20071228 islamabad protestas asasinato benazir

Máis complicacións

Apartados xeográficos Asia ARQUIVO
Idiomas Galego

 Protestas en Islamabad polo assasinato de Benazir Bhutto; clic para aumentar
Outros coidan que a caótica situación no Paquistán, non só non prexudica os intereses americanos senón que máis ben os favorece, e hai quen pensa que moi ben puido ser a actual unha situación provocada. Nese mundo dominado por intereses tan escuros e fortes, todo é posible. (Foto: Protestas en Islamabad, o 28 de decembro de 2007, polo assasinato de Benazir Bhutto).
 

O atentado contra Benazir Bhutto complícalle a Bush todos os plans para Oriente Medio. Era un recambio que non estaba mal pensado, dende a óptica imperial, pero xa non existe. Nin o home de aquela nin o fillo significan nada dentro da complexa sociedade do Paquistán. Nin se sabe de ninguén, dentro de PPP, cunha mínima credibilidade para a sucesión.

É tamén moi claro que se Paquistán se afunde no caos –nun caos superior ao que xa hai–, ou volve o exército ao poder (no caso de que algunha vez estivese fóra del), o problema non é só local senón con moi grandes repercusións en todo o Oriente Medio, tanto que caben as peores posibilidades, incluída unha guerra mundial.

Ben coñecido é o que está sucedendo no Iraq, onde a intervención do exército invasor, con todos os cambios de rumbo que ten levado, non parece que mellore, senón que, para o país invadido, vai a peor. Ningún dos obxectivos de que se falou se cumpriu, porque estes eran outros moi distintos, como é sabido.

Irán é outra espiña na gorxa do imperio, despois do informe que asegura que ese país cesou xa no 2003 nas actividades nucleares, pechando a Bush unha mínima xustificación para invadilo ou para atacalo. Non lle quedará outra saída que deixar que Israel só faga o traballo. Ou iso é o que pensan moitos analistas.

Pero outros coidan que a caótica situación no Paquistán, non só non prexudica os intereses americanos senón que máis ben os favorece, e hai quen pensa que moi ben puido ser a actual unha situación provocada. Nese mundo dominado por intereses tan escuros e fortes, todo é posible.