Especial #CimeiraDoFuturo #SummitOfTheFuture #CumbreDelFuturo, Artigo final
summit of the future

Cambiará o rumbo das Nacións Unidas o Cumio do Futuro?? (artigo final)

O cumio do futuro é unha reunión de alto nivel que se celebrará os dias 22 e 23 de setembro de 2024 na cidade de Nova York (Estados Unidos). O evento estará conformado polos líderes dos diferentes países membros das Nacións Unidas e nel discutiranse diversas cuestións a nivel internacional cuxo principal obxectivo será a elaboración dun novo consenso internacional capaz de facer fronte aos desafíos do futuro.

Tras tratar as cuestión mais importantes, referentes a celebración do Cumio do Futuro en setembro de 2024, faremos un percorrido polos aspectos claves deste evento de alto nivel.

Recordemos que o Cumio do Futuro xorde a partir do informe “Nosa axenda común” presentado polo Secretario Xeral das Nacións Unidas Antonio Guterres, cuxo obxectivo principal é mellorar o sistema de multigobernanza das Nacións Unidas. Ao tempo que se busca establecer unha serie de temas prioritarios que deben estar na axenda do futuro das NNUU, como poden ser o desenvolvemento sostible estreitamente relacionado cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, ou a cuestión da paz e da seguridade; un tema especialmente relevante considerando o panorama internacional que temos con conflitos como o de Gaza.

O Pacto do Futuro, agárdase, será o documento resultante do Cumio do Futuro. Aspira a ser un documento moi ambicioso, como se puido ver nos primeiros borradores, aínda que quizais un tanto pouco concreto. Este pacto pretende establecer directrices e compromisos claros para os estados membros, co fin de afrontar os desafíos globais de maneira coordinada e efectiva.

Non obstante, o longo deste percorrido polo desenvolvemento deste evento xorde unha pregunta que sempre se ten presente: ¿o cumio do futuro realmente cambiará algo? Nun momento de tanta convulsión como no que nos atopamos, tanto os estados, o sector privado ou mesmo a sociedade civil, teñen as súas propias preocupacións internas, sen poder adicar os seus esforzos a centrarse unicamente no escenario internacional, pese a que este afecta directamente a todos.

Éxitos ou fracasos?

O éxito do cumio dependerá en gran medida da capacidade das NNUU para involucrar de maneira efectiva a todas as partes e actores involucrados, dende os estados ata as ONGs. Tamén tal e como tratamos nun dos artigos, o papel das xeracións mais novas é fundamental, xa que o futuro e seu e deben estar involucrados nas decisións que se toman no presenta xa que serán os principais afectados. A colaboración e o compromiso colectivo serán fundamentais para transformar as resolucións e os acordos en accións concretas e efectivas.

Outro aspecto crucial é a necesidade de adaptar, as estruturas das NNUU deben ser sometidas a un proceso de adopción que as contemporice es as adecúe as realidades do século XXI. Isto supon mellorar a eficiencia, a transparencia e a rendición de contas dentro da organización. Ademais, é esencial que as Nacións Unidas sexan capaces de responder de maneira áxil e eficaz ás crises globais, xa sexan de natureza sanitaria, climática ou de seguridade.

Todo isto debe facerse tendo en conta a cuestión da desigualdade dentro das NNUU, desigualdade que debe desaparecer. Deben recoñecerse as disparidades existentes e implantar medidas concretas para reducilas e promover a equidade.

En definitiva, o Cumio do Futuro representa unha oportunidade única para redefinir e revitalizar o papel das Nacións Unidas no escenario global. Con todo, o éxito deste evento dependerá da capacidade de todos os actores implicados para traballar xuntos de maneira coordinada e efectiva, superando as diferenzas e centrando os seus esforzos en obxectivos comúns.

O reto está en transformar as palabras en accións e garantir que os acordos alcanzados no Cumio se traduzan en beneficios reais e duradeiros para todas as persoas, en todas as partes do mundo.

Son moitas as tarefas pendentes das NNUU, agora o que nos queda é esperar e observar o que pasa e os resultados que se acadan mediante a celebración deste evento. Aínda que nos tamén dende o noso papel de cidadáns podemos contribuír con pequenas accións individuais, como poden ser a difusión ou a colaboración ou cooperación con ONGs. Todo esforzo suma e todo conta no avance cara un futuro mellor e mais equitativo.

“Non hai mellor proba do progreso dunha civilización que a do progreso da cooperación”

John Stuart Mill, 1806-1873