O poder ten que demostrar que é poder, dixo con satisfacción o Presidente Kuchma comentando a noticia sobre o desprazamento forzoso do campamento de tendas instalado na céntrica rúa Khreschatyk de Kiev polo movemento "Ucraína sen Kuchma". As forzas da orde pública necesitaron soamente 30 minutos para executar o ditame dun xulgado do distrito centro da capital que ordenaba o seu desmantelamento porque presentaban perigo para a orde pública e danaban o patrimonio arquitectónico.
O ataque contra a oposición lanzouse ao día seguinte da publicación do informe do Instituto da Prensa Internacional sobre as cintas e a carta do Presidente Bush dirixida ao seu colega ucraíno. Os expertos de Viena non puideron confirmar nin desmentir a presunta falsificación das grabacións realizadas no despacho do Presidente. Si declararon que a probabilidade de que sexan falsas é moi pequena. Sen embargo, a oposición sentiuse debilitada pola inexistencia de crítica aberta na mensaxe do presidente norteamericano. Na súa misiva, Bush limitabase a lembrar a Kuchma a necesidade de manter os principios da supremacía da lei, da democracia e dos dereitos humanos. ¿Por qué agardarían outra cousa?
O réxime, impaciente por asestar un golpe á oposición, considerou chegado o momento oportuno para proceder contra a manifestación máis atrevida do movimento anti-Kuchma. Non obstante a minuciosa preparación e a axilidade con que se executou esta operación provocou unha reacción inmediata do embixador norteamericano quen media hora máis tarde se presentou no Ministerio de Asuntos Exteriores expresando a súa preocupación polos feitos. ¿Máis do mesmo? O Departamento de Estado de EEUU emitiu unha declaración instando un rápido esclarecemento do caso Gongadze.
Alarmante para o réxime foi a publicación en Financial Times dunha carta do famoso financiero G. Soros dirixida ao presidente ucraíno que levaba por título Deixe paso, Sr Kuchma". Soros lembraba que a reelección de Kuchma para o segundo lustro fortalecería as posicións dos oligarcas corruptos. Os diarios máis populares situaron a información sobre a expulsión do campamento de tendas no interior das súas edicións limitándose a comentar que as forrzas da orde seguiron ao pe da letra o mandato xudicial. Lamentablemente, na prensa local prestaselle pouca atención á investigación do asasinato do director do periódico dixital "La verdad de Ucrania", Gongadze. Excepción moi notable neste contexto foi a publicación no prestixioso semanario "Zerkalo Nedeli" dunha imaxe do desaparecido sobre un fondo de parede acribillada coa inscripción: "A verdade da Ucraína só é unha: non estás entre nós.