Manobras transcaucásicas

Apartados xeográficos Rusia ARQUIVO
Idiomas Galego

Atentados, asasinatos, magnicios e guerras teñen perturbado a vida das repúblicas transcaucásicas nos últimos meses.O presidente de xeorxia Severnache sofreu diversas tentativas de atentados. Chechenia está a padecer o xenocidio e invasión rusa.Hai poucos días o primeiro ministro e o presidente do parlamento armenio morrían nun estranísimo atentado… Todos estes feitos, aparentemente inconexos, teñen un grande beneficiado que é Rusia. Cara a Moscova apontan os dedos que a sinalan no turbulento manexo dos fios transcaucásicos.

Mamouka Arechivze, deputado de Xeorxia e presidente da Comisión de Cooperación Rexional, é moi explícito é directo " Eu prevía que en Armenia podería acontecer calquera cousa, mais non podía imaxinar un escenario tan extremo. Eu sabía que Serge Sarkissian fora apartado hai algúns meses do control da venta de carburantes e tiña que rendirlle contas ao primeiro ministro asasinado, pero non imaxinaba este xeito de render contas".

Dende hai meses, o primeiro ministro asasinado tomou unha serie de iniciativas que desagradaban a Moskova. Especiamente aquelas que perseguían a consolidación política rexional independente no trípode Xeorxia-Armenia-Azerbaian. Esta coordenación estaba sendo tratada con especial mimo polos EE UU, mentres Moscoka non ocultaba o seu disgusto. A política exterior do país transcaucásico estaba a tomar novos camiños. Vazgen Sarkisian estaba decidido a desenvolver unha política de aproximamento a Turquia e a Azerbaian, os seus tradicionais enemigos.

Baixo a mediación norteamericana estaba xa moi avanzado un Plano de Paz para o Alto-karabakh, que ía ser presentado en sociedade no cumio da OSCE de Istambul, neste mes de novembro.

Pero o asunto que, sen dúbida, mais irrita a Moskova, son as xestións para relanzar o proxecto da construcción dun oleoducto que sacase o petróleo dende Bakú pola costa turca, atravesando algunha das repúblicas transcaucásicas. EE UU non escatima esforzos e medios para facer realidade este proxecto que deixaría a Rusia sen o control do oleoducto. De feito a Compañía BP, que explota maíoritariamente as reservas petrolíferas do Caspio azerí, ten manifestado que non pon obxeción algunha ao novo trazado turco para exportar o seu bruto, a pesares de asumir que tería un custo superior, ao trazado ruso.

An Armenia a sombra rusa é especiamente alongada. Vazgen Sarkisian, en estreita coordenación con Karen Demirtchian, antigo primeiro secretario do Partido Comunista (1974-1988) e presidente do parlamento ata o seu recente asasinado, tiña conseguido un amplo apoio na base social e no exército do seu país que avalaba as iniciativas que tanto inquietaban a Moscova.

O seu asasinato non semella unha obra de Kamicaces. Cinco homes, sen mais apoio que as súas propias armas entraron na sá de sesións sen resistencia algunha, logo de superar dúas barreiras de gardas militares a entrada do edificio e da sala, sen terse disparado un só tiro. Tampouco acudiron efectivos militares ao escoitar as detonacións dos disparos na sede parlamentaria. Mais estrana é a oportuna ausencia do parlamento dos ministros de seguridade Serguei Sarkissian, e de exteriores, Vartan Oskanian próximos ao presidente Kotcharian, pero distantes do primeiro ministro asasinado.

Os recentes asasinatos veñen a sumarse a outros, endexamais resoltos, que teñen acontecidos nos últimos dous anos. O 6 de agosto de 1998 caía asasinado o procurador xeral de Armenia. Cinco meses mais tarde foi abatido o vice-ministro de defensa e o 6 de febreiro deste ano era o turno do vice-ministro do interior.

A sanguenta invasión de chechenia non só ten efectos máxicos na espectativas de voto de Vladimir Putin, senon que asegura o control do actual oleoducto e afianza as teses que avalan o intervencionismo ruso na Transcaucasia.

Ante estes caontecementos cada vez son máis os sectores de Xeorxia que coidan que a intervención directa de Rusia no seu territorio, é só unha cuestión de tempo.