  de estimular a confianza dos investidores no sector financeiro. España ten pouco que perder coa publicación de datos bancarios, en vista do bloqueo do mercado financiero interno, e está nestes momentos en plena reestruturación das Caixas.

Pola contra Alermania non parece tan favorable a facer públicos estes resultados, e mesmo Josef Ackermann, o manda mais do Deutsche Bank, avisou a semana pasada de que sería moi perigoso facer públicos os resultados dos bancos de forma individual pois podería levar a unha reacción en cadea e á caída dos prestamistas máis débiles. Non estamos seguros de a quen se refire o Sr. Ackerman co termo prestamistas débiles, nin ao seu número, pois nos informes do mes de xullo non aparecerán as caixas por poñer un exemplo, que son as que maiores dificultades están a pasar en España.

A pesares dos medos xermanos, estes resultados achegarán datos sobre a solvencia pero dificilmente dilucidan o grao de saúde dos bancos. Nalgúns escenarios moitos bancos europeos poderían roldar a bancarrota e ninguén o vai facer publico porque sería pior o remedio que a enfermidade.Amais diso, os ensaios non incluíron escenarios realistas, como por exemplo, unha caída considerable nos prezos dos inmobles nalgúns países europeos. Algo que non é descartable en España se o mercado non é quen de absorber a nova vivenda en realización ou construída. Por outro lado parece ser que as probas non incluíron a considerable perda de valor dos valores inmobiliarios que  actualmente posúen os bancos. Santander e BBVA, semellan ou cando menos fan os esforzos necesarios para aparentar ben capitalizados, pero dende Europa sempre son quen de levantar novas dubidas sobre un sistema contable que poida enmascarar débedas en provenencia do sector da construción. O problema español, parece ser as caixas que non forman parte do test europeo (de momento) e están sendo mantidas a flote polo banco central europeo con prestamos por valor do 20% dos seus balances contables segundo o Daily Telegraph.

O outro gran problema español son os traidores ideolóxicos, persoeiros incrustados nos medios de comunicación internacionais que con forte carga ideolóxica, fan fincapé nun suposto descrédito e ridículo do executivo estatal.

Funcionarios da UE anunciaron hai uns días, que o número de bancos que estarían suxeitos a unha proba de esforzo será ampliada a partir dos 22 grandes bancos que participaron o ano pasado, para incluír unha nova fornada de 60-120 bancos. Tal vez isto dea lugar a incluír ás Caixas españolas xa saneadas. Segundo eles, só hai que mirar para o importe de liquidez que o BCE está a dar os bancos para saber que grandes áreas do sector bancario europeo está en risco de insolvencia.

Os bancos que teñen perdas agochadas nos últimos dous anos e  poden empezar a descubrilas en breve dado que países como Grecia deben refinanciar a súa débeda a corto prazo, e se as cousas non saen ben haberá reaccións en cadea nos mercados.

De portas afora o FMI e o BCE fixeron ademán de presionar os bancos para divulgar as súas perdas desde o inicio da crise. E lonxe do que se poida pensar os bancos alemáns son dos máis expostos aos malos empréstitos de acordo cun estudo publicado por PricewaterhouseCoopers. Segundo estes datos nas contas dos bancos alemáns hai 213billons de créditos dubidosos, un incremento do 50% respecto do 2008 en vésperas de facer públicos os resultados dos test.

Pola contra no Reino Unido os bancos poderán agochar os resultados destes test de estres detrás da seguridade dunha lei que require o seu consentimento.O supervisor bancario do Reino Unido non pode revelar información confidencial sen o consentimento da persoa de quen o regulador obtén a información segundo marca o Financial Services and Markets Act. Sospeitoso que os dous países de onde agroman rumores especulativos pretendan ser agora os máis secretivos…