Vladímir Putin lanzou as operacións terrestres en Chechenia en outubro de 1999 coa vana ilusión de meter en cintura a república rebelde en poucos meses. Un antiguo ministro de defensa ruso, Pavel Grachov, tamén estaba convencido de que podía controlar Grozny, a capital chechena, en dúas semanas. A realidade, sen embargo, indica que as tropas rusas, pese a empeñarse a fondo con bombardeos masivos e un ensañamento terrorífico coa poboación civil, non conseguiron pacificar Chechenia.
Se estima que entre 90 e 100.000 soldados rusos do Ministerio do Interior ocupan un territorio habitado por uns 450.000 habitantes. Sen embargo, a pesar de tan abultada presencia, o control do país é feble e a guerrilla da conta da vulnerabilidade dunas tropas rusas que deben patrullar acompañadas de blindados. Cada semana poden levar a cabo preto de cincuenta accións, unhas veces pequenas e outras de maior envergadura, como a toma de Gudermés en setembro de 2001. ¿O seu blanco preferido? Os helicópteros das forzas federais: a penas risco, impacto mediático e en baixas asegurado. Fontes rusas cifran entre dez e quince mil o número de chechenos alzados en armas. Os vellos comandantes da guerrilla, moitos deles falecidos, foron reemprazados, asegura Anna Politkovskaia en Novaïa Gazeta. Non hai signos de debilitamento da resistencia. Non hai solución militar para o problema checheno.
Rusia practica a diario en Chechenia un terror sistemático. Os "paseos" e as desaparicións están á orde do día; as operacións de limpeza étnica forman parte da vida cotidiana; torturas, mutilacións e asasinatos, xunto a tráfico de órganos, ilustran o carácter das innumerables denuncias formuladas contra as tropas do Kremlin. Cando algún militar ruso é condenado por feitos execrables, caso do coronel Budanov, rápidamente queda en liberdade (neste caso cun informe psiquiátrico que o declarou non responsable dos seus actos no momento en que estrangulaba a unha nena de quince anos). A impunidade é total e agora contan con carta branca: o 16 de abril pasado o secretario xeral do Consello de Europa entregaba unha medalla a Vladimir Kalamanov, representante especial de Putin para os dereitos humanos en Chechenia, en recoñecemento dos seus méritos. Milagres do 11S.
Nestas contexto, algo tiña que pasar, nun teatro ou nun cine, en Moscova ou noutra cidade rusa. A esperanza dun arranxo en Chechenia está lonxe. O diálogo político está en punto morto e ninguén semella interesado na súa reanudación. Para Putin, como para Bush, Iraq, Chechenia é unha carta política que pode resultar moi oportuna en función das necesidades do calendario electoral interno e do taboleiro rexional, exercendo unha desmedida presión sobre a Xeorxia transcaucásica.