ano castelao juan carlos

Especial Ano Castelao (XI) O Centro Galicia de Buenos Aires proxecta en bucle a despedida do Maratón de Galeguidades 2025 na exposición “Castelao en Buenos Aires. A nosa tradición. O noso futuro”

No marco do especial do Ano Castelao do IGADI, que coordena a xornalista Paula Sabajanes, entrevistou a Juan Carlos Gómez, o gardián do legado de Castelao en Arxentina. A figura de Juan Carlos Gómez serviu para un texto do Especial Ano Castelao, mais tamén no seu formato audiovisual, para pechar a segunda edición do Maratón de Galeguidades da Deputación da Coruña, celebrado o pasado 24 de xullo.

O Centro Galicia de Buenos Aires proxecta agora a peza da entrevista a Juan Carlos Gómez que serviu de final ao Maratón 2025, no marco da Exposición “Castelao en Buenos Aires. A nosa tradición. O noso futuro”, inaugurada o pasado 25 de setembro e que poderá verse até o 8 de outubro no propio Centro Galicia.

ano castelao expo centro galicia
1000431341