O proceso de paz iniciado en Stormont non admite cláusulas de nulidade. Por duro que resulte, sería inxenuo pensar que os artífices do acordo de Venres santo non contaban con sobresaltos dramáticos coma o de Omagh. Ninguén podía dar por maxicamente superadas as diferencias do pasado e todos coñecían a existencia de organizacións extremistas visceralmente contrarias ó proceso de paz. Canto máis verosimil resulte o afianzamento das novas institucións irlandesas, maiores poden ser as presións dos grupos minoritarios que se resisten a abandonar a violencia. A súa capacidade desestabilizadora é inversamente proporcional á súa representatividade, pero poden causar aínda moito dano. Nestes momentos, o diálogo e a repulsa dos impulsores do proceso de paz, a mobilización desa inmensa maioría social que refrendou o acordo do pasado 10 abril, son indispensables para non estragar as expectativas de reconciliación. A perda da esperanza é o obxectivo dos violentos.
Non hai volta atrás
Idiomas Galego