Agora é Lula

A menos que ocurra un milagre, o próximo presidente de Brasil semella decidido: Luiz Inacio da Silva ("Lula") asumirá o cargo despois de dous períodos consecutivos de xestión de Fernando Enrique Cardoso. A pesar de rozar a maioría absoluta na primeira volta, Lula non pudo evitar ter que acudir a unha segunda competindo nas urnas co candidato oficialista José Serra, que na primeira votación obtivo case o 24 por cento dos votos.

As eleccións brasileñas, lembra Roberto Bouzas en Clarín, crearon a expectativa dun cambio en paz nunha das sociedades máis desiguais do planeta. Pero transformar esa expectativa en realidade requerirá máis que un resultado electoral. Os principais desafíos para Lula, se sae finalmente electo, se verán despois de xaneiro. A súa responsabilidade será a de transformar un ideal reformista nun goberno exitoso.

Lula deberá facer grandes equilibrios para manter unido o seu propio movemento, moi plural e heteróxeneo e no que a acción de goberno pode exacerbar as tensións entre reformistas e radicais. Lula gañou moita experiencia na tarea de marcar compromisos e alianzas, pero para esixir un comportamento leal e coherente aos seus aliados deberá garantir a gobernalidade do seu propio Partido. Algo complexo pero non necesariamente problemático habida conta que o PT goberna dende hai varios anos sen estridencias e de forma responsable en varios Estados e nalgunhas das máis importantes cidades do país, como Sao Paulo.

Asi mesmo, a axenda económica resulta especialmente densa. As promesas de cambio en materia de crecemento, emprego, salarios e distribución do ingreso deberán concretarse progresivamente nun contexto económico difícil. No que vai de ano, a relación débada/PIB pasou do 50% ao 62%. Para estabilizar esta relación Brasil necesita medrar a un ritmo anual do 3%, con taxas de interese real que non superen o 9% e unha depreciación do tipo de cambio non maior ao 3%, asegura David Chance, en El Universo. E todo iso tranquilizando aos mercados financeiros globais, cumprindo o compromiso co Fondo Monetario Internacional se quere recibir o préstamo de 30.000 millóns de dólares sobre o que se apoia a estabilidade da moeda, o real.

Parece razonable prever que a posición internacional de Brasil amosará máis puntos de fricción con Estados Unidos, con quen deberá compartir presidencia do ALCA a partir do ano próximo ata a conclusión das negociacións en 2005. Lula propón afondar no MERCOSUR, imitando o proceso de integración europeo. Aínda así, en Washington ninguén cree que Lula se vaia embarcar nunha cruzada anti-estadounidense. William Barr, quen foi xefe da sección política da ambaixada americana en Brasil ata o seu retiro hai unhas semanas, sinalaba ao Miami Herald que non cree que Lula sexa tan malo coma o pintan algúns conservadores en Estados Unidos. "Lula non será Chávez, nin por asomo", asegura. Tén máis perspectiva e máis balance que Chávez".

Con todo, a súa elección será histórica, non soamente polo impacto que o recambio presidencial pode provocar no país, senón pola influencia sen precedentes que o seu resultado pode xerar en toda a rexión e no mundo.