PEF 2ed creatividades xeral cadrado 1

A Política Exterior Feminista na IGADI TV

No marco da segunda edición do proxecto “A Política Exterior Feminista e o Pacto do Futuro” o pasado 5 de marzo tivemos un programa especial de máis de dúas horas e media de duración na IGADI TV.

No programa, presentado por Patricia Coloret, Elisabet Golerons e Daniel González Palau, participaron María Solanas, Manuela Mesa e Inés Arco como investigadoras principais, contando tamén con entrevistas con Mariel R. Lucero, Verónica Yazmín Morales e Itziar Ruiz-Jiménez Arrieta.

Accede ao programa completo desde esta ligazón. A finais do mez de marzo presentarase a publicación final do proxecto.