gerard noiriel a quoi sert identite nationale 2007a

Nacionalismo francés

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Gérard Noiriel, A quoi sert l'identité nationale; clic para aumentar
O historiador Gérard Noiriel, nun áxil e luminoso libro, A quoi sert l’identité nationale (Agone 2007), ocúpase do nacionalismo de Sarkozy, moi de dereitas pero ben sutil. O alicerce é o de sempre: denuncia da ameaza dos estranxeiros (eles) para os nacionais (nós). A novidade é que se expresa nunha linguaxe moi axeitada, de tal maneira que o inimigo exterior nunca é sinalado por un nome nacional (alemán), político (bolchevique), étnico (árabe) ou relixioso (xudeu).
 
Só é suxerido polo termo vago, xamais definido, de "comunitarismo", de maneira que tan só o contexto permite comprender que se trata dos musulmáns, sempre evocados por características negativas.

Agarrándose a estereotipos inculcados polos medias, Sarkozy captou no seu proveito os reflexos de noxo e as pantasmas que existen nunha parte da sociedade francesa, para a que "comunitarismo" referido a inmigrados de orixe magrebí é palabra que funciona como slogan de publicidade negativa, como o pano roxo que avivece a furia do touro.

Ese discurso carece de interese nas súas formulacións explícitas; pero si que o ten na recepción do publico ao que se dirixe: o 88% dos electores da Fronte Nacional aprobaban a creación dun ministerio de Inmigración e Identidade nacional.

E conclúe o que semella evidente: que Sarkozy recuperou a voz da extrema dereita, sinalando a toda unha comunidade polo rexeitamento e o desprezo, conforme á lóxica nacionalista clásica do "nós" contra "eles".