Artigo orixinalmente publicado no Informe anual da Acción Exterior de Galicia -Nós No Mundo 24-25
Nós no Mundo 2025 — EGAEX 2025-2029: E agora que?

Galicia e España ante o novo orzamento da UE: entre a centralización e o reto da competitividade

A proposta da Comisión Europea para o novo Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028–2034 marca un punto de inflexión na política orzamentaria da Unión Europea. Presentada como unha “reestruturación radical”, a realidade é máis complexa: trátase de facer moito máis co mesmo orzamento, cunha arquitectura institucional que pode ter profundas implicacións para España e, en particular, para Galicia.
Liñas de investigación Paradiplomacia Unión Europea
Apartados xeográficos Europa Acción exterior de Galicia

A principal novidade é a creación dos Plans de Asociación Nacionais e Rexionais (NRPPs), que substituirán os máis de 500 programas actuais por un único plan por Estado membro. Estes plans integrarán políticas ata agora diferenciadas como a Política de Cohesión, a Política Agraria Común (PAC), a política marítima e pesqueira, e mesmo programas sociais. A lóxica detrás desta fusión é a simplificación e a orientación a resultados, seguindo o modelo do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) do NextGenerationEU.

Porén, esta centralización esperta preocupacións en España, onde o modelo autonómico podería verse erosionado. Dito abertamente, quen goberne na primavera de 2027 ten a oportunidade de facer una reforma encuberta do noso estado autonómico. A nova estrutura outorga un maior poder (aínda) aos gobernos centrais (é dicir ao Ministerio de Facenda e concretamente á Secretaría Xeral de Fondos Europeos), relegando ás CC.AA a un papel secundario na planificación e execución dos fondos europeos. Isto supón un risco para a subsidiariedade e a gobernanza multinivel, principios fundamentais da UE, esenciais para garantir a participación dos territorios. Os Presidentes dos grupos da -ata as anteriores eleccións- Gran Coalición europea (populares, socialdemócratas, liberais e verdes- acaban de escribir a Von der Leyen pedindo a retirada da proposta por estas razóns.

En Galicia, a situación é especialmente delicada. A experiencia recente cos fondos europeos amosa desigualdades na distribución territorial. Segundo datos do Consello de Contas, en 2023 só o 3,7 % dos fondos europeos xestionados pola Xunta foron executados directamente polos concellos, e case un terzo dos municipios galegos non recibiron ningún recurso. As sete cidades principais acaparan a metade dos fondos, mentres que os concellos máis pequenos, especialmente nas provincias de Lugo e Ourense, seguen quedando á marxe.

A proposta da Comisión tamén non garante partidas específicas para o desenvolvemento rural ou urbano (que agora supoñen un 8% tanto dos fondos FEDER e da CAP), o que podería afectar negativamente a programas como o LEADER, fundamentais para o tecido socioeconómico das zonas máis despoboadas. A definición de despoboamento que este autor promoveu con éxito e que figura no Regulamento FEDER actual desaparece, sen que a Comisión se teña animado a incluír a nova definición que si formulou no 9º Informe da Cohesión Territorial.

A nivel estatal, España enfróntase ao desafío de reformular a súa estratexia de investimento público, xa que os fondos xa non estarán preasignados, senón condicionados ao cumprimento de reformas e obxectivos europeos, coma co MRR. Isto implica unha maior competencia por acceder aos recursos, especialmente en áreas como a innovación, a defensa ou a transición ecolóxica.

Neste contexto, a Xunta está a mobilizarse. A recente Declaración Galicia asinada pola Delegación Española do Comité das Rexións (iniciativa inusual ao ser un dos poucos espazos de consensos entre presidentes autonómicos e o liderado da FEMP), reclama un orzamento “xusto” que respecte o papel das administracións territoriais. A defensa da cohesión territorial, da participación territorial e da continuidade de fondos específicos para o desenvolvemento local son as principais demandas.

Ata aquí a narrativa estándar do que está a acontecer.

Ata finais de 2025 (o programas de Galicia dos Fondos Estruturais aprobáronse a finais de 2022) Galicia leva executado concretamente 2.5% do seu orzamento asignado. Isto non é excepcional dado que coincidiu co peche do orzamento 2014-2020 (que se podía gastar ata Decembro de 2023), coa choiva de millón do Plan de Recuperación (que hai que gastar ata agosto de 2026 e que a metade está sen asignar). Por iso, os programas actuais de Galicia apenas conteñen detalles de como se van gastar, a que é de lonxe a primeira partida inversora galega. Por exemplo, en despoboamento malia o xa identificado polo Consello de Contas, e que o goberno galego se sume ao chamado “Acordo Rural”. Pois ben, o Vicepresidente Fitto lanzou en maio a posibilidade dunha reforma drástica dos Programas actuais para polos ao día e acelerar o gasto. Galicia ten ata decembro do 2025 para facelo e non se coñece que o vaia facer.

Ademais España recibe a partires de xaneiro de 2026, otros 8.000 euros adicionais do fondo Social para o Clima (un fondo de 88.000 millóns a maiores de todos os fondos anteriores. A Xunta afirma que trasladará á UE os proxectos galegos que optan a financiamento do Fondo Social polo Clima ante a deixadez de funcións do Goberno central. Ou o que é o mesmo, o goberno central prosegue a vía iniciada co MRR de querer gardar todas as cartas, mesmo en materias de competencia autonómica. E as Comunidades , coma xa paso una célebre Conferencia de Presidentes con Von der Leyen para o reparto do Plan de Recuperación, en vez de facer exercicio da chamada “cogobernanza” entran nunha usura particularista coma cando co MRR Euskadi e Galicia, que supoñen menos do 10% da poboación española, pedían para sí a metade do Plan de Recuperación. Tamén co gallo do Fondo Social Climático, se definiu por primeira vez en Dereito comunitario o concepto de pobreza de Transporte. Concepto co que o Ministerio de Transportes xa está a traballar, e que terá un impacto na ordenación do noso territorio, así coma revisar o sempre polémico mapa de concesións. Para rematar agora que a Xunta volveu prometer recentemente que está a traballar na elaboración dun estatuto de pequeno municipio (logo do globo sonda de relanzar a fusión de concellos), o Ministerio de Reto está a traballar coas CCAA na definición de áreas funcionais, que serán claves para o reparto dos fondos europeos.

Non se coñece, certamente na nosa sé parlamentaria, que se discuta de nada disto.

Descarrega desde aquí o Informe anual Nós No Mundo 2024-2025

Podes coñecer as 16 edicións do Informe Nós No Mundo aquí.