Por que apoiou a iniciativa a prol de recoñecer a Castelao como primeiro presidente de Galicia?
A nosa institución apoiou a nominación de Castelao como primeiro presidente de Galicia no 2023, cando se fixo o pleno de presidentes de institucións galegas onde tivemos o primeiro achegamento coa xente de Galicia, con Chesqui, particularmente, e moitos presidentes que estaban alí nese momento. Claramente, compartimos o ideario básico de Castelao. Pensamos que é unha figura cumio da galeguidade. E porque Virxinia, a súa muller, era de A Estrada, temos moitas causas para apoiar esa nominación .
Que opina do acto de recoñecemento organizado polo Parlamento Galego en novembro de 2024 para homenaxear a figura de Castelao?
Para nós foi un recoñecemento da idea de Castelao primeiro presidente simbólico. Naturalmente, ver que esa idea xerminou, avanzou e se concretou. Qu se produciu esa xustiza histórica con ese recoñecemento do Parlamento danos orgullo e ledicia. Podo dicir que o que propuñamos xerminou, evolucionou e está dando os seus froitos. Estase a facer un recoñecemento histórico.
Que expectativas ten sobre a designación de 2025 Ano Castelao por parte da Xunta de Galicia?
No mes de abril, o Centro Cultural do Partido de A Estrada foi recoñecido co maior premio, a maior distinción que dá o Consello da Estrada que é o Salmón de Ouro. Eu fun a recollelo con moito orgullo polo que representa para nós e no discurso de agradecemento falei, entre outras cosas, de Castelao, do Ano Castelao e por que estamos a apoiar esta idea esta iniciativa do Ano Castelao. Está alí gravado.

Por que cree que os grupos parlamentarios da Cámara galega non apoiaron en xaneiro o recoñecemento oficial de Castelao como primeiro presidente de Galicia, presentado polo bloque en base a iniciativa do Partido Galeguista e das entidades de emigración do río da Plata?
A verdade é que eu iso non o podo contestar porque descoñezo o detalle das posturas de cada partido ao respecto. O que si te podo dicir, é que para min Castelao é una figura galvanizadora, de unidade do pobo galego. Un referente senlleiro. Entón eu non podo discutir xuridicamente se é o primeiro presidente ou non. Eu o tomo simbolicamente polo que representa. É como preguntarse se Xesús tiña DNI. Sería baixarlle o prezo.
Vai a súa entidade facer algunha programación especial con motivo deste ano Castelao?
Nós adherimos á homenaxe do 31 de outubro no Centro Galego. Non fixemos un acto propio porque dende as institucións promotoras formouse un comité que tivo xuntanzas periódicas desde maio ou abril para organizar este acto e nós nos subordinamos a ese comité e fixemos o acto perfecto que creo que todas as institucións teñen dito o mesmo.
Que pensa que diría Castelao se estivese agora aquí?
Boa pregunta. Eu penso que diría “viron que eu tiña razón”. A primeira reflexión é esa: viron que eu tiña razón. Cincuenta anos atrás, eu tiña razón. É a primeira reflexión que me ven á cabeza. É como que o mundo confirmou o seu pensamento. Foi anticipatorio. A evolución do mundo confirmou o seu pensamento. Eu non o coñecín, obviamente, pero o imaxino dicindo iso.
Un desexo para este ano, para os que formamos esta Galicia Universal?
O meu desexo é que siga no mesmo camiño, medrando moito e, sobre todo, que a xente da Galicia territorial e a da Galicia Universal teñamos cada vez máis claro que Galicia é unha e única grazas as achegas de todos. E non se podería entender a unha sen a outra. Galicia non se entende sen as achegas que teñen feito os miles e miles de emigrantes, dos fillos dos emigrantes e as contribucións directas como as escolas e outros dez millóns de exemplos que te podería nomear. Pero, sobre todo, pola achega á cultura universal. Gustaríame que se faga carne iso, de entender que todos formamos parte do mesmo, cada un desde o seu sitio, todos temos esa galeguidade dentro que brota en calquera lugar e que cando chegamos a Galicia, chegamos á casa.


