Reseña do artigo académico: Performing Macao. Beyond the Script: Unlocking Language and Culture Through Drama Education.
Modesto Corderi estivo entre o 26 e o 29 de decembro de 2025 na 第十一届IDEA国际戏剧教育应用与合作大会 11ª Conferencia mundial sobre teatro e educación convidado pola IDEA (International Drama/Theatre and Education Assocciation) celebrada no 中央戏剧学院 Central Academy of Drama de China en Beijing.

Macau máis alá do guión: Abrindo a linguaxe e a cultura a través da educación dramática

O ensino de linguas estranxeiras require hoxe máis do que nunca de enfoques innovadores que superen a repetición mecánica e acheguen ao estudantado á riqueza cultural que subxace en cada idioma. Neste traballo quixen amosar como as artes, e en particular a pedagoxía teatral, poden converterse nunha ponte creativa e sen estrés para a aprendizaxe do chinés mandarín.
Liñas de investigación Observatorio de la Política China
Apartados xeográficos Asia
Palabras chave Macau linguas Cina

Macau, enclave portugués en China entre 1557 e 1999, constitúe un laboratorio excepcional de diálogo intercultural. A súa historia, marcada pola interacción profunda entre as tradicións chinesa e portuguesa, a influencia xesuíta, os cambios socioeconómicos e a súa riqueza e variedade cultural, ofrece un marco incomparable para experimentar con metodoloxías pedagóxicas que integren lingua e cultura.

No artigo presento tres actividades baseadas no drama que vinculan directamente este legado histórico coa enseñanza do idioma:

  • Recreación histórica: O alumnado revive a creación do primeiro dicionario portugués-chinés elaborado por Matteo Ricci e Michele Ruggieri no século XVI, descubrindo a importancia da romanización como ferramenta pioneira. E coñece ao xesuíta español Diego de Pantoja, un dos pioneiros das relacións entre España e China.
  • Soundpainting: Explóranse dez sitios patrimoniais de Macau a través da expresión artística, conectando sons, imaxes e palabras para interiorizar vocabulario e estruturas lingüísticas.
  • Xogo de roles no Casino Lisboa: O alumnado investiga un suposto roubo no devandito casino, aplicando estruturas gramaticais chinesas nun contexto de observación, comunicación e colaboración.

Estas propostas non só enriquece a adquisición do idioma chinés, senón que tamén permiten comprender a identidade híbrida de Macau como modelo de resiliencia cultural. Ademais, as actividades son doado adaptables a outras linguas —inglés, portugués, español, francés, italiano—, o que abre un horizonte pedagóxico de gran alcance.

Con esta investigación busco demostrar que a aprendizaxe dunha lingua non pode desligarse da historia e da cultura que a soster. A pedagoxía teatral, aplicada ao caso de Macau, convértese nunha ferramenta poderosa para cultivar tanto a competencia lingüística como a sensibilidade intercultural.

Pódese consultar a versión orixinal do artigo en inglés: Corderi Novoa, M. (2025). Performing Macao. Beyond the Script: Unlocking Language and Culture Through Drama Education. Invisibilidades – Revista Ibero-Americana de Pesquisa em Educação, Cultura e Artes, (21), 47 – 70.  https://www.apecv.pt/revista/invisibilidades/21/21.3.pdf

Modesto Corderi Novoa Congreso IDEAC Beijing Dic 2025 7
O Dr. Modesto Corderi Novoa presentou na 11ª Conferencia mundial sobre teatro y educación un taller de teatro aplicado baseado no Camiño de Santiago e no concepto budista de destino para coñeocer persoas “Yuanfen 缘分”. Os participantes convertéronse en peregríns por un día, mentres exploraban distintos lugares e esceas nos que tiñan que empregar o teatro para interactuar.