Chávez e as multinacionais

Apartados xeográficos Latinoamérica ARQUIVO
Idiomas Galego

Venezuela transita polo espiñento camiño dun referendo revocatorio mentres se sitúa na órbita das multinacionais do petróleo e o gas. A sorpresiva sinatura dun memorando de entendemento entre a empresa estatal petroleira venezolana PDVSA e a súa homóloga rusa LUKoil a semana pasada, referido ó desenvolvemento conxunto de proxectos de hidrocarburos ó oriente do país, está a situar Venezuela no mapa xeopolítico do petróleo.

A este feito cómpre sumarlle os esforzos que o goberno de Hugo Chávez está realizando coas principais multinacionais do gas natural para a exploración e desenvolvemento de proxectos de explotación na Plataforma Deltana, ó oriente del país e próxima a Trinidad e Tobago, proceso iniciado en novembro de 2002, e no Golfo de Venezuela.

A entrada tan directa de LUKoil na industria petroleira venezolana non ten antecedentes, xa que é a primeira vez que os gobernos de Rusia e Venezuela subscriben un proxecto tan definido, pese atoparse aínda en cernes. Da mesma maneira, a chegada de LUKoil a Venezuela é parte duna agresiva estratexia que en materia petroleira e de gas natural está realizando o goberno de Vladímir Putin, consciente de que Rusia pode converterse no maior productor e exportador de petróleo a curto e mediano prazo, desbancando a países como Arabia Saudita e o Iraq post-Hussein, agora controlado polos EEUU.

Pero a Chávez tamén lle interesa a chegada das multinacionais. Amparado nos novos plans de PDVSA para o quinquenio 2004-2009, o seu goberno planea co mesmo establecer un novo marco de relación entre Venezuela e as multinacionais do petróleo, que lle sirva de plataforma para manterse no poder, cando menos ata 2013.

A visión estratéxica petroleira de Chávez limítase agora a tratar de recupera-la deprimida posición venezolana dentro da OPEP mentres negocia en segundo plano coas multinacionais á hora de explotar novos xacementos petroleiros e proxectos de exploración gasífera. Os plans de investimentos para este período estímaos PDVSA en 43.000 millóns de dólares, que lle permita a Venezuela xerar unha capacidade de producción de 5 millóns de barrís diarios.

O problema é que PDVSA, trala folga de decembro-febreiro e o despedimento de 18.000 técnicos petroleiros, se atopa nunha difícil situación financeira que fai imperante para o goberno de Chávez a busca de novas alternativas de financiamento. De acordo co anuncio realizado por Domingo Maza Zavala, director do Banco Central de Venezuela, ante a Asemblea Nacional venezolana hai dúas semanas, a estatal petroleira non puido recuperarse dos estragos da folga, sendo os seus ingresos inferiores ós agardados.

Consciente de que este escenario xoga politicamente na súa contra nun momento no que a oposición poxa pola celebración do referendo revocatorio baixo a lupa internacional, o presidente Chávez iniciou unha desesperada campaña por tratar de aumenta-la banda de prezos da cesta OPEP entre $25 e $32, superior á banda de $22-$28 existente na actualidade. A pesar de que nos últimos días o prezo do barril venezolano superou os $25, a petición de Chávez no seo da OPEP ficou en oídos xordos, sendo ignorada pola maioría dos seus membros, especialmente Arabia Saudita, polo que outros escenarios debían ser avaliados imperiosamente.

A caótica situación financeira de PDVSA provocou unha inusual perda de credibilidade en Washington. As contas que a empresa estatal debe anunciar trimestralmente ante a Comisión de Intercambio e Seguridade dos EEUU polas súas filiais nese país, foron atrasadas dende outubro pasado, debido a que os auditores de PDVSA suxeriron a complicada situación financeira da empresa, argumentando que non posúe "suficiente persoal financeiro cualificado". Algúns analistas auguran un colapso financeiro de PDVSA para o primeiro cuadrimestre de 2004.

Neste contexto adiantáronse os proxectos de exploración da industria de gas natural no Golfo de Venezuela e a Plataforma Deltana, preto de Trinidad e Tobago. O primeiro, anunciado por Chávez a semana pasada, entraña o risco de axita-las disputas marítimas coa veciña Colombia. O segundo é un proxecto que leva un ano de realización e que tomou o seu curso a partir deste verán, coa visita de Chávez a Trinidad e Tobago e a definición de ofertas coas multinacionais.

Repentinamente, no escenario venezolano entrou Rusia. Moscova é un claro xogador no xadrez xeopolítico en torno ás reservas petroleiras e gasíferas do Mar Caspio, utilizando o Cáucaso coma rexión estratéxica á hora de distribuí-los oleoductos e gasoductos, nunha dura poxa con Washington e diversas multinacionais europeas e asiáticas. O problema que existe nestes momentos é a enorme inestabilidade política na rexión, tralos procesos electorais en Azerbaiján e Xeorxia e o interminable conflicto en Chechenia. Igual situación vívese en Iraq, onde os intereses petroleiros rusos están supeditados ás decisións que tome a administración iraquí controlada polos EEUU, e a inestabilidade do país.

A semana pasada, o goberno de Vladímir Putin confirmou a súa intención de traballar coa Unión Europea para tratar de realiza-lo comercio de petróleo e gas en euros. Ditas palabras saían á luz ó mesmo tempo que PDVSA anunciaba o seu memorando de entendemento con LUKoil. Rusia é o principal surtidor petroleiro europeo,e realizar unha xogada tan estratéxica como sustitui-lo dólar polo euro crearía un efecto psicolóxico importante nos países productores de cru da OPEP, especialmente os de Medio Oriente, que non verían con malos ollos a devandita estratexia.

Aparentemente indiferente ás críticas internacionais pola detención do magnate petroleiro Mikhail Khodorkovsky, a estratexia de Putin de enviar LUKoil a Venezuela significa un gran paso para Moscova á hora de posicionarse no país coas maiores reservas probadas do Hemisferio Occidental, en clara competencia con Washington.

O certo é que más alá da retórica anti-globalización de Chávez e das súa críticas ós gobernos dos EEUU e a Unión Europea, o mandatario venezolano viuse na necesidade de entrar no negocio petroleiro internacional enterrando as súas antigas críticas ó proceso de apertura petroleira iniciado por PDVSA a partir de 1995, durante a administración de Luis Giusti. Sen embargo, o actual reacomodo de Venezuela coas multinacionais á hora de explorar e explotar novos campos petroleiros e gasíferos, a deixa en condicións de clara desvantaxe.

En primeiro lugar, pese a que o reforzamento da OPEP e por ende de Venezuela foi un dos principias obxectivos do goberno de Chávez, a situación actual luce complicada para Venezuela. A alianza entre Arabia Saudita e Venezuela en 1999 está practicamente morta, e o panorama post-guerra en Iraq é complicado. A lexislación en materia de hidrocarburos por parte do goberno de Chávez, as sucesivas e deficientes xerencias de PDVSA baixo o seu mandato, así como as dúas folgas realizadas polos actores da oposición, fracturaron o seo da industria petroleira venezolana, deixandoa progresivamente con pouca influencia no mercado internacional, situación aproveitada por Arabia Saudita. Isto provocou que na batalla por obter investimentos foráneos e mercados onde coloca-lo petróleo, Venezuela estea perdendo o xogo fronte a productores de importancia para os EEUU como Arabia Saudita, Rusia e México.

En segundo lugar, presionado pola inestabilidade política interna e a necesidade de conseguir investimentos que lle permitan recupera-la confianza no seu goberno, Chávez abriu o país para a explotación de campos marxinais, situación que lle está a serrar ás compañías beneficiadas a producción de 1 millón de barrís diarios. Ditas explotacións extendéronse ó sector do gas natural dende finais do pasado ano e, especialmente, a partir do segundo semestre de 2003.

Mentres o presidente Chávez anunciaba a explotación de reservas de gas no Golfo de Venezuela e PDVSA facía público o memorando con LUKoil, a entrada de multinacionais para a exploración e explotación de gas natural en la Plataforma Deltana avanzaba con rapidez. Dita plataforma, coa que Venezuela compartiría negocios con Trinidad e Tobago, posúe reservas probadas de 20 a 30 trillóns de pes cúbicos de gas. Na mesma participan multinacionais da talla de ChevronTexaco, ConocoPhillips, Statoil, British Petroleum e a súa filial en Trinidad e Tobago, British Gas Group, Royal Dutch Shell, Repsol YPF eTotal Fina Elf dende que, en novembro de 2002, se abriran as ofertas para a exploración dos cinco campos, posteriormente atribuídas nunha primeira poxa en febreiro de 2003 e que agora en novembro coñecerán unha segunda poxa.

A posibilidade de globaliza-lo negocio do gas natural nunha cunca Venezuela-Trinidad e Tobago es xeo-estrategicamente importante para os EEUU, tal e como anunciou o Departamento de Estado a comezos deste ano. E este escenario deixa a Venezuela de Chávez abertamente a merced dos intereses das multinacionais.