Europa e o 11S: Unha visión incómoda

Apartados xeográficos Estados Unidos ARQUIVO
Idiomas Galego

Esta semana se cumple por primeira vez o aniversario dos atentados terroristas contra as Torres Xemelgas en Nova York o 11 de setembro de 2001. É o aniversario do día que iba a dividir a cronoloxía en "antes" e "despois", do primeiro día histórico do terceiro milenio do que todo o mundo se lembrará: que facía un naquel momento. Se cumple un ano cheo de acontecimentos como consecuencia deste día, un ano no que unha serie de pensadores e filósofos, políticos e politólogos, etc. pronosticaron unha reorganización da orde mundial.

¿Se pode falar realmente dunha "nova orde mundial"? A resposta é sí, porque aínda
que alguén se negue a ver no 11 de setembro o principio dunha nova cronoloxía mundial, as reaccións exteriores dos Estados Unidos en canto á "guerra global contra o terrorismo", o fortalecimento de vellas alianzas e a provocada polarización entre o mundo occidental e o mundo oriental non deixaron inalterado o reparto dos poderes a nivel internacional. Ademáis, coa súa fórmula "¿Con nós ou contra nós?" " expresada o 20 de setembro ante o Congreso dos EEUU " o presidente George W. Bush dividiu o mundo en bos e malos, considerando determinados países (Iraq, Irán e Corea do Norte) coma o "eixe do mal". A pregunta é ¿qué papel tén Europa nesta nova orde mundial?

Dende a caída do Muro de Berlín " cando se acabou finalmente a Guerra Fría e con ela a polarización mundial entre as superpotencias EEUU e a Unión Soviética e as súas ideoloxías, o capitalismo e o comunismo " o mundo deixou de ser entendible como enfrontamento bipolar. Ahí se iniciou o "nation building" de todos os antigos actores que perderan o seu sabido papel: a Unión Soviética que deixou de ser unha superpotencia pero quería selo, os EEUU que se atoparon sen o inimigo de sempre, e Europa, campo de xogo dos protagonistas da Guerra Fría durante décadas, quedou fóra de sitio. Esta situación supoñía un desafío para prácticamente todos os actores principais da política internacional, e é entón cando realmente se reorganiza o mundo, pero sobre todo para Europa. Dende a Segunda Guerra Mundial o papel de Europa na política internacional era máis ben marxinal, dada a división en dúas zonas de influencia ou estadounidense ou soviética. Por iso, a caída do telón de aceiro suponía a apertura dunha zona enorme á influencia e ao mercado europeo occidental, dada a proximidade xeográfica e cultural, a historia común e a vontade dos novos países de aceptar os valores occidentais de capitalismo e democracia. Ademáis, a distensión das relacións entre EEUU e o bloque soviético, ao igual que o crecente pensamento comunitario da Unión Europea lle proporcionaba a posibilidade de establecerse como actor internacional, como mediador ou árbitro en conflictos internacionais.

Pouco despois da desaparición do bloque soviético e os seus aliados xurdiron unha serie de guerras entre os grupos étnicos da antiga Iugoslavia. Aquí Europa tivo a súa primeira oportunidade de actuar no seu novo papel, e aí foi, dónde por primeira vez fracasaron os intentos de xogar unha baza propia no escenario mundial como actor principal. Despois de mil e unha mediacións, negociacións e intervencións da denominada Comunidade Internacional, Europa resultou ser nada máis que un mero fantoche dos Estados Unidos. E iso ven sendo así dene entón, ata agora nada mudou. A Unión Europea non se aproveitou nin de unha soa oportunidade para gañar terreo no xogo internacional. As oportunidades foron varias, nas guerras balcánicas, no conflicto de Oriente próximo, ou na recente guerra contra Afganistán despois dos ataques terroristas do 11-S. Pero en ningún momento a Unión Europea se convertiu nun actor relevante cunha actuación propia.

As causas desta non-actuación son de distintos tipos: as políticas exteriores de cada un dos Estados membros non están nada axustadas, e aínda que a Política Exterior e de Seguridade Común (PESC) supón un dos tres pilares da "Construcción Europea", en realidade non se trata máis que de un mero proxecto, unha visión, certo que un pouco incómoda, porque pese a tanto idealismo o concepto da PESC sigue estando pouco elaborado e as ideas e consideracións sobre o mesmo non son de todo coincidentes. Aínda son os intereses nacionais e as alianzas tradicionais propias os factores decisivos para a actuación de cada país, e Europa non fala cunha soa voz respecto á política internacional, senón con 15 voces. A iso debemos engadir os conceptos distintos dos Estados membros da Unión Europea sobre seguridade e defensa, sendo a maioría dos socios membros da Alianza do Atlántico Norte (OTAN), mentras que outros son países neutrais.

A guerra contra Afganistán, levada a cabo despois dos acontecimentos do 11-S foi un exemplo por excelencia da pasividade europea. Mentres que Inglaterra, nun acto solidario, permaneceu unida ao seu aliado de sempre, EEUU, os demáis líderes europeos se quedaron á marxe, indecisos entre o apoio á actuación estadounidense e reflexións propias de política de seguridade. En ningún momento desde a declaración estadounidense de guerra a todo tipo de terrorismo, a Unión Europea destacou cunha actuación propia firme e relevante. E o mesmo se pode dicir ata agora nas consideracións actuais do presidente Bush sobre un posible ataque contra Iraq.

O suposto dunha acción militar contra Iraq supón un novo desafío para Europa, sobre todo porque é un caso distinto, dado que os intereses europeos son diferentes aos estadounidenses. En Afganistán, tanto os EEUU como a Unión Europea tiñan interese nun cambio del réxime. Quizáis a forma estadounidense de acadar isto finalmente "pasando por alto as normas do dereito internacional" non era do gusto de todos os europeos, pero a crueldade do ataque contra as Torres Xemelgas permitía xustificar as medidas. Pero no caso de Iraq, a Unión Europea ten intereses propios que non son idénticos aos de EEUU. A Unión Europea non quere eliminar a Sadam Husein, senón privalo das súas armas de destrucción masiva. Así mesmo, a Unión Europea pretende evitar unha desestabilización de Oriente Medio para asegurar que na rexión sexan os factores económicos os que primen, e non os militares. O que tamén debe importarlle a Europa, é a súa imaxe nos países musulmáns, contando a propia Unión Europea con millóns de habitantes inmigrados destes países, e ademáis con veciños e clientes con orixe nestes países. Unha actuación propia serviría non soamente para gañar terreo no campo internacional, senón sobre todo para actuar en beneficio dos seus propios intereses.

Ata agora os ataques terroristas contra as Torres Xemelgas en New York non cambiaron en nada o papel de Europa no ámbito internacional. Pero Europa sigue tendo a oportunidade de participar de forma activa na reorganización da orde mundial. Estamos en pleno proceso. A Unión Europea pode permanecer indecisa, pasiva e convertirse no "51º Estado norteamericano", como sinalou o filósofo Eduardo Lourenço. Pero tamén podería falar dunha vez por todas con voz propia, europea e distinta, aproveitándose desta oportunidade parafacer realidade a visión dunha Europa unida.