USA flag

Entre potencias e alianzas: a UE na transformación da orde internacional (II) Relacións transatlánticas en tempos incertos: a evolución da cooperación entre a Unión Europea e os Estados Unidos (2016–2024)

Esta serie de artigos constitúe unha traducción e aproximación ao estudo The European Union as a Moderating Factor in the Strategic Competition between the United States and China, publicado por Sofía Gómez González no repositorio da Universidade Pontificia Comillas. Nel, a autora analiza como, nun momento no que a competencia entre os Estados Unidos e China acada niveis de enorme tensión, e tras a recente chegada de Donald Trump á presidencia estadounidense, a Unión Europea pode desempeñar un papel moderador dentro dunha orde internacional en transformación. O traballo céntrase nos factores estratéxicos —económicos, tecnolóxicos e de defensa— que condicionan este escenario, subliñando a relevancia que ten para Europa. A cuestión resulta especialmente significativa, xa que da súa resolución dependerán tanto a supervivencia do chamado modo de vida europeo como a posición da UE no sistema internacional.
Liñas de investigación Relacións Internacionais Unión Europea
Apartados xeográficos Europa
Palabras chave EEUU Unión Europea UE

Ao longo do tempo, a Unión Europea foi unha das grandes favorecidas pola hexemonía norteamericana, a través de acordos de seguridade, vínculos comerciais, marcos institucionais, tratados internacionais, solidariedade entre democracias e coincidencias na estratexia xeopolítica. Ambas potencias comparten unha base de valores próxima en aspectos como a defensa da democracia, o respecto polos dereitos humanos, o Estado de dereito e a protección das liberdades económicas e políticas, coincidencia que adoita derivar en intereses comúns. Mais en 2016, coa elección de Donald Trump como presidente dos Estados Unidos, gran parte de Unión Europea percatouse da posibilidad de renuncia por parte do que fora o seu fiel aliado nas últimas décadas. «Make America Great Again» non se limitou á campaña electoral; Donald Trump iniciou políticas proteccionistas e illacionistas, que espertaron á UE da súa aparente confianza cega.

É principal destacar que a pesar da aparente afinidade, aos Estados Unidos, na súa posición cuasi hexemónica, interésalles debilitar á Unión Europea e, ao mesmo tempo, reforzar a dependencia que teñen os seus países membros respecto ao xigante estadounidense. É máis favorable para o país negociar bilateralmente cos países da Unión, un por un, que co conxunto, xa que este último é máis competitivo (economía fortalecida, maiores recursos, alianzas, etc.) e a falta de unión debilita aos actores. Esta lóxica é aplicable ao resto de organizacións e alianzas internacionais, polo que observamos que Trump está a tratar de desvincular aos Estados Unidos do multilateralismo para preservar o liderazgo na orde internacional. Esta cuestión é fundamental para comprender que, a pesar da estreita relación entre ambas potencias, a Unión Europea nunca deixou de ser un competidor comercial e económico.

A partir de 2021, a administración Biden tratou de reorientar as relacións transatlánticas e iniciou múltiples cooperacións, suprimindo as tarifas do artigo 232 de Donald Trump, mediante o Diálogo sobre Enerxía Limpa, o Consello de Comercio e Tecnoloxía… Especialmente entre 2022 e 2023, as exportacións e importacións entre os dous actores aumentaron considerablemente, destacando tamén que, tras a invasión de Ucrania por parte de Rusia, os Estados Unidos substituíron a Rusia como provedor de petróleo e gas natural. Así, Biden remataba o seu mandato con claras declaracións de boas intencións respecto das relacións transatlánticas.

O regreso de Trump en 2025 e as súas sacudidas a toda a orde internacional, incluídas as relacións transatlánticas, non deixaron a ninguén indiferente. Pouco despois do inicio da súa candidatura, o presidente puxo fin á Axencia dos Estados Unidos para o Desenvolvemento Internacional (USAID), falou dunha posible ocupación de Groenlandia e, respecto da guerra en Ucrania, a diferenza de Biden, Trump chegou a afirmar que Ucrania era o agresor e calificou a Zelensky de ditador, realizando tamén declaracións falsas sobre a axuda europea ao país.

A imprevisibilidade do presidente non remata aquí, xa que moitas destas declaracións e xestos contradíxoos ao pouco tempo, negando ter chamado ditador a Zelensky, apoiando o seu propio compromiso co artigo 5 da OTAN, amosando unha actitude moi positiva cara a certos líderes europeos… Isto rompe con todos os modelos coñecidos de diplomacia, xera un dano enorme tamén ás relacións transatlánticas e perxudica á confianza, ademais de dificultar o deseño de estratexias comúns. No inicio desta candidatura, evidenciouse máis ca nunca, por se alguén tiña algunha dúbida, non só que as relacións transatlánticas non serán tan amigables e cooperativas como no pasado, senón tamén que os Estados Unidos non serán, polo menos durante esta presidencia, o defensor dos valores que leva tratando de representar durante décadas. Esta conmoción xerou trastornos dentro da Unión Europea e observamos agora como cada país aborda a situación e a actitude cara ao xigante americano dunha maneira diferente, xerándose polo tanto unha división interna que dificulta a cooperación e o multilateralismo, en favor de Estados Unidos.

Podes descarregar o estudo “The European Union as a Moderating Factor in the Strategic Competition between the United States and China”, publicado por Sofía Gómez González no repositorio da Universidade Pontificia Comillas.

Referencias:

  • European Parliament. (2024, April 5). Joint statement of the 88th Transatlantic Legislators’ Dialogue (TLD) meeting. https://europarl.europa.eu/cmsdata/282103/Signed_statement_88th_TLD.pdf European Parliament. (2024, April). Transatlantic relations: The United States and Canada. https://www.europarl.europa.eu/factsheets/en/sheet/174/las-relaciones-transatlanticas-los-estadosunidos-y-canada
  • García Coso, E. (2024). Dilemas, oportunidades y perspectivas para la UE en las relaciones EE. UU.-China. En Instituto Español de Estudios Estratégicos (Ed.), Cuadernos de Estrategia 204: La dualidad económica Estados Unidos-China en el siglo XXI (pp. 199–250).
  • Ikenberry, G. J. (2018). Why the liberal world order will survive. Ethics & International Affairs, 32(1), 17–29. https://doi.org/10.1017/S0892679418000072
  • Kanat, K. B. (2018). Transatlantic relations in the age of Donald Trump. Insight Turkey, 20(3), 77–88. https://www.jstor.org/stable/26469845