20050925polonia jaroslaw kaczynski pis

Incertas transicións polacas

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Jaroslaw Kaczynski, clic para aumentar
Polonia debatirase entre dous candidatos da oposición, os cales colindan ideolóxicamente entre o conservadurismo e o liberalismo. O partido da Lei e a Xustiza (PiS), de Lech Kaczynski, acadou o 28% dos votos, mentres a liberal Plataforma Cívica (PO) de Donald Tusk, obtivo o 24% dos sufraxios. Entre Kaczyinski e Tusk conformarase unha coalición de goberno inédita e curiosa, porque o futuro presidente polaco podería ser o irmán de Lech, Jaroslaw Kaczynski (na foto). As elecións presidenciais están pautadas para dentro de duas semáns.
 

Confusión de modelos, transición inacabada. As eleccións lexislativas polacas do pasado domingo semellan un exercicio incerto de memoria histórica e expectativas de futuro. A alta abstención e o xiro á dereita liberal da política polaca, en detrimento dunha socialdemocracia desprestixidada por algúns escándalos de corrupción, evocan unha mensaxe inquietante e unha sensación social de desgaste.

Polonia debatirase entre dous candidatos da oposición, os cales colindan ideolóxicamente entre o conservadurismo e o liberalismo. O partido da Lei e a Xustiza (PiS), de Lech Kaczynski, acadou o 28% dos votos, mentres a liberal Plataforma Cívica (PO) de Donald Tusk, obtivo o 24% dos sufraxios. Entre Kaczyinski e Tusk conformarase unha coalición de goberno inédita e curiosa, porque o futuro presidente polaco podería ser o irmán de Lech, Jaroslaw Kaczynski. As elecións presidenciais están pautadas para dentro de duas semáns.

A debacle afectou á gobernante Alianza da Esquerda Democrática, LSD, do presidente Alexander Kwansniewski: do 41% os votos que obtivera nas lexislativas do 2001, agora recibiu só o 11%. Os outros partidos que aumentaron ou mantiveron o seu status son de tendencia radical, centrista e conservador: o partido da Autodefensa, a Liga das Familias Polacas e o Partidos dos Campesiños. A abstención foi a outra protagonista: un 59,6% dos polacos non foi a votar, nunha demostración de castigo cara a clase política.

Os dous partidos máis votados proveñen de sendas escisións do movemento sindical Solidariedade. Precisamente, o sindicato fundado por Lech Walesa acaba de cumprir 25 anos, en medio dunha celebración que pasou sen pena ni groria. Pero hoxe, o PiS e o PO apenas conservan o ideario orixinal de Solidariedade: o primeiro fúndese nunha mestura de conservadurismo católico, conciencia social e economía de libre mercado. O segundo é marcadamente liberal.

O curioso, en termos de integración europea, é que a postura máis entusiasta coa adhesión, a do gobernante LSD, foi a peor parada nos recentes comicios. Con Kwasniewski na presidencia, Polonia ingresou na Unión Europea en maio de 2004. Do mesmo xeito, este goberno xa apoiara a guerra de George W. Bush en Iraq, incluso enviando tropas. As políticas económicas do LSD permitiron un crecemento do PIB e unha baixa na inflación, pero estouparon cun desemprego do 17,8%, o máis alto dos países da UE.

Pero moitos votantes, especialmente na mocedade, relaciona á esquerda polaca co pasado comunista e a corrupción presente. Por iso, o candidato mellor valorado do partido de goberno, o presidente do Parlamento Wodzimierz Cimoszewicz, rexeitou a súa candidatura ante a forte e desleal campaña de desprestixio na súa contra, deixando o escenario en mans dos liberais e centristas-conservadores.

Os dous vencedores das lexislativas manifestan unha mensaxe máis euroescéptica, quizais consóno coa percepción popular. En 1996, un 61% dos polacos aseguraban que o ingreso na UE melloraría as súas condicións de vida. Hoxe, con Polonia no clube dos 25, ese índice rolda o 16%. As axudas dende Bruxelas, especialmente no agro, beneficiaron a un país cunha taxa poboacional entre as mais altas da UE. Pero as expectativas de riqueza e benestar dos noventa non corren coa mesma intensidade nestes momentos.

Do mesmo xeito, a mocedade polaca afirma que no país imponse unha "moda conservadora". A xeración post-comunista semella mais pragmática, individualista, negadora do pasado. E, aparentemente, seducida polo liberalismo anglosaxón: non é unha casualidade nin unha banalidade que a emerxente emigración moza de Polonia elixa, preferentemente, Gran Bretaña e EEUU como o seu destino.