20080124 senado roma romano prodi

Italia fronte ao seu futuro

 Romano Prodi; clic para aumentar
A caída do goberno de Romano Prodi, en medio dunha liorta monumental no Senado o 24 de xaneiro, foi consecuencia da deserción dun micropartido, pola dimisión do seu líder como ministro de xustiza, collido nunha investigación sobre corrupción. Pero as razóns van máis alá, xa que os desertores teñen unha orientación democratacristián, con fortes vencellos co Vaticano, e respaldan a presión que éste está a exercer para recuperar presencia política e modificar, entre outras cousas, a lei do aborto. (Foto: Romano Prodi momentos antes de coñecerse o resultado da votación do Senado, o 24 de xaneiro de 2008).
 

Os últimos meses teñen sido duros para os italianos, España ven de superar a súa renda per cápita, según algunhas medicións, un sorpasso inpensábel ata hai pouco. Os problemas coa xestión do lixo en Nápoles amosaban ao mundo o grado de desorde do mezzogiorno, onde sempre hai outra maneira de facer as cousas, coa participación da camorra, da mafia ou da ´ndrangheta.

A caída do goberno de Romano Prodi, en medio dunha liorta monumental no Senado o 24 de xaneiro, foi consecuencia da deserción dun micropartido, pola dimisión do seu líder como ministro de xustiza, collido nunha investigación sobre corrupción. Pero as razóns van máis alá, xa que os desertores teñen unha orientación democratacristián, con fortes vencellos co Vaticano, e respaldan a presión que éste está a exercer para recuperar presencia política e modificar, entre outras cousas, a lei do aborto.

Ademáis, todos os pequenos partidos temen unha anunciada reforma electoral para correxir a excesiva proporcionalidade do sistema actual. O cálculo táctico do presidente de Forza Italia, Silvio Berlusconi, de 71 anos, que ten as enquisas a favor, impedíu a creación dun goberno técnico para cambiar a lei, como propuña o presidente da República, Giorgio Napolitano.

Todo esto soa a máis do mesmo: os problemas dun país que se move nun círculo vicioso, ata o punto de poder repetir un goberno dirixido por un político atípico, que na ocasión anterior adicouse principalmente a protexer os seus intereses mediáticos e a botar terra sobre os procesos penais que tiña abertos. O que non fixo foi mellorar a situación da economía que, según a OCDE, é a máis intervida do mundo desenvolvido con regulacións, explícitas ou consuetudinarias, que agochan unha extensa rede de intereses corporativos.

Pero Italia está a cambiar devagariño e vaise abrindo un espazo para a esperanza. O goberno de Berlusconi conseguiu manterse cinco anos no poder, un récord salientábel nun país que tivo 20 gobernos con doce primeiros ministros diferentes dende o ano 1982, cando España tivo tres presidentes no mesmo período. A principal aportación de Prodi foi unha reforma fiscal que mellorou os ingresos do Estado e reduxo o déficit, aínda que a tea de araña dos intereses corporativos non lle permitíu abordar a problemática do gasto. Ademáis, nos anos recentes, foron caendo os máximos dirixentes da mafia e da camorra, que están a perder influencia.

Existe respaldo popular a unha reforma electoral e vanse consolidando dous bloques de centro dereita e centro ezquerda, liderados por Forza Italia e polo Partido Democrático. É mágoa que non se puideran realizar os cambios nas reglas de xogo antes das vindeiras eleccións de abril, que poden dar paso, outra vez, a un goberno feble, dependente dunha coalición complicada. Porque as optimistas previsións de Berlusconi van ter que se contrastar coas aspiracións do novo líder do Partido Democrático, o popular alcalde de Roma, Walter Veltroni, un político que representa a unha xeneración máis xoven, aburrida do politiqueo que está a estragar a potencialidade do país.