Non teño a menor dúbida de que Bush ten cobiza de tirano, de exercer o poder absoluto e ser tamén o verdugo dos seus inimigos. Despois do que dixo hai uns días, recoñecendo a realidade das prisións secretas da CIA e defendendo os procedementos á marxe da lei, non hai dúbidas.
Pero nunha sociedade verdadeiramente democrática, aínda con todas as eivas que se queira, non é tan doado ser un tirano por moito poder que se teña, e é moito o que el ten. O poder xudicial, unha e outra vez, vénlle dicindo non á súa obsesión polos procesos secretos e polos chamados limbos legais á marxe das leis do seu propio país.
A morna actitude do partido demócrata, contribuíndo de maneira pouco explicable a que o poder lexislativo se abaixe, e se rebaixe, diante do executivo, pode explicar que Bush dixera tamén que as prisións secretas e os interrogatorios secretos salvaron moitas vidas. O que quere dicir que se puido acadar ese obxectivo porque el se puxo fóra da lei. Por casos menos graves foron procesados outros antecesores seus.