20050515iran isfahan planta conversion uranio

O desafío iraní

 Irán, planta de conversión de uranio en Isfahán, clic para aumentar
O réxime dos aiatolás semella decidido a continuar co seu programa de enriquecemento de uranio "con fins pacíficos". Así o anunciou a principios de mes o ministro de Relacións Exteriores, Kamal Jarrazi, ante a Asemblea Xeral da ONU. En realidade, a súa política non presenta síntomas de violar tratado internacional algún e o seu programa nuclear semella preparado para obxectivos enerxéticos. O aparente consenso interno iraniano neste sentido se plasma ante as eleccións presidencias de xuño próximo. (Foto: Instalación de conversión de uranio en Isfahán).
 

Washington deberá acostumarse a negociar cun Irán "nuclearizado". A realpolitik internacional obrigará ao goberno de George W. Bush a tomar con prudencia o que significa un Irán con capacidade nuclear nun país cunha importancia xeopolítica que, nestes momentos, ocupa a maior parte da atención nos centros de decisión mundiais.

Nesta conxuntura, o tratamento de Bush cara Irán como membro do "eixe do mal" carece da estratexia necesaria para manexar escenarios menos conflictivos. As negociacións do programa nuclear iraniano, levadas a cabo a dúas bandas pola Axencia Internacional de Enerxía Atómica e a Unión Europea, está provocando novos desencontros entre Bruxelas e Washington. A finais de abril, se realizou unha xuntanza entre representantes iranianos e o "trío europeo" composto por Alemania, Gran Bretaña e Francia, sen resultados tanxibles.

Para desconcerto estadounidense, Rusia está colaborando co programa nuclear iraní. Mentres Europa e a AIEA avogan pola negociación e a vixilancia, Washington prefire as presións directas e as sancións unilaterais e tampouco descarta utilizar o Consello de Seguridade. Bush tan só atopa apoio en Israel, un país que si ten armas nucleares e critica o que considera a "crecente ameaza iraniana". Para contrarrestar os efectos rexionais dun Irán con armas nucleares, o goberno de Ariel Sharon ven desenvolvendo contactos con India, outra potencia atómica.

O réxime dos aiatolás semella decidido a continuar co seu programa de enriquecemento de uranio "con fins pacíficos". Así o anunciou a principios de mes o ministro de Relacións Exteriores, Kamal Jarrazi, ante a Asemblea Xeral da ONU. En realidade, a súa política non presenta síntomas de violar tratado internacional algún e o seu programa nuclear semella preparado para obxectivos enerxéticos. O aparente consenso interno iraniano neste sentido se plasma ante as eleccións presidencias de xuño próximo.

A catalogada "liña dura" dos aiatolás parte con vantaxe, xa que mantén o control, cunha maioría de deputados, do Consello Revolucionario e a hexemonía no poder xudicial e a Garda Revolucionaria. O septuaxenario ex presidente Akbar Rafsanjani, quen sucedera ao aiatolá Ruhollah Khomeini, xa anunciou a súa posible candidatura, mentres os sectores reformistas e pragmáticos, ata agora enrolados na figura do presidente Mohammed Khatami, non ten moitas opcións electorais, trala súa derrota nos comicios lexislativos de 2004. Esta opción significaba a máis clara aposta occidental para impulsar as reformas internas en Irán.

Fracasada a "opción Khatami", tamén se evidencian tensións internas, principalmente apoiadas dende o exterior. Sete organizacións da oposición iraniana, enroladas en partidos árabes, curdos, turcománs, baluches e azerís e denominado Consello das Nacionalidades, se reuniron en Londres para definir as estratexias dun futuro "Estado federal" e "derrocar o réxime islámico". As autoridades iranianas acusaron ao Departamento de Estado norteamericano de financiar de forma directa a grupos opositores en Irán. Calculan en tres millóns de dólares este financiamento, nunha estratexia similar á adoptada no Iraq baixo Sadam Husein. Ademais, cestiman en 15 millóns de dólares anuais a partida gastada en emisións radio-televisivas en farsi, a lingua dominante no país.

Pero tamén existen diverxencias en Teherán. Os conservadores iranianos impulsan o programa nuclear non tanto por cuestión de prestixio nacional senón ante unha evidente realidade: Irán se atopa cercado militarmente por EEUU. A razón é a presencia de efectivos norteamericanos en Afganistán, Iraq, o Golfo Pérsico e Arabia Saudita, ademais da cercanía dun Israel que xa anunciara accións militares contra instalacións iranís. Desde hai tempo, Irán é un obxectivo claro dos sectores neoconservadores estadounidenses.

Pola súa banda, os "reformistas" e "pragmáticos" na capital iraniana teñen dúbidas sobre a capacidade económica do país para enfrontar un programa nuclear de gran envergadura. As taxas de inflación e desemprego son considerables e a economía non semella producir o que se espera dun país con grandes reservas petrolíferas e de gas natural.

Precisamente, a potencialidade enerxética é utilizada habilmente polo réxime para contrarrestar a presión estadounidense. A industria petroleira e gasífera iraniana aumenta os seus contratos con China e India, as dúas economías emerxentes que máis crecen. Tamén desenvolve unha política asiática cada vez máis dinámica, cara Xapón, as dúas Coreas, Tailandia, Malaisia e Indonesia. América Latina é outro escenario diplomático e enerxético para Teherán, tralos acordos asinados con Brasil e Venezuela.

Na súa xira por Europa, a secretaria de Estado norteamericana, Condoleeza Rice, afirmou que un ataque preventivo contra Irán "non está na axenda…polo de agora". Pero en Washington semellan estar convencidos de que Teherán é unha forza desestabilizadora en Oriente Medio, pola súa influenza en Iraq, no conflicto palestiniano-israelí e no Líbano. O feito de que non se atisben canais diplomáticos poder ser unha carencia perigosa.