Brexit?

Tralas eleccións do 7 de Maio, o conservador David Cameron outea no horizonte a consulta o ano 2017 sobre a eventual retirada do Reino Unido da Unión Europea. O “Brexit” (contracción de British e exit, saída) vai depender, en boa medida, da súa aposta na consulta e esta dependerá do resultado das negociacións iniciadas coa Comisión para lograr novas concesións na modalidade de participación no proxecto europeo. Cómpre ter en conta que esa singularidade británica non é nova; de facto, Londres, como é ben sabido, nin participa no euro ni no espazo Schengen. Agora tamén ambiciona quedar fora da Convención europea de dereitos humanos, entre outros. Se esa negociación sae “ben”, colmando ata as expectativas do UKIP (United Kingdom Independence Party), podería mesmo acontecer que o referendo non chegara a se celebrar. En todo caso, Cameron aspira a unha consulta na que, como moito, teña que defender o si  ao mantemento na UE. Segundo o Financial Times, ata catro sondaxes realizadas en abril daban confortables maiorías a favor do mantemento na UE.

Apartados xeográficos Europa
Palabras chave UE Escocia Camerton UKIP Brexit
Idiomas Galego

A UE quere que o Reino Unido permaneza arrimado ao continente. A chanceler Ánxela Merkel non se imaxina unha Unión sen os británicos. Pola súa banda, Jean-Claude Juncker, actual presidente da Comisión, considerado en Londres un teimudo e perigoso federalista, aposta por un “acordo honorable” entre ambas as dúas partes que reflicta a sensibilidade comunitaria coas preocupacións británicas. François Hollande invoca o respecto das regras, pero aceptará o que se acorde para satisfacer as aspiracións do 10 de Downing Street.

Así pois, todo parece indicar que en poucos meses asistiremos a unha nova volta de rosca desa singular maneira británica de estar en Europa, isto é, con un pe dentro e outro fóra. Iso afectará, entre outros, ao denominado “turismo social”, é dicir, a fixación de límites ao acceso de cidadáns da UE aos servizos sociais británicos –imaxinamos que operará reciprocamente- ou un maior condicionamento da lexislación europea e o seu afán regulamentario por parte do Parlamento británico, vellas obsesións que gozan de amplo predicamento. Neste contexto cabe inserir as diatribas de Cameron contra a inmigración (sobre todo da Europa oriental), cada día máis próximas ás posicións xenófobas do UKIP.

Ese inminente fortalecemento do poder do Reino Unido fronte a Bruxelas tería o seu contrapunto paradoxal na satisfacción das promesas feitas aos escoceses: unha maior autonomía fiscal e o goberno máis descentralizado do mundo, dixo Cameron. É máis: o perigo, desmentido por tantos pero non necesariamente descartable de todo, da saída de Escocia do Reino Unido –escenario alentado polo esmagador trunfo de Nicola Sturgeon- e, quizais, do País de Gales, reduciría a Londres a unha especie de “pequena Inglaterra”. Iso si, moi british. Pois que lles preste, non? .