20061019richmond bush dia despois iraq equ vietnam

Novas de Iraq

Apartados xeográficos Oriente Medio ARQUIVO
Idiomas Galego
 Bush, clic para aumentar
Non estraña que o propio Bush, por primeira vez, admitise hai poucos días que a situación en Iraq se asemellaba á de Vietnam. Unir ás diferentes faccións daquel país podería semellar imposible hai un ano ou dous; pero hoxe xa se ve que é un logro que só puido acadar a torpeza política americana. (Foto: Bush afirma o 19 de outubro en Richmond, Virxinia, que as tropas non abandonaran iraq ata que os terroristas sexan derrotados o día despois de admitir similitudes con Vietman).
 

Chama a atención o silencio dos medios, de aquí e aínda de fóra, sobre algo novo que sucede en Iraq, como a creación do Mando Político Unificado da Resistencia Iraquí (MPURI), que se propón a unificación da resistencia contra os invasores, algo moi semellante ao que Ho Chi Minh fixera coa resistencia vietnamita.

Non estraña que o propio Bush, por primeira vez, admitise hai poucos días que a situación en Iraq se asemellaba á de Vietnam. Unir ás diferentes faccións daquel país podería semellar imposible hai un ano ou dous; pero hoxe xa se ve que é un logro que só puido acadar a torpeza política americana.

Se, como parece, se unifica a base social, política e militar contra os invasores, a saída destes vai ser un feito máis rápido do que se agardaba. Os contactos dos ocupantes coa resistencia e con países veciños, por máis que se neguen, son un feito coñecido. Xa ninguén cre, hoxe, que Bush estea seguro de que, por ter liña directa con Deus "como tantas veces dixo" gañe esta guerra "hai xa moito tempo perdida.