Unha análise de Ricardo Torres, profesor no Centro de Estudos da Economía Cubana (Universidade da Habana)

Notas sobre o desenvolvemento produtivo en Cuba

A crise económica de inicios dos noventa motivou o corremento do balance na xestión da economía cara ao curto prazo, para atender as urxencias dun período excepcional.  Aínda que Cuba iniciou a recuperación en 1994, a taxa de crecemento medio do Produto Interno Bruto (PIB) cubano estivo ao redor de 1,8% anual, o cal sitúa ao país entre os de peor desempeño en América Latina.  Se se toman en conta só os anos posteriores a 1993, a media elévase a 3,2%.  Isto aínda é inferior á media da rexión no mesmo lapso e é un dos desempeños máis discretos na área. Neste contexto, reveláronse algunhas tendencias preocupantes na estrutura produtiva como os pobres resultados dos sectores produtores de bens, a súa escasa competitividade externa e a alta concentración da cesta exportábel nuns poucos ámbitos, xeralmente de baixo valor agregado; o declive de varias ramas industriais claves como a produción de bens de investimento; a alta concentración do emprego en servizos non transables e/ou desconectados das cadeas produtivas da economía; e o escaso desenvolvemento dos servizos produtivos.  Iso condicionou un ritmo moi lento de crecemento da produtividade xunto a baixas taxas de acumulación. 

Apartados xeográficos Latinoamérica
Idiomas Galego

Tendencias xerais

Como resultado das medidas a inicios dos noventa, a economía cubana sufriu un proceso de restruturación que se pode avaliar de exitoso dado que posibilitou recuperar taxas de crecemento positivas do PIB logo do enorme shock inicial.  No entanto, a estratexia global tivo efectos asimétricos en termos da dinámica sectorial. Nestes anos, acentuouse o desprazamento do centro de gravidade da economía cara aos servizos, que ten certas particularidades en Cuba, dado que máis da metade do emprego e o valor agregado sitúase en servizos sociais e de goberno dependentes de transferencias desde outros sectores. 

No sector agropecuario apréciase un estancamento da produción, xunto a niveis e ritmos de incremento da produtividade laboral moi baixos, o que implica unha escasa contribución no que respecta á xeración de recursos exportábeis, como fonte de acumulación e subministrador de materias primas para a industria.  Esta traxectoria asóciase ao elevado prezo real dos alimentos, o que se traduce nunha alta proporción dos mesmos dentro da estrutura de gastos das familias. 

Así mesmo, o rol da actividade manufactureira tendeu a debilitarse.  Isto responde a unha combinación de efectos negativos, como a elevada dependencia de insumos importados e a imposibilidade de manter unha planta industrial de elevada densidade enerxética con escasa competitividade externa. O comportamento do volume de produción reflicte unha contracción profunda da maioría das ramas industriais, cunhas poucas excepcións como a farmacéutica, metalurxia do níquel, bebidas e refinación de petróleo.  O descenso foi máis pronunciado en ramas que son decisivas, tanto pola súa contribución ao desenvolvemento económico como polo seu papel histórico en Cuba, como a fabricación de maquinarias, a química, os materiais da construción ou o complexo azucreiro.

En relación ás exportacións, particularmente as vendas de bens, a traxectoria do país non foi satisfactoria, situándose as súas taxas de crecemento por baixo da media mundial, mentres que se observan poucos cambios no contido tecnolóxico das mesmas, con excepción do dinamismo do sector biofarmacéutico. As vendas de servizos foron o compoñente máis dinámico nos últimos 25 anos, e representan hoxe ao redor de dous terzos do volume total.  Na década dos noventa, o turismo internacional foi o sector máis destacado, tanto polo volume como pola taxa de crecemento.  Na primeira década deste século, o “boom” turístico estancouse, mentres que os acordos da Alianza Bolivariana para as Américas (ALBA) abriron novos mercados para a venda de servizos profesionais, especialmente relacionados coa saúde e a educación, que pasaron a converterse na principal fonte de ingresos externos para a nación. Verifícase unha concentración substancial destas transaccións no mercado venezolano, aínda que en anos recentes diversificáronse nalgunha medida cara a Brasil e outros países fóra da rexión latinoamericana. 

A combinación destas tendencias resulta nunha evolución moi precaria do mercado laboral.  Mantense unha alta concentración de empregos no sector público, xeralmente con compensacións moi baixas.  Os sectores dinámicos, que xeran empregos ben remunerados son escasos, o que motiva un “brain drain” [fuga de cerebros] interno, con efectos negativos sobre os retornos do investimento en educación.  Unha proporción moi reducida dos empregados (menos do 10%), producen máis do 90% das exportacións totais. 

Reflexións finais

As condicións e posibilidades dunha inserción internacional que apoie o desenvolvemento económico cubano continúan sendo aspectos pendentes na reforma económica que adianta o país. O impacto dos cambios recentes nas relacións entre Cuba e Estados Unidos pode ser positivo, ao abrir novas oportunidades, pero non resolverá automaticamente os problemas fundamentais.  Nese sentido, segue habendo un espazo pouco explorado para o deseño dun novo tipo de políticas económicas, que correspondan plenamente coas tendencias principais do século XXI e as características de Cuba como economía aberta, altamente dependente dos fluxos externos no ámbito financeiro, comercial e tecnolóxico.