Hungría… a nova Austria?

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego

O vindeiro 1º de maio os húngaros celebrarán a entrada na Unión Europea. Oitenta e tres anos despois do Tratado de Paz de Trianon, que de facto rematou co imperio Austro-Húngaro, Hungría e Austria estarán de novo baixo un mesmo tellado. E con eles entrarán tamén algunhas das súas provincias de hogano: Bohemia e Moravia (a República Checa), Eslovaquia, Craina (Eslovenia)…

Os vieiros de Austria e máis de Hungría dende entón non foron totalmente paralelos, especialmente de 1956, pero a situación política actual no contexto da Unión Europea ben podería ser semellante, ou alomenos podería lembrar, as constantes altas e baixas da extrema dereita no país alpino.

Hungría acolle con reticencias esta Unión. O referendo do 15 de abril de 2003 aprobou cun 86% a adehesión, mais foi certamente un fracaso participativo no que o grao de abstenzón case da en anular a validez do proceso. Semellante ao que acontece noutros países do mal chamado Leste de Europa, a Unión está mellor vista no medio urbano que no medio rural, agora ben as estatisticas demográficas, fan que esta diverxencia sea moi acentuada no país panónico.

Hungría ten 10.045.407 habitantes nunha superficie case catro veces máis grande cá Galiza. Con todo, Budapest ten 1.175.119 habitantes, e o resto das cidades 855.360. Un de cada 5 húngaros vive nun medio eminentemente urbán. Eis a primeira división profunda e fonda no interior do país: as cidades son principalmente de voto progresista e o medio rural fortemente conservador. Diferencia que non é especialmente salientable sen facer fincapé nos partidos políticos húngaros.

O sistema político actual húngaro é unha tea de araña de partidos minoritarios de ideoloxías frontalmente opostas. O partido no goberno na actualidade é o MSzP (socialista) herdeiros dos comunistas e cun forte pulo nas cidades e están coaligados co SzDSZ (o partido liberal), formación de centro esquerda. Na oposición dende abril do 2002 está o FIDESz (o partido dos novos demócratas, de corte democristián) que perderón sorprendentemente as elección ao non chegar ao 50% dos votos. Xunto con eles, o MDF (Foro Democrático Húngaro, que cuncurríu en alianza co FIDESz) e pequenos partidos de ideoloxía do máis diversa entre os que destaca a extrema dereita do MIEPI e un grupusculo heredeiro do antigo rexime, o KMP.

A clase política húngara ten unha moi mala imaxe a nivel nacional e o ton que empregan fóra de lugar, carente da máis mínima correción política, non axuda en absoluto á situación política do país. Os socialistas son acusados pola oposición de ser herdeiros do rexime comunista e de pactar unha entrada pouco honrosa de Hungría na Unión. A sociedade húngara descoñece de xeito absoluto que a entrada estaba pactada xa antes do referendo, como é normal. Enquisas indican que é agora, unha vez sexa membro, cando se debe negociar. Foi o FIDESz o que levou a cabo as políticas e pactou a entrada na UE antes de 2002. Pola súa banda, os socialistas, rodeados de múltiples escándalos de corrupción e sobre todo, cunha serie de lexislazóns que reducirían o poder das minorias étnicas residentes en Hungría (12 en total, con presencia directa no Parlamento e con dereitos educativos especiais) e, sobre, todo a protección ás minorías húngaras fóra de Hungría (por presións exteriores), bota creto político dun discurso da oposición "en especial do FIDESz- fortemente antisemita e xenófobo.

FIDESz posiblemente será a forza maioritaria no Parlamento Europeo por parte do electorado húngaro. O seu líder, o ex-primiero ministro Viktor Orban é con certeza a figura pública máis embelmática. Adorado no medio rural e polos círculos conservadores, este avogado de 41 anos, excelente orador, representa unha sorte de estandarte demócrata. A clase rural húgara mirao dun xeito que lembra ao culto á personalidade doutras épocas. Cun discurso fortemente antisemita cando a situación o cómpre e que ten unha gran acollida no rural, Orban é un claro exponente da democaracia cristiá europeista actual, que deriba a círculos máis dereitistas, caso de Fraga, Aznar ou Berlusconi… pero tal vez a súa habilidade verbal e o seu encanto televisivo faganlle ter unha semellanza maior co líder austríaco Jörg Haider. Hai unha diferencia clara entre os dous: Haider, cun discurso en puntos máis moderado có de Orban, está no precipicio da extrema dereita. Orban ten sempre detrás o pulo e a protección ideolóxica dun partido de extramadereita co que mantén unha relación de odio e amor, un partido con máis pulo do que as enquisas lle concede e que ten en Orban o trampolín do voto útil, ata o punto de que permite que el e o seu FIDESz sexan parte do PP Europeo, sabedores os do PP de que non é o extremo ideolóxico dereitistas en Hungría (Algo máis radical sempre modera a postura).

Pero se algo une ao austríaco e ao húngaro é a marcada división ideolóxica que provovan nos seus países: un ruralismo conservador que os dous explotan de xeito indiscutible, perante un urbanismo progresista (Viena ou Budapest son cidades pouco conservadoras politicamente falando e moito menos antisemitas) que fan que dos países da ampliazón, Hungría pase a ser (se Eslovaquia non o remedia) a principal candidata nun susto democrático coma o de Austria en 2000.

É que a UE non deixa que o tema principal de política exterior húngara siga a ser a protección dos case 5 millóns de húngaros que viven en zonas limítrofes a Hungría, herdeiros daquel imperio. A preocupazón polo respceto dos dereitos humanos, lingüísticos e legais destes húngaros fai que todos os partidos teñan que facer unha serie de concesións en contra dos países veciños para contentar á opinión pública local. O último problema foi a concesión por parte do goberno húngaro dun DNI "carente do valor dun pasaporte- aos húngaros exterirores con outra nacionalidade (principalmente romaneses) o que provocou un incidente diplomático e unha rolda de negociacións entre Bucarest e Budapest. A UE e a libre ciruclación de cidadáns e visto polos conservadores húngaros como a perda final e o pulo necesario para a perda da Hungría exterior (inmigrazón masiva a Hungría, que hoxe en día ten unha moi dura lexislazón en materira de naicionalidade). Pola contra, os socialistas preséntana como a mellor ferramenta para a defensa da cultura húngara nos territorios perdidos.

O 1 de maio a cidade de Pécs recibirá á UE na praza de Széchenyi… escoltada pola mesquita construida polos Otomanos no século XV e que vén sendo o edificio Otomano máis septemtrional de Europa. A Unión Europea entra nos Balcáns ‘profundos’ -senon xeográficos si históricos- e a caótica clase política húngara non é máis "ou iso parece— que o primeiro chanzo cara o andar da seguinte parada da UE: 2007 con Romanía, Bulgaria, tal vez Croacia e… Turquía?