20050803saudi king abdullah

O labirinto saudita

 Rei Abdullah, clic para aumentar
Con Abdullah (no centro da imaxe) na xefatura do Estado, Arabia Saudita camiña cara tempos de definición. O período do rei Fahd amosou unha perda de peso xeopolítico e influenza do reino saudita cara o mundo musulmán, a pesar de que Fahd se autonomeara persoalmente en 1986 como o "Gardián dos Santos Lugares". Se ben o rei Fahd impulsou iniciativas para a resolución do conflito palestiniano-israelí e avogou pola defensa dos musulmáns dende Bosnia ata Afganistán, non puido superar as profundas divisións políticas do mundo árabe e islámico.
 

Se ben a morte do rei Fahd garante a continuidade da dinastía saudita que goberna a totalidade da estrutura do poder no país, as dúbidas e a incerteza se impoñen pola rivalidade entre o sucesor príncipe Abdullah, de 82 anos, e o seu medio irmán, o príncipe Sultán, de 77 anos. A lonxevidade dos seus principais gobernantes, a ríxida estrutura de poder en torno aos clans familiares e o incipiente proceso de reformas democráticas, fan do país un aliado necesario pero inseguro para Occidente.

Para EEUU semella imperativo a estabilidade dun reino ameazado polo "salafismo" fundamentalista e que, como principal aval, constitúe a primeiro productor mundial do crú, posúe unha cuarta parte das reservas mundiais de petróleo e é un aliado clave na guerra contra o terrorismo de Al Qaeda e os seus movementos afíns. Pero o futuro está plagado de incertezas. A morte do rei Fahd, aos 83 anos, constitúe un fait accompli practicamente anunciado dende que, en 1995, fora recluído en palacio polos seus problemas de saúde. Dende entón, o protagonismo e a responsabilidade de gobernar recaiu no seu medio irmán e herdeiro, o príncipe Abdullah, hoxe de 82 anos.

A importancia do goberno de Abdullah amosa unha perspectiva diferente para os sauditas desde o 11-S de 2001, e non só polo feito de que 11 dos 19 terroristas que cometeron os atentados en Nova York e o propio Osama ben Laden sexan de orixe saudí. A península arábiga é o berce do fundamentalismo "salafista" que impregna a ideoloxía dos simpatizantes dos movementos afíns Á complexa estrutura de Al Qaeda e dende alí expandiuse polo mundo musulmán, co apoio oficial dos gobernantes sauditas e do propio rei Fahd. Neste sentido, a monarquía saudita alentou un problema que hoxe non sabe como resolver.

Do mesmo xeito, a ideoloxía oficial relixiosa do reino saudita é o "wahabbismo", unha interpretación rigorosa do Islam fundamentada nas tradicións tribais e de clans que conforman a estrutura social do país. Este escenario revela un complicado panorama que entorpece calquera intento de reforma e apertura democrática.

Se o factor do fundamentalismo relixioso semella imperativo, o escenario petroleiro non é de menor importancia. Arabia Saudita é o principal exportador de crú no mundo e, especialmente, cara os EEUU e Europa. Posúe as principais reservas polo que, a pesar de ser un membro fundador da OPEP, a política enerxética saudita está íntimamente limitada polas esixencias dos principais consumidores e a súa necesidade de proveerse dun petróleo barato. Velaí as constantes xuntanzas entre Abdullah e os mandatarios estadounidenses, especialmente George W. Bush, nos derradeiros anos. Polo tanto, a estabilidade do reino é peza fundamental na política exterior estadounidense.

Nesta perspectiva, ¿qué futuro agarda a Arabia Saudita trala morte do rei Fahd? Se ben a continuidade da dinastía saudita semella garantida, a avanzada idade do príncipe Abdullah, coas súas previsibles e lóxicas complicacións da saúde, auguran tempos tumultuosos que aumentarán coa puxa polo poder dentro da casa de Al Saud. É unha realidade a rivalidade entre Abdullah e o seu medio irmán, o príncipe Sultán, de 77 anos, que tamén ocupa o cargo de ministro de Defensa. Esta rivalidade revela a distorsión no sistema de sucesión herdado polo fundador do reino, Abdel Aziz al Saud, e a puxa de clans familiares dentro da dinastía, coas súas consabidas intrigas palaciegas, que determinarán gran parte do futuro político do reino.

Outros factores aparecen tamén como ineludibles. A preponderancia dunha poboación mozan (60% dos 24 millóns de sauditas ten menos de 21 anos), con cada vez máis escasas alternativas políticas e económicas, e os cada vez máis elevados índices de desemprego, auguran situacións conflictivas. Segundo Said K. Aburish, coñecedor da dinastía saudita, tralo príncipe Abdullah a figura máis popular no reino é Osama ben Laden, polo que se pode conformar unha situación perigosa por estar a dinastía saudita no punto de mira de Al Qaeda. Algúns analistas se aventuran a comparar a situación actual do reino coa ocorrida na veciña Irán nos tempos da dinastía Pahlevi.

Outro escenario que terá que acometer o novo rei Abdullah é o das reformas democráticas e a apertura social e política nun país sinalado como un dos máis represivos e violadores dos dereitos humanos. Tralo 11-S, as presións internacionais, especialmente dende Washington, cara a dinastía saudita para implementar unha liberalización social son cada vez máis fortes, aínda que a monarquía recea dos presumibles cambios pola máis que probable perda de privilexios e de hexemonía. A diferencia da veciña Kuwait, as recentes eleccións municipais sauditas, onde votaron só os homes, revelou ese déficit democrático.

No apartado das relacións con EEUU, moi estreitas no período do rei Fahd, agora pódese abrir unha nova etapa. No momento do seu nomeamento como primeiro ministro en 1995, o príncipe Abdullah foi recibido con certa frialdade na Casa Branca pola súa presunta posición nacionalista e menos proclive a dependencias dos intereses estadounidenses. Sen embargo, Abdullah amosou un pragmatismo que reforzou esa dependencia de Washington. En 1998 permitiu a apertura da industria petroleira saudita cara as multinacionais. E, dende o 11-S, Riad constitueu unha praza importante para a nova política exterior do presidente Bush.

Con Abdullah na xefatura do Estado, Arabia Saudita camiña cara tempos de definición. O período do rei Fahd amosou unha perda de peso xeopolítico e influenza do reino saudita cara o mundo musulmán, a pesar de que Fahd se autonomeara persoalmente en 1986 como o "Gardián dos Santos Lugares". Se ben o rei Fahd impulsou iniciativas para a resolución do conflito palestiniano-israelí e avogou pola defensa dos musulmáns dende Bosnia ata Afganistán, non puido superar as profundas divisións políticas do mundo árabe e islámico.

Neste sentido, a súa privilexiada relación con EEUU, especialmente tras permitir a entrada e permanencia de soldados estadounidenses en solo saudita na guerra do Golfo de 1991, exacerbou ese rexeite á hexemonía saudita dentro do mundo árabe. E o escenario no convulsionado Oriente Medio non augura momentos de relaxación, tralos mortais atentados presuntamente efectuados por Al Qaeda en Londres en Exipto, a interminable encrucillada iraquí e o anuncio de Irán de reanudar o seu programa nuclear, considerado por Washington como a principal ameaza rexional.