O día 14 deste mes, The New York Times publicou un informe no que se dicía que, despois de catro anos de guerra, a intelixencia dos EEUU consideraba que a chamada "insurxencia" segue sendo un misterio. Ou sexa, que non ten unha idea nada clara sobre o inimigo que está a combater. O que explicaría moitas cousas.
Non hai un coñecemento fiable sobre a organización, mando, financiamento e operacións das milicias, nin tampouco da súa relación coas forzas de seguridade do goberno. E fálase tamén do fracaso dos funcionarios de intelixencia para penetrar na guerrilla sunnita, ou para explicar o crecente poder das milicias xiís.
Ademais, parece fóra de dúbida, di ese xornal, que un dos mellores negocios para os iraquís é vender á CIA e á intelixencia militar información manipulada ou errónea "o que tamén explicaría moitas cousas. Se todo isto é así, un non se explica como Bush segue barullando e contando historias sobre unha vitoria despois de "rematar o traballo" "aínda que fose elixido por Deus para facelo.