A Boveda

Mércores 6 de maio na AC Alexandre Bóveda: A política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica

Dentro do ciclo “Pensando o Futuro” da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, o mércores 6 de maio ás 19.30 h Daniel González Palau falará na Coruña da política exterior chinesa en tempos de inflexión histórica.

Achegarase aos fundamentos históricos e á evolución da política exterior chinesa ao longo das últimas décadas. Prestarase unha especial atención aos debates que marcan a axenda actual: a competencia sistémica cos Estados Unidos, a defensa do multilateralismo e os complexos desafíos de seguridade, situando a cuestión de Taiwán no centro da análise.