csu edmund stoiber

O labirinto de Schröder

Apartados xeográficos Europa ARQUIVO
Idiomas Galego
 Clic para aumentar
Clic para aumentar
O 17 de marzo en Berlín tivo lugar un cumio inédito en favor do interese xeral de Alemaña. Os dous principais dirixentes dos partidos cristiano-demócratas alemáns, Angela Merkel presidenta do CDU e Edmund Stoiber do CSU, reuníronse co chanceler, a petición destes, para tratar de atallar un incremento das cifras do paro, que son algo máis que preocupantes. A axencia de emprego anunciou a comezos de marzo, que o número de demandantes de emprego no mes de febreiro é de 5.216.000 persoas. Nestas circunstancias, Schröder, aceptou o que xa se denomina o "cumio do emprego", nunha conxura conxunta contra o cancro do paro.
 

A social democracia alemá non da coa saída. O goberno do Chanceler Gerhard Schröder recoñece disimuladamente o fracaso da súa política, nun contexto de crecente repulsa das súas políticas en materia de benestar social, que colocan á socialdemocracia, tanto en Alemaña como no marco internacional, no punto de mira. A sociedade alemana está extremadamente sensible e inqueda ante a crecente inestabilidade económica, e en particular en canto á desigualdade e o desemprego.

Un informe do goberno federal sobre a pobreza e a riqueza, presentado o dous de marzo nunha xuntanza do consello de ministros en Berlín, suscitou a polémica. A porcentaxe de poboación que vive no limite da pobreza, incrementouse dende 1998 do 12’1% ó 13’5% en 2003. Por outra banda, as cifras publicadas pola Comisión Europea en Eurostat, son aínda máis crúas, alcanzando o 15% en 2003. A pobreza é maiormente hóspede na casa das familias monoparentais e dos parados, e as familias temen os efectos da falla de traballo.

Ante estas circunstancias, o 17 de marzo en Berlín tivo lugar un cumio inédito en favor do interese xeral de Alemaña. Os dous principais dirixentes dos partidos cristiano-demócratas alemáns, Angela Merkel presidenta do CDU e Edmund Stoiber do CSU, reuníronse co chanceler, a petición destes, para tratar de atallar un incremento das cifras do paro, que son algo máis que preocupantes. A axencia de emprego anunciou a comezos de marzo, que o número de demandantes de emprego no mes de febreiro é de 5.216.000 persoas. Nestas circunstancias, Schröder, aceptou o que xa se denomina o "cumio do emprego", nunha conxura conxunta contra o cancro do paro.

Ó mesmo tempo, H.Khöler, o presidente da república alemana e ex-presidente do FMI, afirmaba diante dunha comitiva da patronal (BDA): "estamos en declive", criticando a morea de lexislacións alemanas e europeas, que serven de chivo expiatorio para todo e para todos, e avogando pola economía liberal, hoxe tan de moda. Máis tarde, con obxecto do afondamento nas reformas xa emprendidas, non deixou pasar a ocasión de entoar, o por todos lados coñecido: "Queremos uns custes laborais máis baixos, un mercado de man de obra máis flexible, e un sistema fiscal razoable e moito menos burocrático". O que foi efusivamente aplaudido polos dirixentes empresariais.

En calquera caso, os efectos do paro e a discusión sobre o aumento das desigualdades, teñen un forte impacto en Alemaña, segundo sinalan as sondaxes. O Partido Socialdemócrata de Schröder, que se recuperara lixeiramente dos avatares da inestabilidade económica debido ó seu plan de reformas, volveu caer de novo en expectativas de voto. E nas rexionais de Schleswig-Holstein, celebradas o 20 de febreiro, dificilmente puido manter os galóns de mando, apoiados no goberno rexional polos verdes.

Os cristiano-democratas, faltos de ideas e iniciativas "coma na Gran Bretaña-, non dispoñen de máis argumentos que entoar a loubanza das reformas económicas para endereitar o rumbo de Alemaña. De momento, recuperáronse lixeiramente en intención de voto. Nunha sondaxe de infratest dimap, publicado no Der Spiegel, a dereita avanza con claridade en Renania do Norte e en Westfalia, onde haberá eleccións o 14 de maio. As estimacións danlles unha intención de voto do 43% fronte ó 35% do SPD.

A esquerda alemana está pois en xaque, e contrasta co éxito dos gobernos de Tony Blair ou mesmo de Zapatero, con economías que medran a bo ritmo, pero con situacións económicas e sociais distintas á alemana. No marco europeo e mundial, se tódolos gobernos apostan polas políticas económicas liberais que facilitan o abaratamento da man de obra e os custes sociais, a marxe de actuación dos gobernos queda encorsetada. De tal maneira que, non é descartable que isto propicie un cambio político en Alemaña, nas vindeiras eleccións federais.