Documento escrito e traducido ao galego por Luis Antonio González Francisco, orixinariamente publicado en castelán polo OIET (Observatorio Internacional de Estudios sobre Terrorismo).
images IMAGEN DE QASSEM SOLEIMANI JUNTO A ALI JAMENEI

Impacto e repercusións da morte de Soleimaní no movemento xihadista no Iraq.

A mesquita de Jamkaran é un lugar importante para a rama chií do Islam. Situada na cidade iraní de Qom, dise que foi construída segundo as indicacións de Hadrat Hojjat ibn al-Hasan, o imam Mahdi, o imam número doce, figura de gran relevancia para a corrente chií duodecimana, seguida aproximadamente polo 95% dos habitantes de Irán.

Liñas de investigación Relacións Internacionais
Apartados xeográficos Outros
Idiomas Galego

A mesquita de Jamkaran é un lugar importante para a rama chií do Islam. Situada na cidade iraní de Qom, dise que foi construída segundo as indicacións de Hadrat Hojjat ibn al-Hasan, o imam Mahdi, o imam número doce, figura de gran relevancia para a corrente chií duodecimana, seguida aproximadamente polo 95% dos habitantes de Irán.

O pasado día cinco de xaneiro foi izada no recinto relixioso unha bandeira vermella co lema “Ya la-Tharat al-Hussein”,expresión que pode ser traducida coma: “Oh vós, vingadores de Hussein”, en referencia a Al- Husein Ibn Ali,  neto de Mahoma e figura clave da fe chií.

Non era a primeira vez que esta bandeira ondeaba sobre a mesquita de Jamkaran, aínda que nesta ocasión o pavillón foi izado por unha causa de grande relevancia. Segundo o Hoiatoleslam Yassine Hossein Abadi, administrador da mesquita: “Despois de escoitar ao Líder Supremo [O Aiatolá Alí Jamení] pedindo unha forte vinganza, despregamos esta bandeira para que todos os crentes do mundo e tódolos loitadores pola liberdade se reúnan en torno a ela para vingalo sangue inxustamente derramado de Qasem Soleimaní”.

 

images IMAGEN DE QASSEM SOLEIMANI JUNTO A ALI JAMENEI

Pregaria do Líder Supremo da Revolución Islámica, o Aiatolá Alí Jameneí, polo Tenente Xeral Qasem Soleimaní realizada o 10 de marzo do 2019. Fonte http://spanish.khamenei.ir/news/3612

O Tenente Xeral Qasem Soleimaní, líder da Forza Quds, unidade de elite do Corpo dos Gardiáns da Revolución Islámica, tamén coñecidos coma Pasdarán, encargada das misións extraterritoriais aterrou no aeroporto de Bagdad (Iraq) procedente de Damasco (Siria) o pasado tres de xaneiro. Mentres era trasladado en vehículo foi obxetivo dun ataque de EE.UU. executado mediante un RPAS, coloquialmente coñecido coma drone, equipado con misís Hellfire R9X Ninja. Segundo apunta, José Ignacio Castro Torres, Coronel do Exército de Terra e analista do prestixioso Instituto Español de Estudos Estratéxicos (IEEE), cabe a posibilidade de que  “…parte da intelixencia necesaria para realizala operación fose proporcionada por Israel, xa que a forma de eliminar ao obxetivo é máis parecida ás accións israelís que ás estadounidenses, que solen empregar a forzas de operacións especiais”.

Entre os mortos tamén se atopaba Abu Mahdi Al Muhandis, cadro de alto nivel de Hashd al Sha'abi (Forzas de Mobilización Popular) milicias chiíes do Iraq, apoiadas por Teherán. O Líder Supremo da Revolución Islámica, o Aiatolá Alí Jameneí, declarou sobre a morte do carismático militar iraquí: “Súa marcha cara Deus non pon fin ao seu camiño ou á súa misión, pero unha poderosa vinganza agarda aos criminais que teñen seu sangue e o  sangue dos outros mártires de onte á noite nas súas mans”.

Perante a madrugada do oito de xaneiro, a División Aeroespacial  dos Pasdarán lanzou varios misís terra-terra dende chan iraní que impactaron contra dúas instalacións militares en Iraq que contan con presencia estadounidense: Ain Al-Asad e Erbil. O ataque recibiu o nome de “Operación Mártir Soleimaní”.

Apenas 48 horas despois da muerte de Soleimaní, o Parlamento do Iraq aprobou unha resolución non vinculante na que pedía ao Goberno do país a expulsión das tropas dos Estados Unidos. Case de maneira paralela a coalición internacional despregada na zona no marco da Operación Inherent Resolve para combatir o xihadismo de Daesh anunciaba a suspensión das súas operacións antiterroristas adicándose exclusivamente a protexer seus efectivos e instalacións.

Tralo ataque iraní contra as instalacións militares de Ain Al-Asad e Erbil, o Xeral Amir Ali Hajizadeh, Comandante da División Aeroespacial do Corpo dos Gardiáns da Revolución Islámica de Irán compareceu nunha rolda de prensa retransmitida pola televisión estatal iraní. Hajizadeh afirmou que Irán tiña capacidade para golpear ás tropas de EE.UU. en toda a rexión e que o ataque con misís non tiña coma obxetivo crear baixas estadounidenses, xa que  se estiveran “buscando matar” nuna primeira acción morrerían 500 efectivos estadounidenses e en caso de resposta, outros “4.000 a 5.000” perderían a vida “en 48 horas”.

Coma en declaracións deste tipo é tan importante o que se di coma a posta en escea, Amir Ali Hajizadeh compareceu flanqueado por nove bandeiras distintas. De esquerda a dereita podíanse ver os pavillóns de Irán, a do Corpo dos Gardiáns da Revolución Islámica de Irán e a da súa División Aeroespacial. As seguintes correspondían ao grupo libanés Hezbolá, ao  Ansarolá , organización que engloba aos rebeldes hutíes do Iemen, a Hashd al Sha'abi, ás Forzas de Movilización Popular iraquíes, a organización palestina Hamas, ao grupo afgano Fatemiyoun, creado baixo os auspicios dos Pasdarán en 2013 o cal  desprazou a Siria a uns 50.000 afganos das comunidades chíies da etnia hazara, para combatir a favor de Bachar Al-Assad e ao Zainabiyoun, milicia integrada por chíies orixinarios de Pakistán cuios compoñentes despregarónse en Siria en apoio ao réxime de Damasco.

images IMAGEN COMPARECENCIA GEN AMIR ALI HAJIZADEHpng

Imaxe da comparecencia televisiva do Xeral Amir Ali Hajizadeh, Comandante da División Aeroespacial do Corpo dos Gardiáns da Revolución Islámica de Irán. De esquerda a dereita pódense ver as banderas de Irán, dos Pasdarán,da súa División Aeroespacial, do Hezbolá (Líbano), Ansarolá (Iemen), Hashd al Sha'abi (Iraq), Hamas (Palestina), Fatemiyoun (Afganistán) e Zainabiyoun (Pakistán).Fonte https://english.alarabiya.net/en/News/middle-east/2020/01/09/Iran-military-commander-appears-in-front-of-proxy-flags-on-state-TV.html

A relación do Irán cos grupos armados de outros países pode estar sustentada na interpretación da Constitución da República Islámica de Irán. No Capítulo 10, referente á política internacional, contempla no seu artigo 154 que Irán “abstense por completo de calquer tipo de intervención nos asuntos internos de outras nacións” para puntualizar a continuación que “apoia as loitas dos oprimidos contra os opresores” especificando que este apoio darase  “…en calquer parte do mundo”. Este apoio a organizacións de outros países vai máis aló do posicionamento teórico e deuse en accións de “vinganza” coma a prometida trala morte de Qasem Suleimaní.

En xaneiro de 2015 un convoi en Quneitra (Siria), perto dos Altos do Golán ocupados por Israel, foi alcanzado por misís disparados dende helicópteros de combate israelís. A consecuencia do ataque, resultaron mortos o Xeral Mohammad Ali Allah-Dadi, da Forza Quds dos Pasdarán, outros seis militares iraníes así coma outros tantos integrantes do Hezbolá. Entre estes últimos atopabáse Jihad Mughniyeh, fillo de Imad Mughniyeh, responsable de varios ataques terroristas e figura de gran relevancia ata a súa morte en Damasco en 2008, nunha acción atribuida a Israel. Hassan Nasralá, máxima autoridade do Hezbolá describiu  esas mortes coma “A mestura da sangue libanesa coa sangue iraní en chan sirio” afirmando que esta circunstancia reforzaba a existencia  “Dunha causa, un destino e unha batalla”.

Unha semana despois, vehículos militares israelís que circulaban na zona das granxas de Shebaa e a aldeia de Ghajar, preto da fronteira co Líbano recibiron o impacto de misís antitanque Kornet, resultando mortos dous soldados israelís. O Hezbolá reivindicou o atentado afirmando que este fora executado pola “Unidade Mártires de Quneitra” en vinganza pola morte dos membros do Hezbolá e dos Pasdarán. Este ataque tamén tivo outra derivada: o fogo israelí de resposta  causou a   morte do cabo do Exército de Terra Francisco Javier Soria Toledo, integrante do continxente español da  FINUL (Forza provisional das Nacións Unidas no Líbano).

Tras coñecerse a morte de Qasem Suleimaní, o influinte crego chií Muqtada al Sadr, anunciaba públicamente: “Ordeno aos muxahidín, particularmente ao Exército do Mahdi (…) que estén preparados para a plena protección de Iraq”. Días despois  reuniuse  con outros grupos iraquís para coordinar a resposta á negativa estadounidense a retirar súas tropas de Iraq tal e coma  demandaba o primeiro ministro iraquí, Adel Abdul Mahdi. Al Sadr, figura visible de Sairún (Alianza Cara as Reformas, en árabe) a coalición máis votada nas eleccións lexislativas de Iraq do 2018 oponse á  inxerencia en Iraq tanto de EE.UU. coma de Irán aínda que  trala morte de Suleimaní é claramente partidario de que as tropas estadounidenses abandonen Iraq.

A milicia de Muqtada al Sadr, o Exército do Mahdi (Jaysh al-Mahdi), fundada no 2003 foi un dos grupos armados máis potentes do Iraq ata o 2008, ano no que, despois dunha forte ofensiva na súa contra, firmou un alto o fogo coa coalición internacional. O 4 de abril de 2004, o Exército do Mahdi lanzou un violento ataque contra a base Al Andalus de Naiaf na que estaban destacados militares españoles os cales afortunadamente non tiveron que lamentar baixas.

O Daesh tamén se posicionou sobre o asasinato do Tenente Xeral Soleimaní. Fixoo a través dun editorial publicado no número 216 do seu semanario al-Naba.  O Daesh “felicitase” polo feito de que Estados Unidos e Irán se ataquen entre sí, circunstancia que fai que deixen de prestar atención “aos musulmáns”, esto é aos xihadistas, circunstancia que beneficia a estes últimos. Tamén incide na preocupación existente en Europa sobre o impacto que esta acción poida ter nas capacidades do Daesh. Igual que en outras ocasións, consideran o feito coma un acto de intervención divina no seu favor ao afirmar que a morte de Soleimaní “Creou cambios no camiño da campaña dos cruzados contra o Estado Islámico  e seus soldados, que cremos que é parte do apoio de Deus aos seus pacentes muxahidín

 

images IMAGEN AL NABA1

Imaxe da editorial sobre o asasinato do Tenente Xeral Qasem Soleimaní publicado no número 216 del Al-Naba, o semanario do Daesh.

Aínda que a maior parte das operacións antiterroristas sobre o terreo son realizadas polas forzas armadas iraquíes, para estas é moi importante tanto o apoio loxístico coma o adestramento que reciben por parte da coalición internacional contra o Daesh. Apoio loxístico e adiestramento ten unha relación directamente proporcional coa estabilidade no escenario iraquí a cal no se atopa nos seus mellares momentos.

A anunciada “vinganza” do Irán podería chegar a través dos distintos grupos armados sobre os que ten influencia. Estes grupos, aínda que non todos coas mesmas capacidades e ámbito de actuación, extendense nunha área xeográfica que pode ir dende a ribeira do Mediterráneo ata o Hindu Kush.

De chegar a materializarse accións deste tipo, estas non farían senon contribuir, aída máis se cabe, ao enrarecemento da situación o cal tería unha derivada na convivencia. Aínda que sexa transitar polos carreiros do obvio, non está por demáis lembrar, e o Iraq é un ejemplo palmario diso, que situacións de inestabilidade e de enfrontamento con tinguiduras marcadamente sectarias son o caldo de cultivo ideal para o frorecemento de organizacións terroristas de inspiración xihadista.

A morte de Al Baghadadi, foi o colofón a unha serie de fortes derrotas sufridas polo Daesh que remataron expulsándoo do territorio que tiña baixo o seu  control. Esta perda territorial nin foi inocua nin se debeu a unha implosión interna senon que foi precisa a participación activa da acción combinada de varias potencias militares de 74 países distintos. Ben é certo que estas non empregaron tódalas súas capacidades e que o Daesh escudouse na  poboación que residía nas zonas que controlaba.

Esta poboación civil que sufriu, pola máis expeditiva vía dos feitos,  a distorsionada interpretación da fe islámica dos xihadistas do Daesh, debido á catastrófica situación na que se atopaba, no viu con malos ollos, ao menos na súa fase inicial, a implantación do “califato”.

Trala toma da cidade de Mosul en 2014, o Daesh realizou un importante despregue de medios para reparalos danos nas vías públicas e realizar tarefas de limpeza. Alí al Zubai, un dos membros do Consello de Gobernación de Nínive, declarou que despois de que os xihadistas controlasen a cidade a situación mellorara moito xa que se estaban a centrar en proporcionar servizos que antes o goberno no daba, sendo esa unha “das tácticas más perigosas do Estado Islámico”. En Faluia os integrantes do Daesh  foron recibidos con ledicia por unha parte importante da poboación que consideraba a súa chegada coma “a conquista islámica”.

Neste punto cobran especial relevancia as declaracións  do Tenente Xeral estadounidense Paul LaCamera, realizadas en marzo do 2019 trala caída de Baguz, a derradeira praza forte dos xihadistas en territorio sirio. O militar estadounidense afirmou: “A  loita contra o Daesh e o extremismo violento está lonxe de rematar . Non nos equivoquemos. Están a reservar forzas e fixeron cálculos para manter aos seus combatentes e a súa capacidade militar escondéndose en campos de desprazados internos ou en áreas remotas”.

A situación actual do Daesh dista moito das veleidades expansivas das que estaba imbuído fai uns anos, malia todo, en modo algún pode ser considerado unha ameaza controlada. O xihadismo, do que o Daesh é o expoñente máis mediático pero non o único,  está especialmente atento ás variacións experimentadas polas sociedades ás  que pretenden parasitar co fin de aproveitar situacións flagrantes de inseguridade e enfrontamento militar e/ou civil para aumentalos seus medios, seus militantes e súas capacidades.

Unha hipotética escalada no nivel de hostilidades no escenario iraquí corre o risco de converterse para o xihadismo en xeral e para o Daesh en particular, nunha fiestra de oportunidade para tratar de revivir seus “delirios califais”.

A elevada complexidade da actual situación en Iraq, enrareceuse aínda máis se cabe tralo asasinato do Tenente Xeral Qasem Suleimaní. Isto  traducese en tensións interconectadas en diversos planos que obedecen a variados intereses xeopolíticos, no que a máxima autoridade do actor con maior capacidade de influencia parece actuar coma o meniño que tiña nas súas máns un caleidoscopio, o cal, en verbas do pensador alemán Walter Benjamin (1892-1940) “destrúe mediante cada xiro o ordenado para así instaurar unha orde nova (1).

Todo isto xenera un labiríntico escenario no que actúan unha variada poliarquía armada con diversas lealdades, efectivos militares de países extranxeiros  compartindo espazo todos eles con organizacións  xihadistas coma o Daesh que se atopa  a  espera dunha ocasión idónea para tratar de implementar a súa expansión.

Ese nada prometedor orde de cousas amosa un complexo panorama no  Iraq do que, parafraseando a Sun Tzu(2), unicamente cabe esperalo inesperado.

Luís Antonio González Francisco é analista de Relacións Internacionais.

 

Referencias.

 [1]  “O curso da historia, representado baixo o concepto de catástrofe, no pode reclamar máis do pensador que o caleidoscopio nas máns dun meniño que destrúe mediante cada xiro o ordenado para así instaurar unha orde nova”.  Benjamin, Walter, “Obras Completas”, Libro I, Volumen 2, Ed. Adaba (2006), p. 266.

[2]  “O que é prudente e espera a un inimigo que non o é, será o vencedor”. Sun Tzu “O arte da guerra”, Ed. Fundamentos (2003), p.73.