Na situación actual, Ucraína converteuse no escenario dunha guerra con danos materiais e humanos comparables cos vividos durante a II Guerra Mundial (sen entrar na discusión sobre se esta guerra xa ten carácter ou implicación paneuropeo ou mundial). Resulta necesario mencionar tamén que este desastre é consecuencia da errónea política de Occidente, que consistía en tratar en serio á Federación de Rusia coma se fose a principal e única herdeira da URSS.
De acordo co Memorándum de Budapest (1994), Ucraína entregou os seus armamentos nucleares a Rusia e destruíu gran parte dos armamentos convencionais recibindo a cambio garantías de seguridade de Rusia (entre outras potencias nucleares). Con isto equipouse adicionalmente a Rusia e deixouse a Ucraína sen garantías. Sendo un dos garantes, Rusia anexionou Crimea, mentres que os outros garantes aconsellaban a Ucraína que non se opuxese para evitar unha maior escalada. Que continuou sen ningún reparo nos esforzos occidentais a evitala: Rusia facíao motu proprio, case estimulada polos temores dos occidentais. Ata iniciar a actual guerra de exterminio e ameazar co uso de armas nucleares..
O goberno de Zelenskyi, que nunca pensara en entrar nunha guerra, adaptouse á realidade creada por Putin e, case con razón (porque o ditador ruso combate a expansión occidental, porque a falta de decisión de Occidente fixo posible que a agresión rusa chegase ata a invasión a gran escala), permitiu que todo dependese da axuda occidental. As medidas que se toman na fronte pola comandancia en xefe suprema (ou sexa promovidas pola autoridade de Zelenskyi) carecen, en definitiva, de eficiencia: o inimigo, aínda que a un alto prezo e moi lentamente, segue avanzando e tomando localidades de importancia estratéxica para ocupar completamente as rexións declaradas unilateralmente rusas. En cambio, a tarefa de desocupación das rexións ucraínas aprazouse a un período futuro indefinible.
A incursión de tropas ucraínas na provincia rusa de Kursk no mes de agosto tivo éxito en canto a mostrar a vulnerabilidade do territorio ruso e a posibilidade de usar nel armas proporcionadas polos occidentais. A súa importancia foi resumida contundentemente nun editorial de The Washington Post: “Ucraína demostrou unha vez máis a súa determinación para resistir a agresión rusa a pesar das longas adversidades, desacreditando a quen sostén que a súa causa é indigna ou inútil. Estados Unidos e Europa deben dar a Ucraína todos os medios posibles para terminar a guerra nunha posición de forza e como unha democracia próspera e funcional aliñada con Occidente.” É certo e válido, pero é algo que desde hai dous anos sabe calquera que non teña prexuízos e non estea influenciado pola propaganda putinista.
Que as forzas militares de Ucraína teñen a capacidade de levar a cabo acciós exitosas contra as forzas militares e obxectivos loxísticos rusos non cabe dúbida. Os ataques a aeródromos, forzas navais, refinerías, etc. son espectaculares e impactantes, con todo, non cambian o curso da guerra. A planificación e coordinación aparecen claramente como deficientes na actividade de Zelenskyi como comandante en xefe supremo. Non sabe recoñecer os seus erros e aprender deles, o que lle diferencia desfavorablemente do seu adversario.
En canto ao comandante en xefe das forzas armadas, O. Syrskyi, o seu profesionalismo parece ser menos forte que o seu sentido de subordinación. A rápida ocupación dun 1300 km non se ve como base de operacións suficiente para seguir cunha ofensiva real conseguindo obxectivos importantes no interior de Rusia nin para crear unha área sanitaria ao longo da fronteira, como mencionou Zelenskyi na súa alocución. Dicir algo así serve só para enganarse a se mesmo, nin falar do inimigo, quen apenas perdeu 70 kms da súa fronteira, deixando detrás de si, a unha distancia maior de 100 kms, centenares de quilómetros da fronteira ucraína. A operación en Kursk non axudou a aumentar o alcance de ataques ucraínos contra o interior de Rusia, nin tampouco impediu que o inimigo intensificase os seus ataques contra obxectivos na profunda retagarda ucraína.
É absolutamente lexítimo que Ucraína ataque obxectivos no territorio ruso (e fágao con armas occidentais) porque é desde alí que saen os proxectís rusos que matan os ucraínos e destrúen o país. Pero isto debe servir sempre ao único e principal obxectivo lexítimo que é terminar a guerra canto antes coa expulsión completa do inimigo do territorio ucraíno. Se non ten efecto na liberación, por exemplo, facendo que o inimigo desvíe importantes forzas da fronte principal, debilitándoo, o esforzo con todos os seus custos (forzas implicadas, baixas de persoal e material, construción de fortificacións, administración e mantemento da zona ocupada, etc.) pode resultar inútil e daniño. Mesmo se debe ter en conta o efecto político, que resulta bastante contraproducente. A poboación rusa, atontada pola propaganda putinista, que nun 34 % desexa usar armas nucleares contra Ucraína, agora ten unha proba “fidedigna” de que Putin “viuse obrigado” a comezar a súa operación militar especial, porque Ucraína, cos seus patróns occidentais, “si estaba a preparar unha agresión” contra Rusia. O mesmo sente o ditador de Bielarús, A. Łukašenka, e move as súas tropas cara á fronteira con Ucraína. Os covardes liberais rusos libéranse da perigosa necesidade de defender a Ucraína, vítima de Putin, xa que os ucraínos “fan o mesmo” (a propaganda rusa xa emitiu un vídeo mostrando varios coches cribados con civís mortos ao seu lado).
A resposta do Kremlin á incursión de Kursk é mostrar que non lle afecta, non lle impide incrementar os seus ataques na fronte principal e destruír a retagarda ucraína. As tres provincias fronteirizas foron declaradas zonas de operación antiterroristas, coma se tratásese dun incidente de importancia rexional e non dunha acción de guerra. V. Putin solicitou unha inspección de seguridade nuclear por parte da AIEA porque as “bandas terroristas” que penetraron desde o sur pretendían danar a central atómica de Kursk (cabe mencionar que dita axencia non atopou irregularidades cando os soldados rusos ocuparon as centrais ucraínas de Chornóbil e Zaporiya).
De momento, o resultado para Ucraína da incursión é unha maior intensidade de ataques aéreos e terrestres rusos, un alongamento da fronte e unha prolongación da guerra. Unha guerra que nunca debeu ser, pero que se produciu hai 10 anos e escalou xustamente porque se tiña moito medo a que o agresor, que declarou que estaba disposto a impoñer o seu “dereito” por forza, fixese realidade as súas ameazas.
E o conto segue. E cada día que estean ocupadas as terras ucraínas, a súa liberación faise máis difícil. Alí xa existe toda unha xeración que só coñece a escola rusa e sabe que non é posible vivir sentíndose ucraíno. Facer as paces, para salvar vidas, co status quo actual, é imposible; non só porque sería inxusto para Ucraína e daría moito de razón ao agresor criminal, senón porque a Federación de Rusia, que pola súa estrutura, organización e ideoloxía subsiste como un residuo amputado do imperio ruso-soviético, non pode convivir cunha nación soberana, como é Ucraína actualmente; necesita “fisicamente” anulala, xa sexa por incorporación, asimilación ou exterminio. Se se conseguise un armisticio nas condicións actuais, a guerra volvería estalar moi pronto salvo que os ucraínos réndense e aceptan ser parte de Rusia como “Nova Rusia” ou “Rusia Menor”. Nin sequera poderían ser parte do finxido Estado de Unión onde se tolera a aparencia dun estado como Bielarús (Rusia Branca), porque o ditador Łukašenka cumpre todas as ordes de Moscova e estrangula calquera manifestación real da identidade nacional dos bielarusos que os faga parecer diferentes aos rusos.
A guerra de hoxe é de liberación nacional de Ucraína pola súa verdadeira independencia. Non é algo que poida depender das visións políticas e capacidades de Zelenskyi, ou dun eventual cambio de administración na Casa Branca ou da forza de decisión de políticos europeos. É de vida e morte para a nación ucraína. Se perde, chegará a quenda doutras nacións que, no seu momento, foron parte do imperio, dándolle ao residuo imperial o pretexto para inxerilos de novo: as repúblicas postsoviéticas, as do Báltico, Polonia, Finlandia… O dragón xa sabe que se pode, non se lle dá permiso, pero a final de contas tolérase que o faga.