200608 bogota soldado servizo palacio presidencial

Álvaro Uribe 2

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego
 Soldado Palacio Lariño, clic para aumentar
Un dos 140.000 efectivos policiais e do exército que están encargados blindar o acto de investura, para tentar evitar que se repetisen os acontecementos que viviron as autoridades políticas colombianas e convidados o 7 de agosto de 2002, atacados por artefactos explosivos lanzados polas FARC contra do Palacio de Lariño. (Foto: ©Lino Pellitero).
 

Cen millóns de pesos (35.000 €), como recompensa, ofrecían tres días antes do acto de reinvestidura presidencial, o gobernador del Valle, Angelino Garzón, e o comandante da Policía suroccidental, José Jacinto Meza, a quen fornecese información para dar cos autores do atentando das Farc en Cali no que morreron catro policías.

Os soldados de servicio no Palacio presidencial repetían incesantemente consignas a quen tivese que circular polas rúas da capital cercanas á Praza Bolívar. "Non está permitido sacar fotos nin ao palacio de Nariño, nin ás rúas que o rodean. Tamén está prohibido transitar polas beirarrúas que circundan a residencia presidencial". Un dos 140.000 efectivos policiais e do exército que están encargados blindar o acto de investura, para tentar evitar que se repetisen os acontecementos que viviron as autoridades políticas colombianas e convidados o 7 de agosto de 2002, atacados por artefactos explosivos lanzados polas FARC contra do Palacio de Lariño.

Na semana previa ao solemne acto deste novo 7 de agosto, as FARC incrementaron a presencia e actividade, para deixar patente que segue a ter unha importante capacidade operativa.

Cada día da semana foi regado de terror. O luns atentados en Tibú, Guaiacanas e no propio Bogotá no que morreron 17 soldados e un civil, e nos que 26 soldados resultaron feridos. O martes un taxi bomba e un artefacto con 40 quilos de nitrato de amonio, foron desactivados. O mércores foi detido o activista das Farc Manuel Murcia que preparaba un atentado durante a posesión presidencial. O xoves atacaron en Chaparral (Tolima) con resultado de cinco feridos. O venres foi outro día sanguento na semana previa a reasunción de Uribe. En Pasto un camión cargado con 150 quilos de explosivos foi descuberto a beira dun batallón militar. O día remataría con cinco mortos en Cali, catro deles militares, por mor da explosión dun coche bomba.

No Palacio de Nariño por segunda vez Álvaro Uribe asumiu para un novo mandato presidencial. O 63% dos votos e unha polémica reforma constitucional posibilitou unha reelección en Colombia.

Uribe, afronta un segundo mandato con case sete millóns e medio de votos, o maior grao de popularidade que endexamais tivo un presidente colombiano, que percibe como satisfactoria a súa política de Defensa e Seguridade Nacional, a pesares da pouca confiabilidade que expresan na honradez da policía, pero aprecian a sensación de seguridade que o estado pode garantir nunha boa parte do territorio. Os datos oficiais reflicten un notable descenso dos actos da guerrilla. Se no 2002 o número de secuestrados era de 2885, no 2005 eran .

Datos cuestionados polo investigador do Center for Internacional Policy de Washington, Adam Isacson que cifran os mortos no exercito en combate coas FARC durante o 2005 en 271, cando no ano 2003 foran de 212. Tamén rexistra que no ano 2005, perderon a vida 144 civís polas minas antipersonais accionadas polas FARC, cifras que non minguaron en relación ás dos anos anteriores.

Máis alá das cifras, o certo e que Álvaro Uribe ten gañado a batalla opinión pública. O 14% dos colombianos expresan a súa simpatía cara ás grupos paramilitares das autodefensas, a pesares de ter asasinado a 2.300 civís durante o primeiro mandato de Uribe. Simpatía moi superior á que as enquisas detectan cara aos grupos guerrilleiros, que infrinxen unha décima parte das mortes de civís comparados coas autodefensas, e que causan un número de desprazados notablemente menor.

Cando asumiu por primeira vez, en 2002, o 40% dos colombianos tiñan a sensación de que a guerrilla podería chegar ao poder, hoxe esta porcentaxe reduciuse a metade.

Independentemente das cifras e das sensacións colectivas están lonxe do punto final. A paz en Colombia aínda non está ao alcance das mans de Álvaro Uribe, por máis que incremente os orzamentos para aumentar a presencia militar, ou que reciba apoio loxístico e financeiro do Plano Colombia ou Plano Patriota.

Outros temas como a pobreza crónica, a reducción dos orzamentos para políticas públicas de cohesión social, dilúense diante do binomio violencia-seguridade.

O 3 de agosto facíase público o colapso económico do sistema de asistencia sanitaria colombiana. O Instituto de Seguros Sociais, non ten cartos para pagarlle as empresas Sociais do Estado que atenden a tres millóns de colombianos.

Unha das reformas estrelas do Goberno Uribe, implantada no ano 2003, pola que o ISS se quedaban sen máis de 200 hospitais, nin clínicas, que eran transferidos a unha especies de fundacións, chamadas Empresas Sociais do Estado ESE, que teñen fracasado. O Goberno de Álvaro Uribe recoñeceu oficialmente, a catro días da súa solemne reinvestidura, que para o que queda de ano, non están garantidos os recursos suficientes para cubrir os custes asistenciais e hospitalarios de 3 millóns de afiliados do Seguro Social.

Os colombianos, prefiren polo de agora darlle prioridade a súa seguridade física e deixar para outra elección as políticas de cohesión social que teñan na erradicación da pobreza e na loita contra da desigualdade as prioridades gobernamentais.