drons

Emprego de drons por organizacións criminosas: consecuencias colaterais da invasión ilegal da Ucraína.

Cando en febreiro de 2022 deu comezo o que o presidente ruso Vladimir Putin denominou eufemísticamente «Operación Militar Especial» (OME), e que se traduciu na ocupación (a segunda dende 2014) de territorio soberano da República da Ucraína, moitas cousas cambiaron. Unha delas foi a reestructuración das arquitecturas de combate vixentes ata a data. O emprego de drones alterou completamente o teatro de operacións desbaratando o equilibrio de forzas.
Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Europa
Palabras chave Drons Guerras tecnoloxía

Estes aparellos agora de completa actualidade levánse empregando, adaptados aos particulares «Zeitgeist» dende fai un século e medio. A súa primeira proba en versión motorizada fíxose nos EUA e remóntase a novembro do 1918, un mes antes do fin da Primeira Guerra Mundial.

O emprego masivo de drons por parte das FAU (Forzas Armadas da Ucraína) foi, e segue sendo, operado por militares nacionais e extranxeiros voluntarios. Entre estes últimos, non todos se desprazaron a zonas de conflito impulsados por motivos altruistas.

image 112
Persoal das FAU entrenando con drones. Fonte: https://www.irishtimes.com/world/europe/2025/11/06/ukrainians-and-foreigners-train-for-drone-warfare-at-kyivs-killhouse-academy/

No mes de xunio de 2026, Radio Caracol informaba  sobre a denuncia dun militar colombiano en servicio activo nas FAU, según a cal, estaban chegando a Ucraína integrantes do ELN e de disidencias das FARC para recibir entrenamento, entre outras materias, no emprego de drones FPV Según a testemuña do militar, polo menos cinco integrantes do ELN foron expulsados das FAU, outros morreron en combate e outros máis xa regresaran a Colombia. O soldado tamén afirmou que detectaran, e expulsaran, a cidadáns mexicanos enviados polos cárteles a territorio ucraíno coa finalidad de ser adestrados.

Respecto de este último país,  no ano 2024 , un mexicano identificado pola intelixencia ucraína (SBU) coma «Águia-7» uniuse, baixo pasaporte salvadoreño falsificado, a Lexión Internacional das FAU onde completou un curso de manexo de drones FPV en Leópolis nunhas instalacións coñecidas coma «Kill House Academy»

O SBU centrou a súa investigación no Grupo Táctico Ethos, unidade que operaba en sectores de Donetsk y Járkov e na que había voluntarios latinoamericanos. Tras intervirlles as comunicación, atoparon videos de planos de drones, de ataques executados en combate real e manuales de guerra electrónica que estaban sendo compartidos en grupos de WhatsApp e Telegram con prefixos telefónicos de Jalisco (+52 33) e Sinaloa (+52 667). Trala detención de «Águia-7» o SBU descubrió que non era un caso illado senón que formaba parte dunha célula na que había, polo menos, outros tres individuos.

Segundo un informe de Small Wars Journal, de xaneiro de 2026, integrantes de cárteles da droga latinoamericanos, principalmente mexicanos e colombianos infiltráronse na Lexión Extranxeira ucraína baixo identidades falsas para recibir entrenamento en manexo de drones FPV.

Este fenómeno tamén se extende ao Brasil tal e como recolle o xornal O Globo cando, en maio do 2026, informaba que a Subsecretaria de Inteligência da Secretaria estadual de Segurança Pública descubriu que traficantes do Comando Vermelho (CV) estaban recibindo entrenamento para operar drones de gran capacidade coa finalidade de ser empregados no transporte de armas e drogas en zonas do Rio de Janeiro controladas polo CV. A formación estaba impartindo un cidadán brasileiro que retornara pouco tempo atrás da zona de conflicto da Ucraína. Este voluntario retornou ao Brasil tras pasar máis dun ano combatindo e formándose nas FAU.

Segundo a Subsecretaria de Inteligência, esta persona teríalle dado a Edgar Alves de Andrade, «o Doca», un dos integrantes da cúpula do CV, unha placa balística do chaleco antibalas que el mesmo portaba en combate. Este «souvenir» puidera ser en «agradecemento» ao CV por pagar os gastos de desprazamento tanto seus coma doutro indiviudo máis que está a ser investigado pola Polícia Civil.

A Polícia Militar constatou, a través dunha grabación, como supostos integrantes do CV facían prácticas de voo no Complexo do Alemão, na Zona Norte do Rio, con drones con capacidade de portar ata oitenta kilos de carga cun radio de acción de doce kilómetros. Segundo fontes policiais, nesas prácticas estaban presentes uns dez «alumnos» e empregábase un drone inicialmente deseñado para tarefas agrícolas cuns tres metros de envergadura. Estas aeronaves aumentarían a capacidade do CV xa que con elas podería transportar armas en drogas entre diferentes áreas da cidade podendo chegar dende o Complexo do Alemão, a comunidades controladas polo CV como Cidade de Deus, Jacarezinho, Complexo do Lins e Complexo do Chapadão.

No eterno retorno do Efecto Mariposa, este adquire unha nova, a enésima, definición cando se ve como a decisión dun sátrapa do leste de invadir un país veciño, e en moitas facetas irmán, fai máis fortes, poucos anos despois, a organización criminosas no outro lado do orbe. O delirio da Operación Militar Especial produce monstros…