O programa, que organizamos en colaboración coa UNED Pontevedra, grazas á convocatoria de subvencións do Ministerio de Exteriores -Prioridades da política exterior española, estrutúrase en liña coa investigación “España-China: Asociación estratégica para el conocimiento mutuo”, arredor das relacións diplomáticas bilaterais e a Asociación Estratéxica Integral España-China (2005), centrada no papel das CCAA, cidades, Universidade e sociedade civil na actualidade.
O programa estará cheo de sorpresas e o anuncio da viaxe a China do Presidente Rueda non poderá obviarse, cando ademais temos o precedente no ano 2017 da primeira visita ao xigante asiático dun Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo.
Subscríbete a IGADI TV e vén dar a volta ao mundo con nós o día do San Jordi.

