Tras un inesperadamente tenso 2013, Turquía inicia o novo ano sumido nunha sórdida crise política que golpea seriamente a popularidade do seu primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan, así como as opcións hexemónicas do seu partido islamita AKP, en particular de cara a dous importantes test electorais a celebrarse os próximos meses: os comicios municipais do próximo 30 de marzo; e as eleccións presidenciais de agosto, onde o propio Erdogan presenta a súa candidatura. Todo isto abre un compás de expectación sobre o que sucede en Turquía, un actor emerxente no sistema internacional que viuse socialmente fracturado tralos fortes enfrontamentos na praza Taksim en abril pasado. Os ecos do mesmo e o agravamento doutros problemas semellan reproducirse nun 2014 que se anuncia igualmente tenso e incerto.
Tras un inesperadamente tenso 2013, Turquía inicia o novo ano sumido nunha sórdida crise política que golpea seriamente a popularidade do seu primeiro ministro Recep Tayyip Erdogan, así como as opcións hexemónicas do seu partido islamita AKP, en particular de cara a dous importantes test electorais a celebrarse os próximos meses: os comicios municipais do próximo 30 de marzo; e as eleccións presidenciais de agosto, onde o propio Erdogan presenta a súa candidatura. Todo isto abre un compás de expectación sobre o que sucede en Turquía, un actor emerxente no sistema internacional que viuse socialmente fracturado tralos fortes enfrontamentos na praza Taksim en abril pasado. Os ecos do mesmo e o agravamento doutros problemas semellan reproducirse nun 2014 que se anuncia igualmente tenso e incerto.
A recente purga policial realizada por Erdogan a comezos de xaneiro, coa remoción de 350 altos cargos nos organismos de seguridade (así como máis de 6.000 policías), semella unha reacción ás acusacións de corrupción esgrimidas en decembro pasado contra 50 persoas vinculadas ao seu entorno. Dende entón, varios ministros renunciaron ao gabinete, provocando unha crise inédita de lexitimidade para Erdogan o AKP, atizada igualmente polas críticas derivada dun estilo autoritario impulsado pola súa pretensión para consolidar un poder hexemónico.
De cara aos próximos comicios (municipais e presidenciais), Erdogan enfróntase a fortes dilemas. Os cambios acaecidos nos derradeiros anos en Turquía dan conta dunha nova cultura política contestataria e da aparición de novas elites e actores, sumamente complexos nos seus intereses, algúns deles incluso antigos aliados de Erdogan e do AKP.
Neste sentido, os principais rivais políticos de Erdogan xa non semellan identificarse absoluta e exclusivamente na oposición kemalista do Partido Republicano do Pobo (CHP en turco) nin no poderoso estamento militar, senón na misteriosa confraría relixiosa do Hizmet (O Servizo) impulsada polo predicador Fetullah Güllen, exiliado en EUA, un ex aliado de Erdogan que mantén redes de poder fortemente instaladas en Turquía. Estas redes de poder de Hizmet alcanzan os servizos de seguridade, as novas elites económicas “islamitas” beneficiadas polo goberno do AKP (principalmente provenientes da Anatolia) e principalmente nas estruturas de poder e na base militante dese partido. Erdogan enfróntase, por tanto, a unha especie de “Estado profundo” tantas veces mencionado dentro do complexo entramado de poder en Turquía (e que vinculaba as elites kemalistas e o estamento militar) pero que desta vez aparece precisamente dentro do seu propio partido e estruturas afíns.
A corrupción e unha deriva autoritaria recentemente plasmada en medidas represivas contra a liberdade de prensa (censura en Internet, detención de xornalistas críticos, etc) está por tanto minando a popularidade e, incluso, diversos factores de lexitimidade para un Erdogan a quen diversas enquisas lle outorgan un 40% de aceptación cidadá, un índice nada desdeñable. Pero a crise actual fractura os apoios do líder turco, quen xa recibiu duras advertencias durante a súa recente xira europea, a primeira en cinco anos nun contexto de distanciamento entre a UE e Turquía e que levouno por Bruxelas e Berlín. Precisamente, nos derradeiros tempos, a política exterior de Erdogan focalizou unha maior prioridade cara Rusia e China (a través da petición de ingreso turco na Organización de Cooperación de Xangai) ou Irán (pacto nuclear) e Oriente Medio (Siria, Curdistán) que cara Europa ou EUA, tradicionais aliados turcos principalmente dentro dos imperativos da OTAN.
Tralos comicios municipais e presidenciais, Turquía celebrará eleccións lexislativas para 2015, co cal os próximos acontecementos pulsarán a real capacidade do AKP para proseguir cun proxecto que moitos observan como “hexemónico”. Neste sentido, Erdogan espera concretar unha especie de "troco" político co actual presidente Abdullah Gül, presentándoo como candidato do AKP para as eleccións lexislativas do próximo ano. Pero a crise actual igualmente dirime un distanciamento político entre Erdogan e Gül que pode complicar as aspiracións do actual primeiro ministro turco.
Coas incertezas do proceso de paz no Curdistán, os efectos colaterais da crise siria en Turquía (principalmente en materia de refuxiados) e a caída de popularidade ante a deriva autoritaria e a corrupción de alto nivel, Erdogan enfróntase aos seus retos máis agudos desde a súa chegada ao poder en 2002.
Non sería, por tanto, descartable que ante a presión e intensificación dos seus novos rivais políticos (Hizmet, o movemento da praza Taksim, etc), Erdogan recorra a pactos políticos cos seus antigos rivais, o CHP e os militares, atenazados estes polo propio Erdogan principalmente tralas reformas constitucionais de 2010. O péndulo político móvese en varias direccións en Turquía, razón que obriga a manter unha expectante atención cara un país emerxente e estratéxico.